Segunda-feira, 16 de Abril de 2012
A Consellería de Educación xa escribe o galego á española
Xa non hai que disimular. A mesmiña Consellería de Educación xa escribe o galego á española.
De todos é coñecida a moda de quen fala en español consistente en comer os artigos especialmente nos topónimos: "El gobierno calla sobre el anuncio de Moncloa"
Sería inconcebible, por moito que os autores na fala non usen o artigo, que no web do Ministerio de Educación aparecese escrito algo semellante en castelán ("el congreso se celebra hasta el próximo sábado en Coruña", por exemplo ) pois o caso daría lugar a queixas e protestas polo mal uso da lingua. De feito, na anotación da noticia á que facemos aquí refencia e que atopamos neste portal do MEC, aparece correctamente escrito o topónimo 'A Coruña'.
Se xa é unha mágoa que o PPdeG renuncie á lingua galega, o que resulta inconcebible é que iso suceda tamén coa propia Xunta. Neste caso vemos ben claro como ultrapasando toda norma, desprezando mesmamente a Lei de Normalización Lingüística, a Consellería de Cultura e Educación, desoficializa na práctica o topónimo 'A Coruña' ao tempo que nos dá mostras do papanatismo instalado nas altas esferas do goberno galego.
Quen debería dar exemplo de respecto e coidado especiais pola lingua galega ofrécenos desleixo, menosprezo e auto-odio.
Etiquetas:
Anormalización,
auto-odio,
Consellería de Educación,
foto-denuncia,
lingua,
onomástica,
Xunta,
zunantes
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário