Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 17 de abril de 2014

«La» Coruña e Iberia

por Xavier Alcalá en La Voz:

Logo de anos de argumentarmos sobre o nome da cidade que tamén se coñece como Marineda (gloria haxa dona Emilia Pardo Bazán), parecería que se repuxese o uso histórico de Coruña ao falar castelán e a Coruña falando galego. Iso sen óbice para que a forma oficial, A Coruña, inclúa o artigo orixinario da lingua patrimonial. Con todo, hai xente a insistir no La castelán antes do nome...Que sigan, mais un esperaría que o fixese quen se expresa en castelán adquirido, esquecendo que os falantes naturais dese romance non adoitan engadir artigos aos nomes de lugar (á contra do que fan os falantes galaico-portugueses). Velaí, se non, a burgalesa Coruña del Conde -sen artigo- no cerne da fala castelá; e seica o étimo romano é o mesmo: Clunia.Se cadra os responsables das relacións públicas da compañía Iberia descoñecen tales detalles filolóxicos. Ora, tampouco deben saber moito de historia de España, da teima inglesa por conquistar o porto de Corunna; ou da batalla de Elviña e o enterramento de Sir John Moore «in Corunna».O comentario vén ao fío dun raro fenómeno lingüístico nas mensaxes a bordo dos avións de Iberia, nunca emitidas en galego: a falar castelán o comandante di «La Coruña» encanto os seus subordinados len «A Coruña», o politicamente correcto; a falar ou ler inglés (por costume sen pronuncia nin prosodia axeitadas) o un e os outros sempre din «La Coruña». Mais, curiosamente, cando se voa a Sevilla, por exemplo, todos os membros das tripulacións de Iberia esfórzanse por dicir «Seville» ao tentaren sorte co inglés. Why?

Ningún comentario:

Publicar un comentario