Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Elvira Nercellas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Elvira Nercellas. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de xuño de 2021

Medicina en galego

 


por Elvira Nercellas nas Voces de ProLingua:

Na única facultade de Medicina de Galicia, tan só o 1,2% da docencia é impartida en galego. Coa diglosia e a marxinación do galego dentro das aulas xorde o grupo de normalización lingüística “Medicina en galego”. Onde queda o noso dereito a estudar en galego nunha facultade pública galega? Por que non se ve como unha prioridade formar ás futuras médicas galegas na lingua que falarán a maior parte das súas pacientes?