Todos os relacionados co mundo do ensino, ao comenzo do curso, pensamos en botar man dun calendario escolar para organizar mellor as actividades e do desenvolvemento das materias. Normalmente todos os anos vemos, soltas pola rede, diversas achegas neste sentido. Lembramos con nostalxia os calendarios que anualmente nos ofrecía a Coordinadora Galega de ENDL. Para curar un pouco esta aflición, recollemos aquí o
calendario elaborado polo ENDL do IES Antón Losada (A Estrada). Este documento ten a peculiaridade de regalarnos as orixes dos topónimos dalgúns lugares do concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario