Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 30 de xuño de 2014

A galeguización da economía está nas mans dos consumidores que deben exercer o seu poder

por Xosé González Martínez en Mundiario:


En Santiago de Compostela celébranse ao longo do ano moitísimas concentracións populares de diverso tipo: para demandar emprego e solucións para os problemas do agro e do mar; na defensa da sanidade e ensino públicos; na defensa da lingua galega co gallo da celebración do Día das Letras Galegas; Día da Patria Galega, e moitas outras de inequívoco significado nacionalista a teor do uso da lingua galega nas pancartas e proclamas.

Declaración da Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra pola preocupante situación do galego no ensino

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra acorda dirixirse á Xunta de Galiza para esixir a volta ao consenso representado polo Plan Xeral de Normalización Lingüística e a adopción das medidas de promoción da Lingua Galega recollidas no devandito Plan Xeral. Vía A Mesa

30 de xuño de 2014.- Tras a reunión mantida a pasada semana entre o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Demetrio Gómez, a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, para abordar o resultado do último estudo presentado pola Mesa no que se concluía que só o 2,42% dos centros de infantil das cidades declaran impartiren marioritariamente aulas en galego e na que se anunciaba que A Mesa e o Concello de Pontevedra colaborarían de cara ao vindeiro curso escolar para tentar reverter a situación do ensino infantil na cidade, a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou na mañá de hoxe a seguinte Declaración:

Paduanos

por Francisco Castro en Praza Pública:

A min fíxome galegofalante a Universidade. Non o ensino infantil nin a EXB nin o BUP. Foi na Universidade á que cheguei no ano 1984 con todos os meus prexuízos sobre o galego e a súa condición noxenta (“de paduanos” dicía un meu tío). Alí, para a miña sorpresa, a Ciencia falaba en galego. Señores que asinaban libros gordísimos, falábanme nas aulas en galego sempre. Non eran paduanos. Eran sabios, estudosos, científicos, investigadores, que o facían así e sen dar explicacións.

Atrapados na maldición de Penélope

por Caetano Díaz en El Correo Gallego:

O que ocorre co galego é que o converteron nunha pura estatística, don Valentín, e nun incordio que desune, don Valentín, e nun triste boneco de vudú, don Valentín. Faino, de certo, o Goberno do que vostede forma parte, que escolleu a lingua de Rosalía e de Curros, a dos nosos labregos e mariñeiros, para escenificar a súa política de demolición –Atila en Galicia– de todo o que cheirase a bipartito. A espada do plurilingüismo –falsa coartada onde as haxa– acernou e desangrou o complicado proceso de normalización do galego; e nesas estamos agora, atrapados na maldición de Penélope, destecendo pola noite o pouco que tecemos polo día.

Agustín en Trasalba

por Víctor Freixanes en La Voz de Galicia:


A cesas as candeas dos castiñeiros, entrada á fin esta primavera serodia a arrecender nos soutos de Amoeiro, reunímonos os amigos e amigas de don Ramón na casa grande de Cimadevila, en Trasalba, para agasallar co premio que leva este nome unha figura sobranceira das nosas letras e da nosa cultura, disto que chamamos galeguismo, espírito da xeración Nós, democrática e europeísta, que reivindicamos cada ano por estas datas na que foi morada patrucia do autor de Arredor de si, un dos espazos simbólicos da nosa memoria colectiva.

Nomes dende Ramirás

Xoán Carlos Domínguez Alberte, no Sermos Galiza:

A poboación da Gallaecia somos nós. Por iso conservamos un tesouro toponímico tan incribelmente rico.Son estas palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín, no prólogo que abre o libro Toponimia de Ramirás, de Carlos Méndez Míguez, publicado pola Editorial Toxosoutos, na colección Divulgación e ensaio, neste mesmo 2014.

As prestacións sociais blindadas polo PP: a educación en castelán e a atención sanitaria na privada

por Alba Nogueira no Sermos Galiza:


A reversibilidade dos dereitos sociais nun contexto de crise é unha mostra máis da necesidade de superar este marco constitucional. As prestacións sociais son hoxe coma un acordeón cun fol que abre ou pecha ao arbitrio das reformas lexislativas e orzamentarias e sen o amparo constitucional que teñen outras previsións que comprometen o orzamento, caia quen caia, como é o pago da débeda do artigo 135. Por iso é preciso camiñar cara unha blindaxe dos dereitos sociais co principio de non regresión como guía.

domingo, 29 de xuño de 2014

Declaración institucional do Parlamento de Galcia sobre a consecución do dominio .gal

Declaración institucional do Parlamento de Galcia sobre a consecución do dominio .gal:


O Parlamento de Galicia quere recoñecer publicamente o grande logro que supón para o noso pobo a consecución do dominio .gal e darlle os parabéns á Asociación PuntoGal polo traballo, entusiasmo e dedicación para acadar este obxectivo.

sábado, 28 de xuño de 2014

Entrevista a Xabier Docampo e Xosé Cobas

Tal e como comentou nesta mesma semana Agustín Fernández Paz na súa Laudatio a Xabier P. Docampo,
  "Xabier, que soubo ver sempre as posibilidades de cada medio, por iso  [o] atopamos  facendo radio en distintas emisoras" 
 facendo sempre promoción da lectura con esa voz profunda e engaioladora. Por isto escoitar esta entrevista que lle fixeron dúas alumnas do meu centro tráeme agradables recordos dun programa de da Radio Galega no que hai uns poucos anos interviña semanalmente invitando á lecura dun libro. A emisión cadrábame no coche, indo a traballar. Non volvín a dar cun programa radiofónico que me chegara tanto como aquel. Ademáis esta entrevista ten o valor engadido de que lle foi realizada paralelamente a Xabier Docampo e ao seu ilustrador de cabeceira Xosé Cobas.






P.S.: chamoume a atención que Xabier P. Docampo e Agustín Fernández Paz se coñeceran impartindo matemáticas no ano 1973. 41 anos despois seguimos igual: coa prohibición de impartir esa materia en galego.

Traslado a Galiza dos restos de Castelao



Hai 30 anos destas imaxes.

Da utilidade práctica do idioma galego

por Xosé Luís Méndez Ferrín no Faro de Vigo:

Acabo de ler, neste mesmo xornal, un artigo no que se afonda nun tópico ben coñecido. Este é: o ensino das "lenguas regionales de España", ou sexa, galego, vasco e catalán, opera contra o desenvolvemento económico e contra o progreso das comunidades respectivas. A persistencia de tal construcción ideolóxica é sorprendente.

xoves, 26 de xuño de 2014

"Confía en la calidad"


Foto recollida pola Mesa, dun cartel publicitario da campaña da Xunta pescadeRías

Castelao non é un poeta

por Manuel Cabada Castro no Faro de Vigo:


Co tema do novo rei Filipe VI estamos a recibir informacións das que cómpre tomar nota. Dalgunhas non tiña ata agora noticia ningunha. Lin, por exemplo, hai algúns días sobre o seu programático discurso de comezo do seu reinado un comentario escrito nun diario de gran tirada, que se pode ler tamén en Galicia, e atopeime sorprendido coa seguinte aseveración:

mércores, 25 de xuño de 2014

TERRA (vídeoclip en lingua de signos)



Outra alfaia do ENDL do IES de Chapela (Redondela). Un fermoso resultado ao que se chegou despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar e rematou a gravación deste vídeoclip a finais do pasado mes de maio. Parabéns a Aldán Santamarina e a toda a comunidade educativa que pula polo uso do galego.
Vía O Berete

Cando Xabier P. Docampo peta na nosa porta

Por Merdes Queixas no Sermos Galiza:

Agora mesmo chove a cachón. Víase vir. Escoitábase bruar lonxe. O calmozo anunciaba en sucesivas badaladas que a treboada nos visitaría neste sábado de benvida ao verán, esa estación que agasalla a suxerente delicadeza saborosa das cereixas.
Mais hoxe é imposíbel terlle medo á auga que, persistente, ficou connosco a maior parte do outono e do inverno.

La submissió lingüística


por Vítor Alexandre en elSingular.cat:


No hi ha dubte que el Partit Popular està portant a terme una ofensiva descarada d'extermini de la llengua catalana. La vaga de fam de quaranta dies feta per Jaume Sastre, a Palma, contra la política catalanofòbica del govern de les Illes, diu molt de la gravetat de la situació. I és que en realitat ens enfrontem a una versió actualitzada dels decrets de Nova Planta. Amb tot, la minorització de la nostra llengua també es nodreix del comportament de la immensa majoria de catalanoparlants que abandonen el català tan bon punt es troben amb un interlocutor hispanoparlant o d'un altre origen que els entén perfectament. És una submissió lingüística que resta sentit a l'existència de la llengua catalana i que transmet la inutilitat d'aprendre-la.

martes, 24 de xuño de 2014

Sés, Leixaprén 14





"Para min ser galega é o orgullo máis grande que teño nesta vida [...] a miña lingua é que máis me gusta porque é a miña". Así se expresaba Sés na entrega do premio Leixaprén no IES Félix Muriel (Rianxo)

sábado, 21 de xuño de 2014

Constelación de palabras



Nesta peza audiovisual repásanse os campos semánticos da choiva, os útiles agrícolas e as pezas dos carros. Todo un exemplo de riqueza semántica, máis aínda cando podemos comprobar como en dous concellos limítrofes, as denominacións varían.
Forcarei e Silleda  distan entre sí 15 quilómetros en liña recta e entre Cerdedo e Pazos hai 26 km. Unha distancia ben pequena! Porén, a riqueza semántica da nosa lingua é tal que xa en algo tan esencial para o noso agro como os apeiros de labranza atopamos diferenzas. E que dicir das partes do carro!
O alumnado de 4º ESO do IES Chano Piñeiro e o de 3º ESO-B do IES Pintor Colmeiro de Silleda andou a pescudar estes nomes. E David Cabaleiro aínda chegou máis alá, dánnonos a base do traballo que vos amosamos; música e presentación serviron de puntos de partida para este vídeo que ilumina o que nunca debemos perder: a nosa lingua.

De agasallo, cos apeiros vai asemade unha choiva de palabras molladas, un son característico de noso que agardamos o cambio climático non nos roube.

Xabier P. Docampo: "Se desaparece a lingua morre o elemento, o noso escudo"

Carme Vidal entrevista a Xabier P. Docampo para o Sermos Galiza:


O de Xabier P. Docampo é un dos grandes nomes da nosa historia literaria, con máis de trinta títulos publicados, en especial de literatura infantil e xuvenil. Con Xabier P. Docampo falamos da infancia, da lingua e da Terra Chá, evocacións que veñen ao fío da cerdeira que plantará en Castro de Lea, onde pasou os máis importantes anos da súa vida.


-Por que escolleu Castro de Ribeiras de Lea para a homenaxe da AELG?
Cando tiña sete meses fomos para Castro e alí nos instalamos. Cando me dixeron do acto o primeiro que digo é Castro de Ribeiras de Lea.Era o espazo no que me apetecía recibir unha homenaxe como esta.

venres, 20 de xuño de 2014

Diversidade trabalingüística



O experto ludodingüista Carlos Medrano puxo a andar aos seus alumnos de 1º de bacharelato e como resultado obtivo este canto ao ecolingüismo mediante o paradigma da lingua como xogo: os trabalinguas.
A idea partiu de Lips of Babel, un anuncio publicitario con beizos en primeiro plano pronunciando trabalinguas en distintas linguas. Aproveitando que no Fogar de Santa Margarida (A Coruña) hai rapaces de todos os recunchos do mundo, déronlle visbilidade neste vídeo poñéndoos a recitar ao máis puro estilo Lips of Babel, toda unha diversidade de trabalinguas.
A mensaxe final está clara. A mellor forma de garantir a diversidade lingüística é promovendo e usando a nosa lingua e acollendo con agarimo aos estranxeiros que nos aportan novas visións do mundo.
Vía Xogos de Lingua

mércores, 18 de xuño de 2014

Nova andaina para Afonso Eanes

por Guillermo Vidal Fonseca nas Voces de Prolingua:

"Nós, un grupo de mozas e mozos de Barcala, cremos necesaria unha maior dinamización da vida cultural da comarca. Únenos a todas e a todos a vontade pola investigación, defensa e promoción da cultura galega e popular”.

martes, 17 de xuño de 2014

Os 'Días da paz' no CPI Virxe da Saleta de Cea







Dous vídeos que nos mostran outras tantas formas de achegar os valores asociados á paz e á non violencia desde o CPI Virxe da Saleta (Cea) realizados en colaboración co Equipo de Normalización do centro. Unha marabilla.



domingo, 15 de xuño de 2014

Sísifo nos Celga

por Xaquín Núñez Sabarís no Sermos Galiza:


Cando hoxe se abran ás 8:45 as portas das Escolas de Idiomas para unha nova convocatoria dos Celga, non poderei reprimir unha sensación de nostalxia e tristura. O primeiro porque tiven a sorte e o privilexio de facer parte, ata o ano pasado, do (excelente) equipo que puxo a andar o proxecto. A ilusión e experiencia acumulada noutras lides fixo que case en tempo récord se montase unha proba cunha facturación técnica (deseño da proba, procedementos e instrumentos de avaliación...), que en nada envexaba aos outros sistemas de certificación de linguas, cuxas dotacións de recursos humanos, materiais e económicos eran considerablemente superiores. De feito, cómpre subliñalo, a avaliación centrada en competencias -audaz e case inédita naquel momento- terminou tornándose un patrón estable nas maioría das probas de dominio das linguas europeas.

venres, 13 de xuño de 2014

Entrevistas aos comercios de Silleda

Hai aproximadamente un ano o ENDL do IES Pintor Colmeiro presentaba as súas conclusións sobre o traballo que realizara durante o curso pasado sobre a paisaxe lingüística da vila despois da recollida, estudo e clasificación de 768 fotografías de sinais dalgunhas das principais rúas do centro de Silleda.
Comentabamos que así como en liñas xerais as dministracións facían un uso preferente da lingua galega, o caso do comercio era ben distinto cun emprego que se situaba no entorno do 20%.
No presente curso pensamos que era unha boa iniciativa poñérmonos en contacto co Concello e con ECOS, a asociación local de comerciantes, para agradecer e facer máis visible aqueles establecementos que facían unha aposta pola lingua galega. Aproveitando outra iniciativa xurdida tamén no curso actual, a creación dunha radio dentro do proxecto de normalización do centro pensamos en realizar entrevistas a algúns comercios locais recollendo o ronsel daqueloutras que facía o desaparecido xornal A Nosa Terra. Finalmente temos tres entrevistas a outros tantos establecementos pero o cartafol das que están agardando para o vindeiro curso xa vai estando completiño.
Na imaxe aparece o modelo de factura da Carnicería Cuíña, a boa carne do Deza. Podemos comprobar que se preocupou de imprimilas na nosa lingua. Se pasades por Silleda, xa sabedes onde comprar a carne.

Entrevista Carmiña Moda:


Entrevista a Carnicería Cuíña:


Entrevista a Ferretería Valiño:

xoves, 12 de xuño de 2014

Entrega de premios Correlingua 14. Recompilación.



Os gañadores do concurso audiovisual do Correlingua demostraron outra vez seren merecedores do premio pois cargaron coas ferramentas desde A Coruña ata o salón de actos da Deputación de Lugo e alí gravaron o acto da entrega de premios da XIV edición desta festa da normalización.
Presidindo a entrega estaban  Marcos Maceira, novo presidente da Mesa pola Normalización, Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo,  Anxo Louzao, secretario da CIG-ensino e  Mario Outeiro, delegado de cultura da Deputación. A mantedora do acto foi a escritora  Marta Dacosta.
Recordamos que o 1º premio banda deseñada foi para o colexio Divina Pastora (Lugo) e o manifesto gañador foi obra do IES Isaac Díaz Pardo (Sada).
Como postre esta recompilación de vídeos dalgúns dos centros parcipantes nas múltiples actividades do Correlingua 2014

mércores, 11 de xuño de 2014

Acho que...



A Gentalha do Pichel achan que a locución "acho que..." está a perderse e por iso foron pola terra do Xallas e gravaron este vídeo lembrándonos que cando dicimos "acho que...." estamos expresando que temos determinada opinión ou xuízo sobre algo.

Neofalantes, unha etiqueta positiva

por Xurxo Martínez González, nas Voces de Prolingua:


Na cidade, polo xeral, atopamos actitudes positivas cara ao galego entre os castelanfalantes. Actitudes unha miga deterioradas logo da urticaria provocada polos galegófobos que, disque, querían bilingüismo.

martes, 10 de xuño de 2014

1º concurso literario Mª Vitoria Taboada

Despois do mal corpo que a un lle queda ao ler a entrada anterior, quixen seguir co mesmo tema pero cambiando completamente de baile. Trátase, outra vez dun concurso literario, pero éste está enraizado no amor á nosa lingua. O ENDL do IES Ramón Mª Aller (Lalín) en homenaxe moi sentida a quen fora profesora do centro organizou un concurso literario no que participaron (e con éxito) moitos alumnos do meu centro.
Desde o ENDL aseguran que o vídeo do emotivo acto de entrega dos premios así como edición impresa do libro cos gañadores do certame están ás portas, mentres podedemos gozar coa escritura en formato dixital destes mozos:



domingo, 8 de xuño de 2014

A SXPL xa se apunta á promoción do español

Era visto.
Andaban nas beiras e algún día tiña que suceder. A Secretaría Xeral de Política Lingüística meteuse a colaborar na promoción do español. O pasado xoves o secretario xeral de política lingüística confimaba coa súa presencia o apoio do organismo que dirixe coa  ao I premio vitrales "certamen literario poesía y relato corto" .
Basta ver o cartel anunciador para comprobar cal é o lugar do galego nesta convocatoria literaria promovida polos colexios maiores de Compostela *La Estila e *Arosa, vencellados íntimamente co Opus Dei.
Conviñalle pensar aos que levan o timón da política lingüística que as mostras públicas do seu soporte aos actos públicos aos que acuden como representantes oficiais son un escaparete no que poden e deben ver un exemplo os traballadores da normalización lingüística do país. En consecuencia os membros dos ENDL dos centros de ensino ou os traballadores dos SNL dos concellos están recibindo a mensaxe de que unha boa medida de promoción do galego é, tal e como acabamos de ver, convocar concursos de creación literaria en español. Esta monstruosidade, este atentado contra a dignidade da lingua galega, quizais podería parecer simplemente unha metedura de zoca inocua se non fose porque abrolla coma a punta do iceberg dun continuo desprezo do galego por parte de todo o goberno presuntamente galego .
Para certificar tanto o estado como as liñas marcadas pola SXPL só un detalle, fundamental e revelador. En todo o tempo que leva na cadeira presidencial Núñez Feijóo, non houbo nin tan siquera unha actuación de promoción da lingua galega nun ámbito tan importante como españolizado: o do comercio.

Menos mal que os participantes podían enviar as súas propostas en "gallego o castellano"

P.S.: Política Lingüística apoia un concurso literario en español de dous colexios do Opus, 09/06/14, no Sermos Galiza

Carta Aberta ao secretario de Política Lingüística sobre a marxinación do galego nas ensinanzas de FP

A CGENDL redactou esta carta aberta ao secretario de Política Lingüística sobre a marxinación do galego nas ensinanzas de FP no Galicia Confidencial:


A CGENDL denuncia a situación de marxinalidade á que segue sometida a lingua galega nas ensinanzas de Formación profesional, o que impide a adquisión da competencia lingüística en galego dos futuros traballadores e traballadoras. Á non aplicación real do Decreto de 2010, que garantía un mínimo dun 50% de enisno en galego na FP, súmase a disponibilidade unicamente en castelán dos materiais na modalidade de FP a distancia e á ausencia de contidos referidos á realidade galega e ao uso vehicular do idioma, entre outros aspectos, no Borrador do Decreto que regula a FPBásica.
Sr. Secretario Xeral de Política Lingüística:

sábado, 7 de xuño de 2014

A bandeira ergueita

por Xoán Costa, no Sermos Galiza

Vilar Ponte sitúa como un elemento estratéxico para o nacionalismo nacente a necesidade de contar con medios de comunicación escritos en galego, centrados na Galiza e para a Galiza. Considera este feito tan transcendental como dotar o país de escolas e fai un chamamento a colaborar economicamente no mantemento do medio, aínda nacente.

venres, 6 de xuño de 2014

Arredor dunha resposta

No Sermos Galiza tiveron a cousa de publicarme isto:

O día anterior ao das Letras,no programa "Bos días" da TVG, Marta Darriba entrevistaba a Valentín García. Neste contexto  a periodista fíxo unha pregunta case obrigada: "Hai sociolingüistas que falan de perda de galego falantes sobre todo nas cidades e responsabilízan disto á política lingüística da Xunta." A resposta do secretario xeral de política lingüística foi a que vén ofrecendo habitualmente. Está claro que non estaba disposto a asumir que o funesto decreto de plurilingüismo é un factor de desgaleguización de dimensións catastróficas e que no caso en cuestión, nas cidades, levou a que prácticamente desapareceran as aulas en galego en infantil. Quizais a supresión das liñas de galego (inmersión en galego para aqueles pais que o solicitaran) tamén contribúa a que empeore xa non só o uso, senón a competencia en lingua galega. Pero isto tampouco é algo que teña presente o secretario xeral, posiblemente se trate dun tema que non lle interesa, incluso pode ser que se dea o caso de que el procure a inmersión en castelán dos seus fillos pois precisamente este é o tipo de política lingüística que perversamente se promove desde a Xunta. A resposta que ofrece reiteradamente Valentín tampouco explica en que favorece á nosa lingua (ou en xeral, aos galegos) a primeira medida tomada por Feijóo ao chegar ao poder: a de retirar a esixencia do coñecemento do galego nas oposicións á función pública. Na súa intervención tampouco botou man dun recurso moi habitual, o de laiarse da constatatación da perda de galego falantes pero contrapoñendo por exemplo actuacións normalizadoras da Xunta en ámbitos como a xustiza a sanidade ou o comercio.  Non o fixo porque non podía facelo xa que simplemente o goberno de Feijóo non as promoveu. Ou mellor dito, as medidas que se tomaron foron todas en contra do uso do galego. Pablo Vaamonde comentaba o seguinte nunhas Xornadas sobre lingua organizadas pola USC no 2011:
 Despois do cambio de goberno, no ano 2009, a situación mudou de xeito radical [...] [dáse] na actualidade unha exhibición, por parte das autoridades sanitarias, dunha actitude claramente discriminatoria respecto do uso do galego. O galego está a desaparecer da fala e da escrita no ámbito sanitario. A totalidade do equipo directivo da sanidade pública galega, comezando pola propia conselleira, non utiliza nunca o noso idioma nas súas comparecencias públicas. A documentación escrita, as instrucións internas e as circulares, e mesmo os escritos que circulan pola intranet están escritos exclusivamente en castelán ou en texto bilingüe.
Todos sabemos que historicamente o xudicial é un ámbito refractario ao emprego do galego, pero o feito de que desde hai máis de catro anos os xulgados teñan un programa informático que impide que a tramitación xudicial poida realizarse na nosa lingua sen que nin a SXPL nin a Xunta dera ningún paso adiante neste sentido é ben significativo de como se está a xestionar a política lingüística en Galicia. A CTNL, da que Valentín fora presidente,  comentaba no seu día  un dos artigos do anteproxecto da lei de comercio interior que se impulsaba desde o bipartito recollendo as medidas marcadas no Plan Xeral de Normalización. O artigo trataba sobre os dereitos lingüísticos dos consumidores e era un primeiro paso para establecer unha liña de traballo normalizadora no comercio galego. A actual lei de comercio da Xunta borrou toda referencia ao uso do galego polo que se deixa o campo aberto á enorme farramalla lexislativa que impón o castelán en toda clase de produtos. A Plataforma per la llengua recompilaba no 2009 un total de 500 leis que obrigaban ao uso do español en toda clase de produtos. A día de hoxe non temos ningunha lei, nin tan sequera unha medida, que promova a actividade comercial en galego. O pano de fondo desta actuación arrasadora son máis de 30 anos de Constitución, Autonomía e Lei de Normalización Lingüística que só foron utilizadas para poñerlle cancelas ao desenvolvemento social da nosa lingua. Como é sabido, Valentín García accedeu ao seu actual cargo desde un posto como traballador para a normalización no concello  da Estrada. Sería de esperar que precisamente no ámbito local, que é o que el máis coñece, desenvolvera as mellores políticas. Todo o contrario. O último capítulo foi o empezoñamento dos cursos Celga facendo contratacións por vía da rede caciquil para non recoñecer os dereitos dos traballadores que viñan realizando este labor. Valentín tomou posesión de secretario xeral acompañado do peche de 17 servizos de normalización doutros tantos concellos e presentando como o seu proxecto estrela a fracasada Rede de Dinamización. Esta Rede fundaméntase nunha orde inconcreta e falta de contido, afastada da realidade, e que non aporta ningún tipo de solucións aos múltiples problemas da normalización no eido local. Se a isto lle engadimos a falta de dotación orzamentaria, temos completa a receita dun caldo que, se por unha banda non levaba carne, pola outra tampouco tiña verduras. Cando un concello se agrega á Rede de Dinamización xa sabe que ao máximo que pode aspirar é a que un día teña que abrir as portas do teatro municipal a algunha actuación. Nese local cerrado o galego terá o seu lugar durante unha hora. As outras 8753 horas do ano están abertas aos privilexios exclusivos da lingua dominante. Velaí a medida da presión impositiva do español. Neste punto xa sabemos que na resposta do secretario xeral de política lingüística sobre as causas da sangría de galego falantes non se fixo mención ás políticas antigalegas nos ámbitos da educación, a sanidade a xustiza ou o dos concellos. A resposta tampouco nos dará ningunha análise sobre a actual situación sociolingüística do país. O único que nos ofrece a contestación é a altura moral, política e intelectual do seu propio autor. Velaí a resposta:
"se consideramos galego falantes só aos falantes monolingües sí hai un descenso, pero tamén debemos considerar galego falantes aos que non falan galego todo o día"

xoves, 5 de xuño de 2014

O cartafol do IES Sánchez Cantón

Peneirando pola arañeira da rede fun bater con esta publicación do ano pasado e que representan 20 anos de continuidade na elaboración dunha revista para a comunidade educativa do IES Sánchez Cantón (Pontevedra)



mércores, 4 de xuño de 2014

De blogues.22


  • Desde o mundo a Forcarei: Nicoleta, 25/04/14, do blogue Lingua de Montes, do ENDL do IES Chano Piñeiro
  • Entrevista para Biosbardia, 30/04/14, por Carlos Callón no seu blogue
  • Tipografías imposibles, 01/05/14, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua, cunha entrada na que as letras van cargadas de xeometría.
  • Onte 967: PISA, críticas de expertos internacionais, 07/0/14, por M. Bragado en Brétemas
  • Caixa Rural e a lingua dos caixeiros automáticos. Unha investigación fallida, 07/05/14 en Palabras de Pedra do ENDL do IES do Camballón (Vila de Cruces)
  • Obrigado por facelo posíbel, 07/05/14 por C. García Vieito en Chío!
  • De xente pechada, 08/05/14, por Román Landín no Caderno de Lingua
  • o libro como militancia, arte, negocio, 09/05/14 por X. M. Eyré na ferradura en tránsito
  • A mestra (poesía e vídeo), 10/05/14, por Ramón Nicolás no Caderno da crítica
  • Contra a morte das linguas. O caso do galego, 10/05/14, por Manuel Rodríguez Alonso en Bouvard e Pécuchet
  • Follar, 12/05/14 por César Lorenzo Gil en Dúbidas do galego
  • Proxecto: mil Penélopes maís para a lingua, 13/05/14, por Xaime Varela en Fala Londres
  • Onte 977: «Poemas galegos», por M. Bragado en Brétemas
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas, día de Internet, 17/05/14, por María Loureiro en tecnoloxía.org
  • PRE-PARAD@S, LISTAXES… XA!, 17/05/14, polo profesorado Celga en Linguaprecaria
  • CUEIROS, ZAPATIÑOS E POEMAS DE AMOR, 18/05/14, en Linguaprecaria
  • pola dimisión e Alonso Montero, 19/05/14, por X. M. Eyré na ferradura en tránsito
  • Penélope, 20/05/14 por M. Bragado en Brétemas
  • #8f45anos por defender o Noso idioma e as Súas leis???, 20/05/14, por Xabier Cordal en Centeás
  • A educación primaria, 21/05/14, por Luz Cures no blogue o demo me leve
  • A XEITO DE NÓS (II), 24/05/14, no blogue do profesorado excluído do Celga, Lingua precaria
  • The Great Language Game, 2/05/14 por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
  • Desde o mundo a Forcarei: Mailín, 26/05/14, no blogue Lingua de Montes do ENDL do IES Chano Piñeiro (Forcarei)


O galego na empresa

por Xoán Antón Pérez Lema, no Sermos Galiza:



O Foro Peinador xunta moitas das empresas que usan o galego para todas ou algunhas das súas actuacións (publicitaria, sinaléctica, de documentación administrativa, de etiquetaxe…). A ela pertencen centos de empresas industriais, de servizos, construción ou agroalimentarias.

martes, 3 de xuño de 2014

Declaración de València das organizacións de ELEN

Unha delegación da Mesa participou nun encontro internacional en Valencia onde denunciou a política galegófoca de Feijóo.
Na reunión aprobouse a seguinte declaración:

Declaración de València das organizacións de ELEN (Rede Europea pola Igualdade das Linguas).24 de maio de 2014
Construírmos unha Unión Europea do multilingüismo, onde todas as linguas se respecten por igual
1) A Unión Europea construíuse co alicerce dos estados que guerrearon durante moito tempo por aseguraren a súa dominación.

O triángulo de Sierpinski de Beade



O departamento de Matemáticas do IES de Beade (Vigo) encerellou ao alumnado de 3º da ESO nun proxecto para contruír un triángulo de Sierpinski con latas de refresco. Tal e como comentan no seu blogue é un fermoso xeito de lle dar unha vida útil e intelixente ao lixo.
Outros, desde as oficinas da Consellería de Educación, non saben como han de facer para tirar ao lixo, precisamente, a educación, con medidas tales como o funesto decreto do plurlingüismo o o monstro da LOMCE.

O triángulo de Sierpínski
Onte xa comentabamos sobre outra figura fractal, a esponxa de Menger. No vídeo desta outra enrada xa se facía referencia ao triángulo de Sierpinski. Todos sabemos que o espazo ten tres dimensións ou que o plano ten dúas. Pois resulta que tamén podemos medir a dimensión de figuras como a do triángulo de Sierpinski. Os matemáticos din que ten unha dimensión Hausdorff de, aproximadamente 1,585=ln(3)/ln(2).
Estes artefactos fractais son un moi bo argumento para traballar as progresións. É moi divertido calcular tanto a súa área como o seu perímetro. Outros obxectos fractais, tales como a curva de Koch permiten unha boa introdución a este tema, incluso cun par de indicacións un alumno de secundaria pode chegar a enxergar parte dos fundamentos da converxencia de series e os problemas derivados desta cuestión.

Letras Galegas en Vigo

por Manuel Cabada Castro no Faro de Vigo:


No mediodía do último 17 de maio, Día das Letras Galegas, participei con outros grupos de persoas, bandeiras, gaitas e pandeiros na multicolor riada humana que baixaba da Vía Norte de Vigo ata o seu relanzo pacífico, mais fervente de proclamas e paixóns patrióticas, onda o Marco.

luns, 2 de xuño de 2014

A esponxa de Menger de Chapela



Grazas ao blogue científico do IES Palas de Rei, Ciencia no camiño, que manexa o profesor de matemáticas Manuel Vilariño din en reparar nun educativo vídeo sobre a xeometría fractal doutro docente, tamén de matemáticas, Aldán Santamarina, e que tan ben leva o ENDL do IES de Chapela (Redondela).
Goso moito de compartir materiais de matemáticas en galego, sobre todo desde que a Xunta tivo a iluminada idea de prohibilos. Pois aquí vai unha peza excelente. Aldán Santamarina explícanos didáctica e moi claramente o que é un obxecto fractal usando precisamente o recurso ao que lle teño máis cariño: o da historia das matemáticas. Así, vai repasando distitos momentos e feitos ao tempo que recolle exemplo e vai achegándose a figuras cada vez máis complicadas ata chegar á esponxa de Menger, un obxecto fractal de dimensión 2,73.

domingo, 1 de xuño de 2014

Camiños



Pauliña (Paula Chaves) gravou este vídeo na Casa das Crechas (Santiago) para que todos poidéramos gozar da súa música.
Vía CGENDL