Non hai nada que estes da Fonsagrada fagan e non sexa excelente. Vídeo gravado con teléfonos móbiles polo alumnado e profesorado do IES Fontem Albei. Nel recítanse anacos de poemas de Celso Emilio, co gallo do centenario do seu nacemento, recollidos dos volumes existentes na biblioteca escolar do centro.
O traballo ten como fío condutor o poema "Contribución ao plan de desenvolvemento económico" publicado na revista Vieiros nº 2, México, 1965, ao que se lle van engadindo versos soltos, segundo as escollas dos lectores.
Gustome moito a edición do vídeo, e sobre todo, o ben recollida que aparece a personalidade de cada un dos particpantes.
Vía
Caderno da escola
Ningún comentario:
Publicar un comentario