Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 11 de setembro de 2014

300 acontecementos do catalán

42 feitos negativos e 258 positivos suman un total de 300 referencias importantes para a lingua catalana durante a súa historia. Deste xeito Deste xeito refórzase a celebración do tricentenario dos feitos do 1714. Trátase dunha iniciativa da Direcció General de Política Lingüística para divulgar a historia da súa lingua que se desevolve mediante un cocurso, un xogo de mesa, un libro e unha liña temporal na que se reflicten esas 300 anotacións destacadas. Seguindo a súa traxectoria podemos facer un percorrido histórico polo desenvolvemento do catalán, desde o século III a. C. ata a  actualidade facendo referencia ao ataque sufrido polo catalán nas Baleares co seu decreto para o ensino, cortado polo mesmo patrón que o funesto decreto do plurilingüismo aprobado pola Xunta no 2010.
Por suposto, as 300 referencias non collen todos os feitos dunha lingua da tradición e a importancia do catalán. Eu botei en falta que non fan referencia á edición dun libro emblemático, la Suma de la art de arismètica de Francesc Santcliment, publicado en Barcelona no 1482 e que é o segundo libro de aritmética mercantil que se publicou no mundo. Con todo, o seguimento desta liña temporal de certo que é unha ferramenta didáctica e de divulgación de primeira magnitude que ademáis está íntimamente entrefebrada cun aspecto que decote botamos en falta na política lingüística galega. Efectivamente, estamos diante dun recurso sustentado nas novas tecnoloxías, e xa non estou a falar só do web da liña temporal, senón de que, por exemplo, podemos transmitir moi facilmente cada un destes 300 apuntamentos polas máis importantes redes sociais.
Un novo acerto da Direcció General de Política Lingüística que, estou seguro, non veremos trasladada a esa inútil SXPL que sufrimos en Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario