Neste retallo audiovisual pónselle cara á imposición lingüística. Cando o periodista se achega obtén unha resposta chea de fachenda, prexuízos e falta de educación. Faino así porque se sinte fortalecido polo discurso da imposición do español. Segundo o seu construto mental, un finxido
"no entiendo" debería chegar para que o interlocutor teña que verse forzado a cambiar de lingua. Consiste nunha actitude agresiva, de imposición da lingua que ten todas as garantías, co fin de reducir a presenza da lingua da terra e dar un paso máis no proxecto nunca declarado de lingüicidio.
Vía
Cousas de Imeneo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario