Hoxe, venres 09/10/15 celebrarase na Estrada un encontro de recuperación e divulgación de contos e historias populares. Será ás 20:00 no MOME (Museo da Madeira e o Móbel). Trátase dun acto aberto, de entrada libre.
Este acto estará organizado pola
Asociación Cultural “Vagalumes” e a
Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). Contarase coa colaboración da Asociación Cultural “Tamparrantán” de Santo André de Vea que levan anos traballado na recollida e difusión da cultura popular do noso Concello. Ademais estará presente a tradición do entroido da Ulla e da literatura oral do noso rural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario