"Clementina é a primeira muller do mundo que sofre o Síndrome Rosalía", sobre esta base constrúese a curtametraxe gañadora da categoría "autora menor de 30 anos" no Certame Curtas para Rosalía 2011, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Un falso documental feito sen medios, cun ton solemnemente paródico, pero coa intención de reivindicala vixencia da obra de Rosalía de Castro no 125 aniversário do seu falecemento. Protagonizado por Clementina Formariz e dirixido e montado por Fátima Peón Torres.
Vía
Botóns , onde se nos informa de que aínda estamos a tempo de enviar os nosos vídeos ao
IV Certame "Curtas para Rosalía" organizado pola AS-PG
Ningún comentario:
Publicar un comentario