A
polémica Rede de Dinamización Lingüística (RDL) parte por ser o proxecto estrela da nova etapa da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Se estamos atentos ás
actividades desenvolvidas pola RDL vemos que todo ficou reducido ao programa de dinamización cultural
'Falaredes', unha de cuxas actividades se pretende divulgar mediante este cartel que vén asinado pola RDL, organismo dependente da SXPL.
No colmo do disparate, e con letra ben grande, aparece deturpado o topónimo do concello que anuncia a actividade. Non se trata dun erro, é a práctica habitual deste concello coruñés, que xa hai ben de tempo que incumpre a Lei de Normalización Lingüística, neste caso avalado pola mesmiña SXPL.
E como non lle chamarán "Orillita"?
ResponderEliminarManda truco co concello e coa rede de dinamización!
E, ademais, *pabellón...
ResponderEliminarPor non falar doutra animalada que aparece no cartel, e da que me acaban de comentar: *pabellón
ResponderEliminar