Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 17 de xuño de 2010

Proxecto Carvalho

Neste vídeo explícase o que é o proxecto Carvalho. 
É este un proxecto de tradución automática de código aberto e sustentábel entre o inglés e o galego encadrado dentro da plataforma de servizos de tradución automática Opentrad. Isto si que é plurilingüismo, e non o da anunciada orde de centros plurilingües pois xa sabemos o que significa plurilingüismo para este goberno: reducir e/ou eliminar o galego. Preguntámonos como vai ser posible que en ningún centro se consiga a mellora no ensino do inglés sen ter en conta medidas acaídas á realidade tales como a redución de alumnado por aula e a dotación de máis profesorado. Alguén pode pensar que con trinta ou máis alumnos e alumnas na aula é posíbel que todos e todas adquiran destrezas nunha lingua estranxeira?

Ningún comentario:

Publicar un comentario