Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 15 de abril de 2014

O avión



Cómpre fixarse no avión, que aparece en todas as escenas da primeira parte do vídeo.
Esta obriña foi realizada polo alumnado de 1º de bacharelato de ciencias do IES Pintor Colmeiro (Silleda), e puxeron moita ilusión na súa relización, podo certificalo pois a escena que aparece aos 30 segundos, e que dura aproximadamente 7, tardaron toda unha clase de matemáticas en gravala.
Había que presentar o vídeo para o Correlingua 2014 e remataba o prazo de presentación. A edición fíxose in extremis pois foi rematada só unhas poucas horas antes de que o alumnado marchara de excursión a Roma.
O máis curioso do caso é que para levar a cabo o traballo, tiveron que falar máis castelán que nunca. Cousas que ten a diglosia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario