Remexendo nas actividades que se fixeron desde os centros de ensino para celebrar o 24 de febreiro, Día de Rosalía, atopei esta imaxe que me chamou a atención. Estaba no web do
CPI Manuel González Marquier (O Rosal). Que foi o que se lles ocurrira para celebrar a data? Non era un selfie rosaliano, nin un graffiti, nin un recitado. Tampouco se trataba dunha conferencia. Estreaban rede wifi e pensaron aproveitar a ocasión para facer
un concurso de pistas que deberían seguir mediante
códigos QR que debían recoller cos seus móbiles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario