O CPI da Picota (Mazaricos) foi o centro gañador do mellor vídeo do certame "Falemos + galego", organizado polos centros de ensino da Costa da Morte. Participaban un total de 14 centros. O IES Agra das Raíces (Cee) foi o que argallou o mellor lema:
"Con seseo, con gheada, falar galego é unha pasada"
Arredor desta iniciativa máis de mil rapaces xuntáronse o pasado 20/06/2024 no centro de Cee para participar nunha festa amenizada por María Lado e Xurxo Souto. Contaron coa participación de varios grupos musicais; Malleira, Antía Muíño e Caamaño & Ameixeiras
Máis información:
- Preto dun milleiro de estudantes defenden o uso do galego na festa do “Falemos + galego” 20/06/24 Que Pasa na Costa
- 13 institutos da Costa da Morte únense na Gala "Falemos + Galego" 08/06/2024 Que pasa na Costa
- Os Institutos da Costa da Morte organizan unha campaña conxunta a prol do galego “Falemos + galego” 11/03/2024 Que pasa na Costa
Ningún comentario:
Publicar un comentario