As
12 aulas do IES Chano Piñeiro (Forcarei) veñen de ser bautizadas cos nomes das 13 parroquias do concello (unha delas, a de Presqueiras fai referencia ás parroquias de Santa Mariña e San Miguel). A carón da porta de cada aula teñen un cartel que podemos ver un estudo filolóxico do topónimo, un mapa de Forcarei no que se localiza a parroquia, unha relación de todos as súas aldeas e tres fotos con monumentos ou lugares. Un fermoso traballo que afonda no orgullo da comunidade escolar pola lingua que identifica o territorio no que viven e estudan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario