39 segundos de ouro son os 39 segundos que dura o vídeo. A idea, a cor, a iluminación, a edición... e finalmente o ensino pois estes nenos
aprenderon que esa longa noite era fría e dura, como a pedra.
Non é unha casualidade. Se un remexe no blogue de onde saeu este vídeo,
Os ghatos misteriosos, do CEP Sequelo de Marín, comprobará que se respira por todas partes innovación educativa, desafortunadamente a asignatura máis esquecida por parte da Consellería.
Estou seguro de que tanto pais como alumnos están gozando e aprendendo con esta extraordinaria ferramenta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario