Esta curiosa e simpática curtametraxe é unha parodia sobre a situación actual que vive a lingua galega nos centros de ensino da Galiza. Trátase dunha novidosa aproximación á realidade sociolingüística no ensino e que foi realizada integramente por alumnos de bacharelato e a ESO.
Habería moito que rascar sobre a clase de matemáticas que aparece na curta... pero polo menos dábase en galego e será fundamental para o desenlace final. Non darei máis pistas.
Recollido do
equiPAZO, o blogue do ENDL do IES Pazo da Mercé-As Neves
Ningún comentario:
Publicar un comentario