tag:blogger.com,1999:blog-593435754223245925.post2206623549026186608..comments2023-09-01T14:20:07.414+02:00Comments on Carta Xeométrica: O número π e o decreto de plurilingüismoCibránhttp://www.blogger.com/profile/05434153873163086551noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-593435754223245925.post-34355802871918733552012-05-25T19:55:16.113+02:002012-05-25T19:55:16.113+02:00Sobre 5.Como cuantificar estas preguntas abertas? ...Sobre 5.Como cuantificar estas preguntas abertas? Neste caso en concreto, que sentido tiña?, mellor: tiña algún sentido? Teñamos en conta que era de esperar recoller centos de miles de cuestionarios. Quen os vai ler todos?
Sobre 8. Dúas cuestións: a) A mellor maneira de facer ver que o galego non serve para nada é acompañalo indefectiblemente do castelán. b) Trátase de facer unha proba non marcada? Precisamente, tendo en conta que procede da Xunta, a mellor maneira de facelo sería enviala en galego.
Sexa cal sexa a situación real, non se pode calibrar con estes datos. Un apunte aparte merecería a avaliación destes datos, aínda no suposto de que tivera sentido facelo. A Consellería de Educación fíxoo, e isto di moito máis de Anxo Lorenzo que da sociedade galega. Eu, con eses datos comenzaría falando da extensión dos prexuízos encol da lingua. O que fixo o SXPL foi dictaminar o que lle conviña sen ten en conta para nada dato ningún.Cibránhttps://www.blogger.com/profile/05434153873163086551noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-593435754223245925.post-91413385492758576572012-05-25T09:44:18.882+02:002012-05-25T09:44:18.882+02:00Non quero facer de avogado do diaño pero, comparti...Non quero facer de avogado do diaño pero, compartindo a crítica técnica xeral ao instrumento e recoñecendo a intencionalidade política do mesmo, recoñezo algunhas argumentacións coas que non estou de acordo.

5. Preguntas abertas por que non? Non entendo se cando se afirma que iso non é serio é porque nas estatísticas oficiais é raro atopar este tipo preguntas abertas para codificación posterior, pero coido que a súa presenza non invalida ningún instrumento.

8. Ao ser un cuestionario sobre o tema lingua nunha sociedade con vrios idiomas o lóxico se se busca a precisión é que estivese redactado en todas as linguas cooficiais. Que a Xunta deba promover o uso do galego segundo marca o Estatuto non impide a utilización dun cuestionario bilingüe ou a emisión de dous cuestionarios diferentes, un en cada idioma. Calquera outro método introduciría no estudo interferencias por non ter en conta aquelas fraccións da poboación que só se expresan ou prefiren facelo nunha única lingua. E este é un erro do que pecan o 99% dos estudos sobre lingua neste País.

Alén do anterior o estudo amosou, ao meu parecer, rasgos de fondo da situación lingüística subxacente da que, con nesgos ou diferenzas de nivel nos resultados, non se poden negar a súa existencia. Por dicilo dalgunha forma, o que non está na poboación non pode saír na mostra, pero o que está dalgún xeito, en maior ou menos medida, acaba saíndo, sobre todo cando a operación estatística é tan extensa.

A crítica máis rigorosa e feroz do instrumento non pode facernos esquecer que a realidade é a que é: actitudes lingüísticas que marxinan e infravaloran conscientemente o galego, e predominio dunha ideoloxía liberal sobre a regulamentista.Carloshttps://www.blogger.com/profile/09891449286533522076noreply@blogger.com