Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 24 de decembro de 2010

Lexislar contra o galego

O 30 de decembro deste ano desde as dependencias do edificio de San Caetano presentouse o funesto decreto de plurilingüismo, o maior ataque á nosa lingua nos últimos 30 anos.
365 días despois, na Sala de Exposicións de Nova Caixa Galicia, na Estrada e da man da plataforma Queremos Galego, teremos unha oportunidade para explicar do proceso involutivo en que está inmersa a lexislación sobre a lingua galega. Para iso contaremos coa presencia de Bieito Lobeira, o parlamentario que a semana pasada defendeu a Iniciativa Lexislativa Popular promovida por Queremos Galego. Bieito Lobeira dará  conta do que foi este debate parlamentar sobre a ILP e fará unha avaliación da ofensiva lexislativa e gubernamental contra a nosa lingua. A ruptura do PP dos consensos parlamentares alcanzados e a súa alineación coas posturas máis extremas da galegofobia colócanos nun marco insititucional moi complicado par a normalización do noso idioma.


Aquí deixo os vídeos da intervención de Bieito Lobeira de presentación e defensa da ILP, que foron contestados con curiosos argumentos de parte de quen nos goberna



Ningún comentario:

Publicar un comentario