Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 28 de xuño de 2016

26J

Esta foto, dun cartel electoral do PP foi tomada na Estrada. Hai centos de carteis iguais a este que se pegaron por toda Galicia. En todos eles, ademais do lema "A favor", faise referencia a unha data, a do 26 de xuño, como 26J. O PP renegou por completo do uso do galego ao facer referencia á data electoral única e exclusivamente en español. A mensaxe non era directa, pero estaba clara.
Os cabezas de lista da formación popular eran Juan Juncal, coñecido ultra anti-galego, Joaquín Mª García e Ana Pastor, que non falan en galego nin de casualidade, e Miguel Ángel Viso, do que o único que sei é que patrocinaba o Ribeiro en castelán. 
Isto é o que queremos para a nosa lingua? A súa negación, a vía aberta ao supremacismo do español? Queremos unha lingua de terceira clase, dun status inferior non xa ao inglés, senón ao de calquera lingua estranxeira? Queremos unha lingua chea de prohibicións e sen ningunha garantía? Queremos a hipocrisía da louvanza sentimentaloide baixo unha política lingüísitca de apartheid? Quizais o noso desexo pase por protexer aos nenos da nosa lingua, procurando que non a escoiten, que non a falen, que non a aprendan e que, pola contra, aprendan que non serve para nada, que as linguas realmente útiles son as que non son a nosa, e que en definitiva, a nosa, tampouco é nosa.
Se buscábades iso fixéchedes ben o pasado 26X votando ao PP, porque iso é o que teremos. Os sinais estaban claros, e aquel que non os vira, ou ben é cego, ou ben idiota, ou ben un furibundo negacionista.





2 comentarios:

  1. Parece mentira, Cibrán, que non soubeses ler ben o cartel.
    O conto éche así: A FAVOR: de que? Do que está debaixo: 2: que en castelán se le "dos". Logo hai algo que parece un 6 con algo dentro: éche unha lavadora , ou non lle ves a portiña redonda? Dentro dela vese claramente o que hai que lavar: PP, e xa ves como lle vai a auga por riba. E que pasa cando abres a lavadora? Aparece ese braciño por riba que lle está soltando o billete xa branqueadño ao J (iota), que ben que pon a man para riba para recoller o froito.
    Resumindo: A favor dos que lavan os cartiños ben lavadiños e logo llelos soltan aos seus amiJiños. (O logo está ben feito).

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non tes prezo interpretando os pictogramas. Creo que xa o comentou algunha vez Carlos Medrano (o de http://xogosdelingua.blogspot.com.es/). Eu concordo.

      Eliminar