A foto foi tirada nun panel que hai na Praia das Catedrais.
Segundo o que se pode deducir deste aviso, fica ben claro que para os galegos, máis varudos que os naturais de Albión ou de Castela, non achamos distinción entre prohibido/con precaución. Eis que se atopamos un sinal de 'non pasar', ou se nos presentan un decreto prohibindo o ensino das matemáticas en galego, nós xa sabemos o que temos que facer que non é outra cousa que o que nos dicía o
afouto Avelino Pousa Antelo:
hai que seguir!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario