Vídeo pertencente á que parece ser unha próxima campaña do SNL da USC. "Ensinas máis do que cres" está orientada a pular polo uso da lingua galega na docencia desta institución. E como iso é certo, como cando se ensina tamén se ensina a lingua na que se imparte a docencia, e se ensinan valores sobre esa mesma lingua, é fundamental que todos, independentemente dos disparates que veñan impostos polos decretos antigalegos, demostremos, tanto na universidade como fóra dela que o galego é a nosa lingua a todos os efectos e para todos os usos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario