Se hai ben pouco colgabamos neste recuncho da arañeira o vídeo gañadador do Correlingua 2014, hoxe recollo un par deles máis da canle
Correlingua. O paso adiante para comprobarmos o alto nivel que alcanzaron nesta edición os traballos presentados.
O primeiro trátase do realizado polo IES da Arzúa. O paso adiante é unha metáfora das decisions pequenas ou grandes que tomamos ao longo da nosa vida. Decisions que conforman a nosa identidade e a nosa personalidade e que nos fan tomar consciencia da realidade e comprometernos con ela.
Estes son os pasos adiante do alumnado do IES de Arzua.
O segundo vén desde o CEIP Ramón Otero Pedraio (Amoeiro), cheo de vida, alegría, ilusión e cor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario