Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 31 de xaneiro de 2014

Xogar, cantar, recitar



Son os rapaces do 1º ciclo do CEP Celso Emilio Ferreiro (Vigo) cantando "Eu teño un canciño". Este vídeo é un exemplo dunha das actividades que realizaron nese centro na Semana da Tradición Oral que celebraron o pasado mes de novembro. Nesta ligazón podemos ver outros vídeos nos que os rapaces do 2º ciclo ofreceunha mostra de recitados de sortes e de cancións do xogo da goma e os do 3º ciclo recitan cantigas de distintos trobadores.
A noticia chegoume desde o blogue Xogos de lingua, onde fan unha bonitaa referencia a outro dos vídeos desta gorentosa semana na que xogando, cantando e recitando todo co centro participou dun proxecto que nos dá unha exemplifiicadora mostra de actividades que avanzan un pequeno chanzo na normalización.

mércores, 29 de xaneiro de 2014

Outro estudo sociolingüístico

Outro estudo sociolingüístico. Neste caso o do meu centro.
Calquera que teña o valor de pegarlle un repaso decatarase do traballo que hai detrás, e non estou a falar do realizado únicamente este curso, senón dos dous anteriores. Fóronse acumulando ideas e datos e velaquí está o resultado. Esperamos que sirva de base do traballo para a normalización do centro e o seu contorno nos vindeiros anos.
Boa parte do documento pode ser aproveitada polos Equipos de Normalización da comarca pois aparecen recollidos os datos da Enquisa da Condición de Vidas das Familias realizada polo IGE no 2008. Esta enquisa ofrece datos por comarcas. Neste traballo aparecen os da chamada zona Pontevedra nororiental que comprende as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
Témoslle que lle agradecer á SXPL que este ano non convoque axudas aos proxectos de innovación. Grazas polos ánimos.

luns, 27 de xaneiro de 2014

Orballo



E ti como dis cando penisca? En Ribeira falabamos ás veces de melura ou froalla.
Visto no Forxador de versos

domingo, 26 de xaneiro de 2014

O castelán lingua de pobres en Estados Unidos



Buscando material sobre os prexuízos lingüísticos volvín ao que, penso, é a canle de You Tube de Xosé María Moreno, do IES Beade (Vigo), autor doutro vídeo que trataba o famoso caso da concursante de Gran Hermano no 2011 mediante unha excelente comparación entre o auto-odio por razón de lingua co que ten as súas causas na cor da pel.
Así atopei este marabilloso documento audiovisual no que se recolle a situación do castelán nos Estados Unidos como lingua minorizada e se fan unhas reflexións moi ben trabadas sobre a situación do galego face precisamente, o castelán.

O vídeo preséntase con estas palabras:
De como unha lingua normalizada e maioritaria pode ser minorizada. Comparativa entre a situación do castelán en Estado Unidos e a doutras linguas coma a galega dentro do seu propio territorio.

sábado, 25 de xaneiro de 2014

Palabras sobre Europa

Grazas a unha anotación de Xano Cebreiro sei deste mapa interactivo que, introducindo unha palabra en inglés nos ofrece a tradución a diversas linguas europeas sobre un mapa.
Tal e como se pode comprobar eu fixen unha proba coa primeira palabra que me pasou pola cabeza.
Segundo o portal Vilaweb a ferramenta móstranos é un bo recurso para detectar as diferencias léxicas e as familias lingüísticas do continente.
Cómpre ter en conta que as traducións realízanse mediante Google Translate, polo que hai moitas linguas que non aparecen na aplicación.

xoves, 23 de xaneiro de 2014

Microtoponimia vital



Un vídeo de Francisco Freire saído do laboratorio do Curso de vídeos da CTNL sobre os topónimos do concello de Pontevedra.
Tirando do fío  deste vídeo fun bater co blogue Chamámonos así, un proxecto do SNL do Concello de Pontevedra de recollida e recuperación da toponimia dos seus lugares. O traballo realizado é enorme, para comprobalo basta con ir a esta ligazón e despois premer en Buscar, alí nos aparecerán centos de topónimos xeolocalizados.

martes, 21 de xaneiro de 2014

Fototrabadas



No programa da TVG 'A revista fin de semana' na súa emisión deste domingo (19/01/14), ceibaron polas ondas unha reportaxe sobre a  fai unha reportaxe sobre a iniciativa das Fototrabadas, posta en marcha pola Asociación Tabalingua co fin de poñer en evidencia aqueles disparates lingüísticos que aparecen nalgún documento oficial ou na sinaléctica viaria.
Para saber máis:
Os cazapos e as trabadas á lingua xa non poderán agocharse, 08/01/14, no DUVI
Quen traba no idioma?, 09/01/14 na Praza Pública
Trabalingua, blogue da Asociación

´Sardinilla´ non!

por Xosé Luis Méndez Ferrín, no Faro de Vigo:


A un tiro de pedra da casa na que é fama que se imprentou a edición príncipe de Cantares Gallegos, Rúa Real de Vigo, traballa desde antigo, un establecemento de viños e comidas

luns, 20 de xaneiro de 2014

Matemáticas en pé de igualdade

Matemáticas en pé de igualdade é título do material elaborado por Amelia Verdejo Rodríguez, profesora Titular de Análise Matemática, do que tiven noticia grazas a este chío. Este traballo foi premiado co accésit do Primeiro Premio Antonia Ferrín Moreiras, un galardón coa finalidade de promocionar creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero.
Matemáticas en pé de igualdade tamén é un portal da Universidade de Vigo ao que podemos acceder desde o pasado 16 de xaneiro. O fundamental do proxecto está contido na páxina Biografías desde a que podemos acceder a breves minibiografías de máis de 60 matemáticos, a maioría mulleres.
Premendo na ligazón  titulada Memoria accedemos a un pdf onde se fai unha reflexión sobre o papel das Matemáticas na reprodución dos valores sexistas e se relata  a metodoloxía didáctica e a implantación deste material na práctica docente. A este respecto, hai todo un capítulo adicado a informar sobre a aplicación práctica en aulas de Primaria
Tendo en conta a exclusión do galego das aulas de matemáticas que a Xunta propugna desde o seu funesto decreto 79/2010, é unha enorme alegría poder contar con este material para achegar ao noso alumnado á coñecida como ciencia dos números. E esta alegría multiplícase por establecer novas ligazóns coas matemáticas precisamente desde un punto do que gosto especialmente, o do desenvolvemento histórico deste saber.
Unha das características que está presente por todo este traballo é a de expoñer a utilidade dos avances matemáticos na nosa vida e na nosa historia, e isto é un gran acerto por seren estes aspectos dos máis dificultosos de facer ver ao alumnado cando están sentados nos seus pupitres. Que se vexa un interese comprometido por divulgar o coñecemento e a utillidade das matemáticas é unha actitude merecedora dos máis sentidos parabéns da comunidade educativa.
O portal conta cun apartado de Novas desde o que se pretende informar das novidades e actualizacións do proxecto. Deséxolle longa e próspera vida a esta iniciativa.

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Non, non foi un bo ano para a lingua galega

Manuel González González avalía o 2013 desde a perspectiva da normalización da lingua galega, nas Voces de Prolingua:



Váisenos un ano e temos que preguntarnos: avanzamos?, cara a onde imos? A resposta non invita a sentírmonos satisfeitos. Os problemas estruturais da lingua galega non só non se resolveron, senón que, en xeral, se agravaron. A transmisión do galego no seo da familia vai a menos e non se fai nada por remedialo, os xornais escritos en soporte papel están totalmente varridos (benvida Luzes, un facho de luz no medio da escuridade), aínda que é verdade que hai varios xornais dixitais que están a ocupar un espazo cada día máis importante dentro do sistema informativo galego, e están chamados a crecer aínda máis. O galego segue presentando unha asociación moi forte coa ideoloxía política, e isto non é achacable ao nacionalismo nin á esquerda: a realidade móstranos cada día nas tertulias dos medios de comunicación que as persoas que utilizan de maneira sistemática o castelán pertencen case sempre a un determinado sector ideolóxico. E isto é algo sobre o que deberían reflexionar algunhas forzas políticas: o problema non é, como tantas veces se ten manifestado, que o nacionalismo pretenda apoderarse en exclusiva do galego, o problema real é que sectores importantes de determinada ideoloxía o están abandonando, e ás veces mesmo facendo manifestación ostentosa dese feito, baseándose en que “tan gallego es el gallego como el castellano”. Slogan tan burdo que fala por si só.

venres, 17 de xaneiro de 2014

E ti, tes fame?



Grazas a un anuncio da SXPL chégame a noticia de que no veciño concello de Teo convócase o 'I certame de cantautores e cantautoras' pois, non sei con algo de retranca, segundo se informa no portal do concello, o concurso convócase coa axuda, entre outros, da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística. Se por algo se distinguen as accións en materia de lingua da Xunta de Galicia dos últimos 5 anos é por eliminar calquera vestixio do concepto "normalización". O que se agocha detrás desta práctica é un proxecto político anti-galego que busca reducir a presencia social e o uso da lingua da terra. Como este obxectivo é impopular o que se fai é ofrecer doses homeopáticas de promoción da lingua (véxase este caso) mentras que o fundamental da política lingüística pasa por atacar os dereitos dos galego-falantes e en xibarizar a propia política lingüística.
En defitinitiva, a todos os que temos  fame de galego, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística non fan outra cousa que botarnos con desprezo as migallas do que lle sobra á lingua ultrapromocionada e ultraprotexida.

xoves, 16 de xaneiro de 2014

Por el gallego me corto la polla



Que non falte o humor.
Esta campaña (ou o que sexa), con grupo de facebook e todo,  vai traer cola. Basta con recoller este exemplo de recreación do discurso da zunia tirado precisamente da páxina do facebook:

Ya está bien, decimos muchos, ya está bien y va siendo hora de tomar cartas en el asunto, sin políticos esquiroles ni mentirosos revolucionarios que no hacen nada más que liar la marrana hasta que los vientos suenan al favor de sus intereses. Ya está bien. Estamos hartos y lo vamos a decir bien alto: Ya está bien!
Somos un grupo de gallegos independientes, gente de bien o eso pensamos, que hemos vivido y hemos luchado durante toda nuestra vida, en la medida de nuestras posibilidades, por un mundo mejor. Somos un grupo de gallegos que amamos Galicia, de todo corazón, pero no por ello nos consideramos más o menos gallegos que nadie. No estamos dispuestos a consentir que nadie nos vaya a sacar el carné de galleguidad sólo por el hecho de que hablen gallego o voten a tal o a cual partido radical. Lo diremos bien alto para que se nos escuche donde se nos tenga que escuchar, por mucho que nos silencie la mullida moqueta de los despachos oficiales o el frío desprecio de los que se declaran antisistema. Ante unos y otros: NEGAMOS LA MAYOR.
Ha llegado el momento de dar un paso al frente. Las manifestaciones, las cadenas humanas, las sentadas, los manifiestos y recogidas de firmas ya no nos dicen nada. El siglo XX ha periclitado. Queremos ir más allá de lo que nadie haya ido hasta ahora, y explorar la parte oriental más reprimida de nuestra psique.
Los que aquí nos hemos juntado, porque amamos la lengua gallega y la sentimos profundamente, aunque muchos de nosotros no la hablemos, hemos decidido cortarnos nuestras pollas por el gallego.

Sí, lo que habéis oído: NOS CORTAMOS NUESTRAS POLLAS POR EL GALLEGO
Así pues, soñando despierto con una gran cadena de pollas cortadas que sirva de acicate para airear las vergüenzas e hipocresías de esta sociedad sin valores, apelamos a la sociedad gallega (mayores de edad) a que dé un paso al frente y se sume a nuestra campaña.

Lázaro Bernabé,profesor universitario

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Lenga d´Amor




Tomando como alicerces as súas vivencias da nenez  na rexión norte de Périgord, na Occitania,  Patrick Lavaud móstranos neste documental cal é a súa lingua, a dos seus sentimentos. Estamos a falar da languedoc, unha lingua maltratada polo centralismo estatal francés.
O discurso de Lavaud lévanos por un camiño no que atoparemos a toponimia, a cultura tradicional, a creación literaria, e finalmente a educación e o futuro da linuga occitana. Unha experiencia que non nós é allea por vivirmos no centralista estado español.
Na nova canle de televisión Óctele, podemos acceder ao documental completo (52 minutos), subtitulado en francés.

O invento do café con leite morno ao fío de vellos preconceptos

por Goretti Sanmartín, no Sermos Galiza:


Extracto de monólogos nunha cafetaría de calquera cidade galega (mesmo tamén de diferentes vilas):
"Somos moitas aínda as persoas para as que 'morno' é unha palabra común, unha desas que Séchu Sende describiu como palabras en vías de substitución/extinción"

Admítese pulpo como animal de compañía

por Mercedes Queixas Zas, nas Voces de Prolingua:


Contábame hai uns anos Isaac Díaz Pardo a memoria do dificultoso camiño transitado no seu día para introducir no galego estándar o vocábulo orzamento canda o sinónimo presuposto. As reticencias parecían proceder da coincidencia da primeira opción coa voz portuguesa, mentres que a proximidade da segunda ao castelán non ofrecía dúbida nin comentario, polo que a aceptación era irrefutábel.

luns, 13 de xaneiro de 2014

Os nomes de lugar de Redondela

Carta ao director de Antón Coruñago Laxe no Faro de Vigo:


Os nomes dos lugares constitúen unha parte importante do patrimonio cultural dunha comunidade. Coma os vestixios arqueolóxicos e os monumentos históricos son un legado recibido dos antepasados e debemos entendelos como sinais dunha memoria común que representan en forma de palabras a relación da xente coa paisaxe ao longo da historia (Gonzalo Navaza).

Polbo > poly̆pus

por Miguel Moreira Barbeito no Sermos Galiza:

Segundo a hipótese da relatividade lingüística as linguas, lonxe de constituíren unicamente instrumentos con que nos comunicamos as persoas, constrúen a realidade que nos rodea dun xeito único en cada caso. Isto é, o feito de sermos falantes de galego determina que interpretemos o mundo de forma diferente a como o fan as persoas falantes de noruegués, italiano ou español; e que isto sexa así non vén dado pola nosa procedencia, senón polo filtro con que percibimos a realidade.

sábado, 11 de xaneiro de 2014

O polbo que nos matou

por José Luis Sucasas, en Praza Pública:

Semellaba que tiñamos o asunto finiquitado. Durante os anos da Pax Fraguiana, a regueifa mais rechamante fora o “L” floral dos xardíns da avenida Alfonso Molina, na entrada da Coruña: o monseñor alcalde a querer poñela e os bloqueiros a querer quitala. Pero como tódalas regueifas, sempre remata cansando algún dos contendentes, ou os dous; ou rematan leando sós, porque o que primeiro cansou foi o público que miraba apampado a arte de aparecer e desaparecer as cousas, da noite para a mañá. Case todos eramos conscientes que a normalización do galego non era cousa de dous días e que farían falla xeracións para atopar, levantar e asumir os marcos que estremaban o galego e mailo castelán. Pero os madrileños seguían a veranear en Sanxenxo, aínda que lle seguiran chamando Sanjenjo; os chairegos rillaban polbo no Carballiño, coma se fora o pulpo de toda a vida; e as pighas de García Barbón baixaban as filloas da Portuguesa de Castroverde, aínda que logo contaran ás amigas que probaran unhas crepes divinas onde Deus perdeu os zocos. O importante era o concepto e perseverar na dirección.

Castidade idiomática

por Xosé Antón Laxe Martgiñán, nas Voces de Prolingua:


Hai quen se avergonza da súa lingua ata para botar un polbo. E prefire tapala, a lingua, e renunciar ao pracer de usala. O Concello do Carballiño, por exemplo, fai isto, esconde a lingua, avergónzase, sen importarlle que os seus polbos perdan calidade.

A miña historia de Amor

por Ana Outón no dixital de Poio, O Castrove:


Como tantas veces ocorre, o gran amor da nosa vida está moito máis preto do que pensamos; e o que buscamos non sempre está lonxe nin é inalcanzable. Tan só hai que darse conta, o que pode non ser doado.

venres, 10 de xaneiro de 2014

O Carrabouxo e o presidente da RAG

No absurdo debate sobre a argallada *pulpo creada artificial e mediáticamente polo alcalde do Carballiño pouco hai que dicir e menos que remexer. Creo que o caso non merece outra contestación que a ofrecida polo Carrabouxo. Unha mágoa que o presidente da RAG, que tivo oportunidade de pechar definitivamente o conto, non o fixera. Podería parecer que Alonso Montero defende á institución que representa cando indica que agardará polo ditame da RAG sobre a cuestión pero esta suposición é un completo absurdo despois de termos escoitado pronunciamentos de todo tipo: "Wert é o caradura máis grande que deu Europa desde o século XII", apostar por "seguir o camiño da revolución socialista", ou “o BNG é como esas nais que queren tanto aos nenos pequenos que os apertan tanto que os abafan”, cos que a Academia nada gana pero que fere gravemente ao esfandangado proceso de normalización lingüística.
Outra vez máis o presidente da RAG non quixo que o seu cargo servise de garante da lingua e de defensa da normalización. Visto o sucedido mellor nos iría se o presidente da RAG fose O Carrabouxo, non si?

xoves, 9 de xaneiro de 2014

A rosa d'Adina



Por medio dun chío de Agustín Fernández Paz tiven noticia deste vídeo no que aCadaCanto nos ofrece esta versión do poema de Rosalía de Castro, "Aló", gravado nos xardíns da Catedral de Tui.
Esta canción pertence ao album A rosa d'Adina. Tamén deste traballo son os seguintes vídeos, recollidos no Auditorio da Casa da Matanza nun concerto de despedida do 150 aniversario de 'Cantares gallegos'. Organizado xunto coa Rede de Dinamización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Normalización Lingüística e AGADIC.





Máis información:
"ACadaCanto quere ser como un refuxio nun mundo que nos impón un ritmo de vida antinatural", 11/06/12, en Praza Pública
Un cuarteto musical de luxo mais efémero: aCadaCanto, no Sermos Galiza
Entrevista ao músico Xabier Díaz, que presenta “aCadaCanto”, 07/06/12 no programa Zig-zag da TVG

mércores, 8 de xaneiro de 2014

Cantar dos topónimos



O Cantar dos topónimos é unha creación do poeta do Córgomo Florencio Delgado Gurriarán. Como se ve aquí foi Anxo Rei foi quen levou o texto a canción. Esta composición aparece no seu disco "Fronteira de cigoñas"

luns, 6 de xaneiro de 2014

Catro anos e un día (a política lingüística na Casa da Matanza)

Hai catro anos e un día botaba a andar este blogue. Catro veces percorreu a Terra o seu camiño arredor do Sol e seguimos pechados no mesmo cárcere, o dunha política lingüística funesta e inimiga da necesaria expansión da lingua de noso. Vai un exemplo.
Significativamente hai unha semana reuníase a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) na Casa da Matanza. Xa non disimulan nada. Anunciaban con toda a fachenda que organizaran aproximadamente 300 actividades no ano que vén de rematar e que tal é o éxito da RDL que xa chegan prácticamente aos 160 membros. Tendo en conta que se trata dun organismo formado esencialmente por concellos, unha simple división ofrécenos o penoso resultado de dúas actividades por concello ao ano. Dúas actividades, ademais, que normalizar, non normalizan nada. O seu único mérito é que se desenvolven en galego. O natural sería que fosen programadas pola Consellería de Cultura como tal, pero parece que ésta prefire honrar a memoria dun escritor en español, negándolle absolutamente o protagonísmo a outro ilustre e recente difunto. Pero claro, este segundo tiña o defecto de ser un refente do galeguismo do século XX e iso é imperdonable. Polo menos tan imperdonable como a hipocrisía que demostrou o secretario xeral de cultura cando fai este ostentoso esquecemento cando hai dous anos era un dos protagonistas no velatorio de Díaz Pardo.
Sospeitosamente ningunha das accións que desenvolve a RDL ten que ver con un dos ámbitos que máis lle debería preocupar a un traballador pola normalización: o mundo do comercio e empresarial. As razóns deste baleiro son posiblemente múltiples. Entre elas están seguramente que a aprobación por parte do goberno de Feijóo dunha Lei do Comercio na que excluían todas as referencias á normalización que viñan no proxecto de lei que estaba preparando no seu día o bipartito. Claramente hai outras razóns como a escandalosa redución dos orzamentos para a política lingüística; e tirando deste fío, se no 2013 o programa que nos ofreceu a RDL foi vergoñantemente ridículo, que podemos esperar para este ano se a disposición da caixa é menor?  Este é o victorioso balance que ofrece a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Teño unha pregunta que me remoe cada vez que a Xunta lanza un dosier sobre a RDL: hai algún plan para a normalización lingüística baixo o paraugas desa Rede? Nese caso, conviña que nos explicaran con cantos traballadores da normalización contan e en que concellos e de que maneira se pretende que contribúan a ese inexistente plan para o fomento do uso do galego nas administracións locais.  Algún destes expertos coordina o traballlo desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL)? De non ser así estariamos en disposición de sospeitar que esa reunión da Casa da Matanza era de carácter exclusivamente político e propagandístico. Eu non digo nada e será galiña, pero cheirar, cheira a can.

xoves, 2 de xaneiro de 2014

De blogues.16

A importancia que o estudo do portugués adquire en Estremadura, 12/05/2013, por Amparo Cereixo no blogue Achanzando o camiño da lingua.
«100 palavras», 07/12/2013, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
[931] Contra els compartiments lingüístics, 07/12/2013, por Enric Serra i Casals en Aprendre llengües
Onte 816: Agasallo.eu, 09/12/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
De carricantas e vagalumes, 09/12/2013 por Xabier P. docampo no seu blogue
Exención da lingua galega, 11/12/2013 por Claudia García González, no blogue do ENDL do IES Pintor Colmeiro (Silleda), As Ferreiras
A lingua na sanidade, 12/13/2013 por Pablo Vaamonde no seu blogue
Onte 820: A lingua sabe a pan, 13/12/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Unha lingua para xogar, 16/12/2013, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
Este é un país irresponsable, 18/12/2013 por Francisco Castro no blogue A canción do náufrago