Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Florencio Delgado Gurriarán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Florencio Delgado Gurriarán. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de setembro de 2023

Florencio Delgado Gurriarán, asinante de Galeuzka

No ano 1944 asínase en México un pacto entre organizacións catalanas, vascas e galegas. Francisco Delgado Gurriarán actúa non só como o representante do Partido Galeguista,  senón que é un dos máximos impulsores deste texto, que recollo e traduzo nunha pequena parte do libro de Xosé Estévez, Galeuzca. La periferia contra el páramo (Nabarralde 2022):

Segunda. Que se oporán a todo intento de restauración monárquica, antipopular e antidemocrática, así como a todo réxime que non sexa aceptado polas vontades libres e soberanas dos seus respectivos pobos.

Terceira. Que proclaman unha vez máis que Catalunya, Euzkadi e Galicia constitúen, polos seus títulos históricos e lingüísticos, polas súas características culturais e polas súas tradicións políticas, tres nacións claramente definidas, coas súa vontade nacional reiteradamente expresada e demandan para elas os dereitos fundamentais que corresponden a toda nación no concerto dos pobos civilizados, tales como: a súa liberdade. a súa soberanía e o seu dereito de autodeterminación, postulados polos que loitan as Nacións Unidas contra o fascismo internacional.

Cuarta. Que se compromenten a defender para os seus pobos respectivos un réxime republicano democrático, basado no respecto á liberdade e dignidade da persoa humana e inspirado en postulados de xustiza social.

mércores, 11 de maio de 2022

A poesía de Florencio

 

O cuarto capítulo de 'Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda' descobre a traxectoria poética poliédrica do protagonista do Día das Letras Galegas. O seu percorrido literario abrangue dende unha sensualidade unida á paisaxe do viño da súa terra, Valdeorras, ata a poesía satírica antifranquista e, xa dende o exilio, un feixe de poemas singulares na literatura galega que fan súa a forza tímbrica do léxico náhuatl e a musicalidade do son mexicano.

domingo, 8 de maio de 2022

O exilio mexicano

 Florencio Delgado Gurriarán chegou a México en 1939 a bordo dun dos chamados buques da liberdade. O capítulo 3 da serie sobre o protagonista do Día das Letras Galegas 2022 céntrase na vida do poeta valdeorrés no exilio e no seu activismo na diáspora xunto a outros galeguistas organizados arredor do Padroado da Cultura Galega de México.

venres, 6 de maio de 2022

O compromiso e a guerra


 

O capítulo 2 da serie ‘Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda’, baixo o título “O compromiso e a guerra”, afonda na participación do protagonista do Día das Letras Galegas 2022 no galeguismo organizado e no papel que desempeñou na resistencia republicana durante a guerra civil.

luns, 11 de abril de 2022

Meu Córgomo de Valdeorras

 Primeiro capítulo da serie 'Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda' da Real Academia Galega que foi desenvolvido pola produtora Miramemira e a guionista María Yáñez

venres, 18 de febreiro de 2022

Nomes, de Florencio Delgado Gurriarán


Madrugaron este ano no CPi dos Dices (Rois). Sempre nos agasallan co seu  Telexornal das Letras. Desta vez fan un adianto con este recitado de Miro Villar dun poema de Florencio Delgado Gurriarán, a quen lle adican o Día das Letras deste ano

 

mércores, 8 de xaneiro de 2014

Cantar dos topónimos



O Cantar dos topónimos é unha creación do poeta do Córgomo Florencio Delgado Gurriarán. Como se ve aquí foi Anxo Rei foi quen levou o texto a canción. Esta composición aparece no seu disco "Fronteira de cigoñas"