Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 31 de xaneiro de 2010

Os premios á Innovación en Normalización Lingüística contra o decreto.

Os ENDL galardoados nos Premios á Innovación en Normalización Lingüística puxeron en coñecemento do Secretario Xeral de Política Lingüística a carta que reproducimos máis abaixo no trascurso das Xornadas de Formación dos Premios de Innovación en Normalización Lingüística, que tiveron lugar no día de onte, sábado 30.

Señor secretario xeral de Política Lingüística:
Reclamamos a súa atención para unhas breves consideracións que queremos transmitir ao goberno galego e que recollen o noso sentir unánime. O sentido da responsabilidade e o respecto que nos merece a súa persoal traxectoria docente e investigadora serán o contrapeso que nos permita conseguir continencia verbal á hora de lle expresar o noso malestar.
Aínda que para vostede non sexa agradábel escoitar as nosas queixas –e tampouco para nós formulalas-, temos a obriga moral de transmitirllas aquí e agora. Coa máxima cordialidade e co máximo respecto, nesta que debería ser xornada de xúbilo, temos que alzar a nosa voz para clamar contra a involución manifesta (redución do número de premios; dotación económica testemuñal; cambios regresivos na convocatoria de axudas para os equipos de normalización; actitude de desprezo polo patrimonio literario por parte do conselleiro do ramo; e, como colofón, as chamadas Bases do Decreto do Plurilingüismo).
A que era tenue e incipiente normalización nos centros foi posíbel grazas á implicación de profesoras e profesores comprometidos, ás veces para o alumnado os únicos referentes de uso do galego en todos os ámbitos. Con que fin pretenden que este profesorado teña que renunciar á docencia vertebradora? Cal é o fin de que se pretenda responsabilizar do ensino en galego a determinadas persoas sen competencia nin motivación para esta encomenda? A mellor garantía da presenza normalizada do galego no ensino é o profesorado que leva varios anos desenvolvendo en galego a docencia e a vida. Mais este histórico contributo de recuperación da identidade colectiva será cercenado polo marco legal proposto, que acentúa os comportamentos diglósicos e nega a posibilidade de ofrecer ao alumnado modelos de usos lingüísticos normalizados.
Por todo o exposto, os representantes aquí presentes dos Equipos de Normalización Lingüística que están a desenvolver en colexios e institutos proxectos cuxa calidade ten sido recoñecida nos premios de innovación convocados pola Secretaría que vostede dirixe solicitámoslle a retirada destas bases e o mantemento do Decreto en vigor, o que desenvolve as medidas consensuadas no Plan de Normalización da Lingua Galega e o máis axeitado para poder cumprir a tarefa que a propia administración educativa nos encomendou: promover o galego para normalizar o seu uso entre a comunidade educativa, asentando así as bases dun ensino plurilingüe.
Asdo.:
Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010
Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Aguiño (Ribeira), CEIP A Gándara (Carballo), CEIP A Pedra (Bueu), CEIP Bergantiños (Carballo), CEIP Quintela (Moaña) IES Menéndez Pidal (A Coruña), IES Sardiñeira (A Coruña), IES Félix Muriel (Rianxo), IES Perdouro (Burela), IES Rodeira (Cangas) e IES Porto do Son (Porto do Son).

Falar en galego, que difícil é.


O 21 de setembro unha entrevista na TVG á conselleira de sanidade, Pilar Farjas, levantou a polémica porque da súa boca non saeunin unha soa palabra en galego.


O pasado mércores, no mesmo programa, Bos Dias, volveu a repetirse o caso. Desta volta o entrevistado foi Manuel Borobio, Director Xeral de Sostibilidade.
Pois se os altos cargos da Xunta non son quen de empregar o galego nas súas intervencións públicas, no medios de comunicación galegos, a ver quen e cando e como o fan.

Alonso Montero ergue o Facho contra o decreto

“Pode que algúns agarden que colla este Facho para botarme ao monte e defenderme dos lobos, espero que me servirá máis para ir polo bo camiño, por un camiño na miña lingua e non en inglés”, afirmou o profesor Alonso Montero antes de recoller o galardón que a Agrupación Cultural O Facho lle entrega anualmente as persoas que representan os valores de difusión e resistencia da cultura galega.
Montero: “Usarei este Facho para non tropezar coa desvergonza política”
Pero parece que non lle fan caso:
O decreto da lingua estará 'listo en febreiro'
O decreto definitivo darase a coñecer en febreiro
E os de Ikea, outros zunantes:
Ikea non valora o galego para traballar na Coruña

Portada curiosa.2


O semanario A Nosa Terra teima co decreto e continúa a sacar portadas curiosas.

venres, 29 de xaneiro de 2010

A crítica da RAG ao decreto

O pasado dia 18/1/2010 a Real Academia Galega regalábanos a crítica ao decreto contra o galego. Por se queredes consultar o texto da crítica, aquí vos vai:

'Desván de los Monjes'

por Iván Puentes, alcalde de Fene; na Nosa Terra

Estabamos tristemente acostumados a escachar de risa cada vez que aquel conselleiro de (suposta) Cultura do fraguismo, Xesús Pérez Varela, facía das súas e se refería a “Carmiña Burana” como unha fantástica cantante galega ou cando afirmaba que na programación do Xacobeo se incluían fantásticas actuacións como a de Ainhoa e máis a de Arteta, xunto con Berrugueto, Masive Atrak ou Cheminal Broters. Parecía imposíbel superalo, pero para sorpresas, contacten vostedes co goberno de Feixóo.
Se non fose pola cantidade de testemuñas presentes, diría que foi froito do meu malévolo maxín, pero resúltame difícil explicar a cara que puxen cando lle escoitei a semana pasada en FITUR ao actual conselleiro de Cultura, Roberto Varela, afirmar ante centos de persoas, profesionais do turismo a meirande parte, que o Camiño de Santiago pasa por localidades tan fermosas como “Toro”, enténdase Touro, ou “Desván de los Monjes”, que logo duns minutos de conmoción neuronal cheguei a asimilar que se trataba de Sobrado dos Monxes.
Mais aló do imperdoábel erro, por moito que lle intenten botar a culpa ao tradutor, o alarmante é o que denota, que non é outra cousa que o nulo coñecemento da realidade galega e o nulo respecto á nosa lingua que ten o conselleiro. Cando sae á luz a verdadeira alma deste goberno do PP é moito máis doado de comprender o porqué de aberracións como o decreto do galego.
Por iso, o problema non é que queiran introducir o inglés no ensino a costa do galego, que queiran facer un novo decreto ou incluso que algúns crean parvadas como que o castelán está en perigo en Galicia. O verdadeiro problema é que padecen galegofobia, que non cren na normalización do idioma e que o que lles gustaría de verdade é desterralo das aulas.
Ao tempo que o conselleiro patinaba en FITUR milleiros de persoas manifestábanse en Compostela a prol do galego. Non o sabían aínda, pero Varela estáballes a dar a mellor mostra de que a loita na rúa para protexer o noso idioma non só está xustificada, senón que é máis necesaria que nunca. Eles non, pero nós, a inmensa maioría do país, si que queremos galego!

Debate en CorreoTV sobre o decreto (18/1/2010).2

Velaí está a segunda parte do debate

Debate en CorreoTV sobre o decreto (18/1/2010).1

Mandáronos este video dun debate que houbo sobre o decreto o pasado dia 18 na canle Correo TV.

Foi alí, no Obradoiro

por Camilo Nogueira Román, enxeñeiro industrial, economista e político; en Vieiros

Foi alí tamén no Obradoiro onde hai mais de oito centurias se codificou como culta a lingua que o actual Governo lle nega a Galiza como propria. A Escola de Santiago era o centro da cultura expresada nos Cancioneiros, estendéndose de Galiza, a Lisboa, Toledo ou Sevilla. Onde xacen os restos de reis da Galiza independente, Fernando e Afonso, que levantaron o Pórtico da Gloria, celebraron no século XII a primeira Asemblea con participación de representantes do povo, estabeleceron a Universidade de Salamanca, a máis antiga da Península, no sur do seu Reino, con profesores galegos formados en Santiago, Boloña ou París, fundadores de cidades que levan agora o mesmo nome. Desde onde se expandiu a fala das Cantigas, escritas na lingua da súa familia polo rei Afonso, IX de Galiza e II de Castela, o que en Toledo codificou depois o castelán como lingua da administración, entanto que en Galiza se facía o proprio co galego, tal como no Portugal do seu neto o rei Dinís. Esta lingua que depois, desde o final do século X e a até onte, foi proibida tanto pola monarquía e o Estado español como polas determinantes instituicións eclesiásticas, sendo quen de manterse malia todo como lingua da rica cultura agraria, mariñeira e artesana.
Ollando para Europa sen a mediación da ideoloxía española non se encontra outro exemplo de resistencia como o galego. O galego, a lingua ainda maioritaria apesar de a sociedade ter mudado radicalmente nos últimos trinta anos, pasando de rural e agraria a urbana e industrial, e de ficar ausente ou esmagada en instituicións políticas, eclesiásticas e educativas, sectores económicos e sociais ou medios de comunicación que navegan na onda do poder e a lingua oficial do Estado. Tampouco parece que exista no mundo outro Estado que negue como sua unha lingua, nacida e presente no territorio que integra, que como o galego na forma portuguesa pertenza ademais a múltiples Estados, sendo falada por máis de 230 millóns de persoas, refletindo unha variedade semellante á do castelán ou a do inglés. A manifestación do 21 de xaneiro no Obradoiro sitúanos pola sua dimensión e significado nun momento crucial na emancipación linguística e cultural de Galiza. Convocada por Queremos galego e as demais plataformas xurdidas para facer frente á intención temeraria do actual Governo Galego de marxinar a lingua propria, os seus obxectivos foron feitos seus por organizacións de profesores e alunos de colexios públicos e privados, equipos de normalización, xuristas, reitores das tres universidades, medios de comunicación, asociacións de libreiros, sindicatos, grupos de cristiáns de base, organizacións políticas da esquerda e nacionalistas. A Real Academia Galega -a instituición que por historia e pola Lei de Normalización Linguística lle corresponde singularmente a extensión e o cuidado normativo do galego- fixo unha enérxica crítica do contido das chamadas Bases para a elaboración do decreto do plurilinguismo no ensino non universitario de Galicia, que negan mesmo os elementos positivos, ainda que limitados e insuficientes, derivados dos texto constitucional en vigor. Nunca antes se producira tal conxunción de vontades expresas e tal demonstración de firmeza na sociedade civil. A resistencia do galego non é hoxe allea a existencia desde hai tres décadas de instituicións, do Estatuto de Autonomía á Lei de Normalización Linguística, que contribuiron a frear en Galiza a influencia desertizadora dos poderes do Estado español. A reclamación da plena aplicación de tais normas, que recoñecen o galego a lingua propria e obrigan a potenciar e normalizar o seu uso en todos os ámbitos, constitui a exixencia principal deste momento. Porén, tanto máis nun tempo como este en que as línguas nacionais precisan inexcusabelmente dun Estado proprio ou dunha instituición estatal que governe nisto con plena independencia, o galego debe dispor do status institucional das linguas oficiais dos Estados, igual que o portugués e sueco ou o francés, o alemán, o italiano e o romanche na Confederación Helvética e o neerlandés, o francés e o alemán en Bélxica. Resulta aberrante e inadmisíbel que nun Estado plurilingue como o español se lle negue ao galego -como ao euskera e ao catalá- a condición de língua estatal e nacional. Como o castelán en Castela, en Galiza a língua propria é o galego. Así, en paz.

Agora é o ILG quen critica o decreto

Blanco cre que pretenden demonizar as linguas
O persoal investigador do ILG pídelle a Feijoo que retire as bases do decreto
O ILG envíalle a Feijóo unha carta rexeitando as bases do decreto
R-e-s-p-e-c-t

mércores, 27 de xaneiro de 2010

Video da manifestación de Queremos Galego.2

A CIG valora a folga

Rolda de prensa de valoracion da folga contra os ataques ao galego from cig-ensino on Vimeo.

Punto de encontro sobre o galego

por Xesús Veiga Buxán, profesor e político no Xornal de Galicia
Despois do vivido na xornada reivindicativa do pasado día 21 e das reaccións suscitadas polo contido das “Bases” para un eventual novo decreto lingüístico no ensino non universitario, o Goberno da Xunta sabe que, neste asunto, poderá vencer pero non está convencendo a ninguén que se atope fóra dos círculos mais directamente relacionados co PPdeG. É verdade que dispón dunha lexítima maioría parlamentaria para tomar decisións a respecto do idioma galego mais tamén resulta evidente que a dimensión desa maioría é xustamente equivalente á que posibilitou, no ano 2007, a elaboración do actual decreto pola equipa gobernamental que presidía Emilio Pérez Touriño. Daquela, as forzas políticas que conformaban o bipartito buscaron o consenso coa oposición parlamentar e só, no último minuto, as presións procedentes da rúa Génova provocaron a retirada da confianza previamente anunciada polo partido de Feijóo. Se tal comportamento da coalición PSdeG-BNG mereceu o cualificativo de “imposición”, ¿que termo deberemos utilizar agora para describir a reacción dos actuais responsábeis gobernamentais ante as críticas formuladas ás “Bases”?
Núñez Feijóo contratou cunha consultora privada a realización dun informe sobre a viabilidade da fusión das caixas galegas. A pesar do que ten chovido no mundo das relacións financeiras e da perda xeral de credibilidade experimentada polas entidades encargadas de avaliar a situación económico-financeira das empresas, o presidente da Xunta acreditou no traballo realizado por KPMG e ratificou a súa decisión favorábel á fusión. ¿Por que non aplica unha lóxica semellante no caso da política lingüística e atribúe o mesmo nivel de confianza ao ditame emitido pola Real Academia Galega (RAG) con motivo da publicación das devanditas “Bases”? ¿Por que vai ter máis valor práctico vinculante, nos seus específicos ámbitos temáticos, a due diligence dunha respectábel empresa privada que a opinión expresada pola “institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudio da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego”?
Até o momento, o presidente da Xunta non conseguiu facer realidade o que pretendía inicialmente. A caricatura dunha posición “centrada” do Goberno fronte aos “extremismos” dos seus vellos amigos de GB e das organizacións do universo nacionalista non pasou dos papeis dos aprendices de Maquiavelo que habitan en San Caetano. Neutralizar o disenso provocado polo seu proxecto lingüístico cunha apelación dogmática ao resultado electoral do 1-M constitúe, a esta altura, o derradeiro argumento defensivo para disimular o evidente. Crer que as 760.591 persoas que, no interior do territorio galego, votaron ao PPdeG querían diminuír a presenza do idioma galego no ensino é un acto de fe laica. Considerar que se pode lexislar neste asunto ignorando que 750.988 persoas apoiaron ao PSdeG e ao BNG é unha demostración de cegueira política incompatíbel cunha cultura democrática de solvencia acreditada.
Se o Goberno de Núñez Feijóo quere construír, de verdade, un consenso lingüístico debe acudir, sen preconceitos, ao punto de encontro que ofrece a RAG.

Eufalo.tv, documental sen fin sobre a lingua

Hoxe destacamos unha noticia que nos pode axudar a reflexionar sobre o uso da lingua. Eufalo.tv é un documental sobre as experiencias de cada un de nós coa lingua. Cada persoa unha historia. Recomendable.
O BNG denuncia a discriminación do galego nas enquisas do INE
Primeiro documental 2.0 e sen fin sobre o galego
Estratexias de risco
As 55 mentiras sobre a lingua galega
O BNG denuncia “represalias” contra alumnos que foron á folga pola lingua
Peor que o de Galicia Bilingüe

martes, 26 de xaneiro de 2010

Valencia: o 99% de alumnos suspensos nas aulas en inglés.

Tomade nota. Non é a primeira vez que se fala de impartir asignaturas en inglés. En Valencia no 2008 impartíase a asignatura Educación para a cidadanía en inglés. O resultado podedes comprobalo nos xornais de finais de novembro dese ano. Dos 201 alumnos de tres instutos de Alacante 199 obtiveron menos dun 1. Os outros dous aprobaron (eran procedentes de Inglaterra).
Podedes ver o video de do portal de noticias ADN

Video da manifestación de Queremos Galego

Deixamos aquí este vídeo moi ben realizado pola aula de audiovisuais do IES do Porto do Son. Todo un tratado sociolingüística. Pois para irmos aprendendo.


Manifestación "Queremos Galego" 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.

Acaban as consultas sobre o decreto.

A Xunta dubida sobre o inglés e as votacións dos pais
O PSdeG rexeita negociar o borrador do decreto
O BNG non ve 'intención de cambio' no decreto
Sen marcha atrás
O decreto da lingua será aprobado co curso a piques de comenzar
Educación descarta unha discriminación positiva cara ao galego
A CIG-Ensino anuncia novas mobilizacións se Educación non retira o borrador do decreto
Méndez Ferrín, novos tempos prá RAG

Alegacións ao decreto contra o galego

A plataforma Queremos Galego, promove o envío de alegacións segundo o modelo que aparece abaixo:
Queremos Galego! impulsa o envío de alegacións individuais ao decreto. Copia o seguinte texto, cúbreo e envíao a: alegacions.decreto.plurilinguismo@edu.xunta.es. Para facermos seguimento podes enviar copia a: alegacions.decretazo@queremosgalego.org .

O texto da alegación é o seguinte:

Don/ Dona…………………………………………. con NIF……………………….. e domicilio en………………………………………………………………………………………………………….En relación coas Bases para a elaboración do decreto de plurilingüísmo presentado publicamente a noite do 30 de decembro de 2009, presenta as seguintes ALEGACIÓNS O borrador de decreto presentando na noite do 30 decembro: 1) Non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.- Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura. 2) É unha proposta feita de costas á sociedade galega.- O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste. 3) Suporá enfrontamentos nos centros.- A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade. 4) É unha burla á cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.- O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos 5) Vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.- O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos. 6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.- Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos. Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, reclamo que se escoite a voz das comunidades educativas. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación. Por todo isto SOLICITA A aplicación real e efectiva do decreto 124/2007 e do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por consenso e unanimidade polo Parlamento Galego. Asdo: Don/ Dona En ……………………….a.. de xaneiro de 2010

luns, 25 de xaneiro de 2010

O argumento da maioría silenciosa

O pasado día 21 encheuse Santiago de manifestantes que declaraban o seu amor polo galego e o seu odio ao decreto que quer aprobar o goberno da Xunta.
Desde a presentación pública das bases dese decreto xa se manifestaron en contra del a CIG, a UGT, CCOO, ANPE, o BNG, o PSOE, as ANPAS, as asociacións pedagóxicas como Nova Escola Galega e a As-PG, o Consello Xeral da Xuventude, a Real Academia Galega, as tres Universidades galegas, membros destacados do Consello da Cultura Galega, escritores, pedagogos, editoriais, membros destacados de Pro-Lingua, xuristas, agrupacións relixiosas, asociacións de alumnos, e, por suposto as entidades defensoras do galego como Queremos Galego e a Mesa pola Normalización Lingüístgica, a Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística, a Coordinadora de Equipos de Normalización,...
E a resposta do goberno foi: pero hai unha maioría silenciosa que sí quer o decreto.
Isto lembroume unha historia que sucedeu a principios do XVII. Galileo apuntara co seu telescopio á Lúa e chegou á conclusión de que debía ter vales e montañas como a Terra. A mellora dos telescopios e a acumulación de observacións facían cada vez máis patetente esta conclusión. No entanto os astrónomos da época non estaban dispostos a tirar ao lixo a teoría de que os corpos celestes debían ser todos perfectamente esféricos. Como tampouco podían negar os datos observacionais de Galileo contraargumentaban dicindo que a Lúa estaba rodeada dunha capa invisible de forma esférica. A resposta de Galileo non ten desperdicio:
“”Non che hai dúbida de que se trata dunha fermosa obra da imaxinación[…], mais se nos permitimos imaxinar o que nos dea a gana, se outros din que a Lúa se acha rodeada esféricamente por un cristal transparente aínda que invisible, aceptareino de boas con tal de que con igual cortesía se me permita decir que tal cristal posúa na súa superficie un grandísimo número de montañas inmensas e trinta veces maiores cás terrestres, que non podemos ver nós por ser dunha substancia diáfana. Deste xeito poderei imaxinar outra Lúa dez veces máis montañosa cá primeira”
Entón cando eu escoito esas palabras: pero hai unha maioría silenciosa que si quer o decreto non podo facer outra cousa que pensar:
“”Non che hai dúbida de que se trata dunha fermosa obra da imaxinación[…], mais se nos permitimos imaxinar o que nos dea a gana, se outros din que hai unha maioría silenciosa que si quer o decreto, aceptareino de boas con tal de que con igual cortesía se me permita decir que tal maioría non ven sendo nada comparada coas inmensas masas de xente trinta veces maiores cás desa suposta maioría, que non podemos oir nós por ser máis silenciosa aínda que a outra. Deste xeito poderei imaxinar outra manifestación de Queremos Galego dez veces máis numerosa cá primeira”

Manipulación 3. E máis cousas

Queremos Galego acusa o PP de usar de xeito partidista a TVG
O BNG denuncia a resistencia do Goberno central a empregar os topónimos galegos
O decreto do ensino tamén pon na corda frouxa a Jesús Vázquez
Educación teima hoxe en buscar o apoio ao decreto do PSdeG, que o rexeitará

domingo, 24 de xaneiro de 2010

Consenso?

por Noela Rey Méndez, periodista, no Xornal de Galicia
Consenso: “Acordo global ou parcial entre as propostas ou as ideas de dúas ou máis persoas”. Así explica o diccionario en liña digalego.com cando se pulsa dúas veces sobre a palabra “consenso” na web de Xornal de Galicia. Sen dúbida, éche o termo de moda ultimamente na actualidade galega. Aparece por todos lados. Consenso sobre a lei de caixas e a fusión de Caixa Galicia e Caixanova, consenso sobre o novo decreto da lingua galega no ensino... Onte foi o ministro de Fomento, o galego José Blanco, o que aludiu á dichosa palabra. “Hai que buscar o equilibrio, o acordo e o consenso co obxectivo de que a lingua non sexa un elemento de división e de confrontación”. Pois menos mal que consenso implica un acordo. Porque calquera diría que é eso o que está a conseguir nos últimos tempos a Xunta de Feijóo. Aínda que se lles enche a boca ao pronunciar ese termo, non parece que a realidade refrende as súas intencións. Ou será precisamente iso o que buscan?

A voltas co decreto

O plan de Núñez Feijóo para o inglés xa funciona desde hai dez anos
Un éxito no que ninguén repara
Docentes das escolas de idiomas piden de novo “diálogo” á Xunta
O CXG súmase ás críticas contra o 'decretazo' (e 'hackeanlle' a web)
A loita contra a lingua
Gabriel Rei-Doval: “O modelo trilingüe da Xunta podería derivar nun fracaso escolar estrepitoso”

Méndez Ferrín presidente da RAG

Méndez Ferrín opta por unha presidencia da RAG ‘continuista’
"Xestión continuísta"
Méndez Ferrín opta polo "continuísmo"
A Academia de Ferrín será “inflexíbel” na defensa do idioma galego
Nove anos ao servizo da “intelixencia cordial”
Un equipo para os próximos catro anos
Vivat Academia!
Maioría absoluta para Ferrín

Quen dixo consenso?

por Antón Losada, na Nosa Terra

Teño aquí un decretiño, bueno en realidade é un borrador, bueno tampouco o é exactamente, máis ben unhas bases, en fin... vamos, que son 13 folios como 13 soles mecanografados e a dobre espazo onde se di como imos implantar o “trilinguismo enrollao”, a ver que lle parece ao pobo, que é dono das Caixas, dixo Feixóo.
“Nos parece mal, que tú nos dijistes que ibas dar libertad de elección” –dixo unha parte do pobo que o esperaba todo dil.
Parécenos peor porque vostede ten unha obriga co galego como presidente e estao condenando á morte por inanición. Ademais, a administración é a que ten que dirixir a educación, o das votacións nos colexios vai ser unha desfeita e o do inglés é para ver se coa –dixo outra parte do pobo menos afecta.
Que ninguén se alporice que só é un documento para abrir o debate e nós sempre estamos abertos a suxestións para melloralo. Nós o que queremos é consenso e cordialidade –di o goberno.
Daquela estaría ben saber sobre que partes se pode negociar o tal consenso e onde pode haber espazos para chegar a un acordo,–di unha parte do pobo, que parece disposta a falalo.
Ah non, os principios dos 13 folios son innegociábeis. Consenso si, pero aceptando iso de entrada. A maioría silenciosa está con nós e ao que non lle guste é un extremista –di coa fe ultramontana do converso o crack que ficharon para Política Lingüística.
Pois imos ter que ir á folga –din os que non che veñen sendo da maioría silenciosa
Algúns é que xa ían protestar puxese o que puxer o decreto –sentencia proverbial Feixóo, o apóstolo da cordialidade.
O que non ten consenso é porque non quere, como dixo o outro.

sábado, 23 de xaneiro de 2010

A situación actual do galego

Recollemos esta presentación do ENL do IES de Melide sobre a situación actual do galego.
Claro que a cuestión do idioma non se sinte no bandullo, senón na alma (para quen a teña)

Ferrín presidirá a RAG

Méndez Ferrín presidirá a Academia Galega
"Imos ser continuístas"

Máis reaccións á manifestación do 21 de xaneiro

Campaña de alegacións masivas contra o decreto da lingua
A CTNL reclama a fin das mensaxes negativas sobre o galego
"Está enrocado
A CTNL pide a fin dos discursos contra o galego
A silva que tapa o bosque
A voz da maioría silente
Os editores advirten das dificultades que introduce o texto
Educación xa valora manter o galego ao 50% ante a mobilización do ensino
A Deputación de Lugo alega contra a “clara desprotección do galego”
José Blanco valora a manifestación a prol do galego e reclama que a lingua "non divida"
'Alba de groria' segundo Feijóo
Consenso lingüístico

Entrevista a Fernando Ramallo, Lingüista

Entrevista a un lingüista e profesor universitario. Publicada hoxe na Nosa Terra

Como profesor universitario e lingüista, Fernando Ramallo centrou a súa obra no estudo do idioma no mundo empresarial, nos medios de comunicación e na planificación nos centros do ensino. Neste último campo é un especialista e como tal valora a situación actual do galego, así como o contido do borrador do decreto que vén de presentar a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Pensa que o galego está debidamente promovido nos colexios?
Atendendo aos resultados dos últimos trinta anos, sobre o papel, en aparencia, é suficiente. Na práctica non. Non se fixeron as cousas debidamente en ningún momento, a pesar dos textos legais, non houbo unha dinamización racional, programada e flexíbel.
Centrouse o esforzo na elaboración das normas en exclusiva ?
Houbo esforzos, a elaboración normativa foi completa e os datos sobre competencia lingüística melloraron grazas á norma, pero non houbo normalización.
Existe unha tradición legal que consagrou a Lei de Normalización, e que continuou Fraga e despois o bipartito, de promover o galego mediante a súa incorporación ao ensino como lingua vehicular. Pensa que era o camiño axeitado para cumprir a protección especial que sinalan o Estatuto e a Constitución?
Teño dúbidas sobre o papel do ensino na recuperación da lingua e que o modelo que se empregou durante trinta anos sexa o que precisamos na actualidade. Apostaría por un modelo distinto, dual, que fomente o bilingüismo e que consista en dar dúas semanas todo en galego e outras dúas todo en castelán. A proporción de tempo pode variar a prol do galego, pero esencialmente trátase de separar os idiomas, non os alumnos por idioma. Este sistema sería menos polémico porque os pais non elixirían o idioma e non haberá unha soa lingua no sistema educativo, senón as dúas, pero alternativamente.
É unha proposta novidosa, está contrastada?
Modelos duais existen en moitos países. Hainos nos Estados Unidos; son escolas soltas nas que ou ben hai un 50% do tempo para cada idioma ou un 90% dunha unha lingua e o 10% para a outra, pero durante ese tempo todo está na lingua vehicular: os libros, as circulares aos pais, as clases... todo.
E onde queda o inglés?
O idioma estranxeiro é o principal problema deste borrador. Hai experiencias trilingües en lugares como Frisia, mais require o voluntarismo dos pais e a capacidade dos ensinantes. Non estou de acordo con incorporar o inglés se non é a trinta anos vista porque non é útil para a maioría da poboación, require moito esforzo e só compensa a uns poucos. Eu manéxome en inglés, mais no meu contorno só teño un familiar que o precisa para traballar.
Entón está en contra.
Se se admite a flexibilidade do proceso, se se indica que é un obxectivo a longo prazo, tal vez, porque nese momento o galego pasa a estar á par co castelán. Iso dio explicitamente o decreto, que ningún dos dous idiomas pode ter máis tempo de clase que o outro. Este é o mellor decreto que podía redactar o PP urbano. A min non me gusta, sobre todo polo inglés.
Así o galego gañará falantes?
O ensino non está para gañar falantes, está para mellorar as competencias e as actitudes. O modelo sobre o que se construíu o prestixio do galego fixo fincapé na cultura, pero hoxe necesitamos prestixio socioeconómico. Hai que deixar de darlle tanta importancia ao ensino porque, en trinta anos, os logros son poucos. Precisamos que o galego se demande no mercado laboral privado, que teña recompensa coñecelo. Por que a xente quere saber inglés? En parte por snobismo e papanatismo, pero tamén porque é demandado nalgunhas profesións. En Catalunya o prestixio do idioma é maior e alí no 50% das ofertas de emprego privado piden catalán. En Galiza o 10%.
Pensa que hai marxe para modificar o decreto?
Desde logo, a elección das familias non o vai modificar porque é unha prioridade electoral, pero sería interesante que non sexa vinculante, senón que se tome en consideración como, por certo, xa acontecía co decreto que está vixente agora. Por outra parte, dando explicacións de que o inglés non é máis que un obxectivo a longo prazo, o galego queda co 50%, ao igual que o castelán. É certo que con este modelo desaparece a posibilidade de que alguén poda escoller todo o ensino en galego, pero iso obrigaría a dar a posibilidade contraria: todo en castelán. Convénlle ao galego abrir esa espita? O 56% dos vascos escolleron un modelo unilingüe en vasco, o 50% dos cidadáns das Balears estudan só en catalán e unha porcentaxe máis elevada fai o mesmo en Catalunya. Pola contra só o 28% dos valencianos estudan en catalán e o 23% dos navarros en vasco.
Poñamos por caso que o borrador saia adiante, non hai risco de que o galego sexa a lingua das marías, sobre todo na privada ou na privada concertada?
Risco existe, porque o decreto non o aclara, pero en Primaria obriga a que Coñecemento do medio ou Matemáticas sexa en galego. Nunca me gustou que fose a Administración quen definise o idioma das materias, penso que debe ser unha competencia do claustro. Certo que na privada poderán relegar o galego ás marías, pero son sete colexios. Da privada concertada, e especificamente a que depende da Igrexa, hai que lembrar que cumpriu a lei de forma bastante ampla.
Non parece pesimista.
O galego continúa en regresión, pero hai datos que permiten certo optimismo. Teño dúbidas do discurso de que está a perderse a transmisión interxeracional porque non se está a medir conxugando a lingua nai co idioma que se lle fala aos fillos. O 90% dos falantes de galego fálanlle aos fillos en galego. Despois está o factor dos neofalantes, temos que saber por que alguén se fai falante de galego. Hai razóns políticas, culturais, identitarias... Desde logo, un neofalante non ten por que ser nacionalista e hai casos de persoas que se deitan unha noite falando en castelán e que se erguen á mañá seguinte e comezan a falar galego. Hai que estudar eses mecanismos porque ese grupo é o mellor dinamizador lingüístico e transmisor do idioma.

venres, 22 de xaneiro de 2010

Manipulación informativa.2


Onte, milleiros de amantes do galego acudiron á manifestación de Queremos Galego.


Hoxe xa vedes o titular deste periódico, e na portada: Conjura contra el castellano.
E a foto?


Está claro que os talibáns de esquerdas e os talibáns de dereitas van xuntos da man. Os extremos tócanse. Os inimigos do galego poden estar contentos con estes actos (a queima da bandeira e a edición da portada).

Manifestación pola lingua na TVG

Aquí tendes a noticia da manifestación do telexornal do 21/1/2010, o día da folga convocada por Quermos Galego.

Eis o futuro



Eis o futuro.
Esta é a foto dos que amamos a lingua.
Dos que non construímos barreiras.
Dos que queremos o galego.
Esta é a foto dos que non temos prexuízos.
Dos que sentimos a terra que pisamos.
Dos que non odiamos ningunha lingua.
Esta é a foto dunha nena de cidade. Esta nena vai recibir case todas as clases en castelán. Verá a tele prácticamente sempre en castelán, lerá libros, periódicos, blogs,..., escoitará música, verá películas, xogará cos amigos,... e todo iso fundamentalmente en castelán.
Pero os pais, está claro aman o galego. E ensinaralle á mociña a que ela o queira tamén, e dentro dalgúns anos,... quen sabe? pode que ela sexa a secretaria xeral de política lingüística. E entón...

xoves, 21 de xaneiro de 2010

Manifestación pola lingua

Queremos Galego enche o Obradoiro
Decenas de miles de manifestantes contra o decreto sobre o uso do galego no ensino
A voz da multitude
Campaña de alegacións masivas contra o decreto da lingua
Xavier Vázquez: 'A Xunta quere evitar a politización do ensino'
A Xunta seguirá inmóbil

A voz da multitude
Malabares nos colexios
Monteagudo: "A adhesión á lingua é máis forte do que pensan"
O Obradoiro, ateigado
O ensino bótase á rúa en defensa da lingua propia de Galicia
Feijóo di escoitar á RAG pero obvia a mobilización
Clamor contra o “decretazo do PP” na marcha pola lingua máis unitaria
Un berro que mira ao futuro
Ducias de milleiros de persoas toman Compostela para defenderen a lingua
Outra mobilización histórica en defensa da lingua propia
Fotos:
Fotogalería I da manifestación de 'Queremos Galego' contra o 'Decreto do Plurilingüismo'
Fotogalería II da manifestación de 'Queremos Galego' contra o 'Decreto do Plurilingüismo'
Fotogalería III da manifestación de 'Queremos Galego' contra o 'Decreto do Plurilingüísmo'
Fotogalería IV da manifestación de 'Queremos Galego' contra o 'Decreto do Plurilingüísmo'
Fotogalería V da manifestación de 'Queremos Galego' contra o 'Decreto do Plurilingüísmo'
Queremos Galego: Manifestación do 21 de xaneiro
Queremos Galego: Manifestación do 21 de xaneiro
Compostela berrou alto, claro e en galego
A vaga de protestas a prol do galego tamén chegou ao blogomillo
Valoracions do PP:
Feixóo: 'Galiza seguirá sendo libre e bilingüe'
Rodríguez Miranda: 'Queremos Galego pretende impor a lingua'
Miranda (PPdeG) asegura que Queremos Galego "quere impor" a lingua e que moitos manifestantes foron "por presións"
Miranda di que o PP aplicará coa lingua "a vía do afecto" fronte á "imposición do bipartito"
Valoracións do PSOE:
'Esta protesta debe facer reflexionar a Feixóo'
Manuel Vázquez advirte do "berro unánime" contra o decreto do galego e convida a "reflexionar" para retiralo
Valoracións do BNG:
'A de hoxe é unha mobilización no ensino nunca vista'
Ana Miranda: 'En Bruxelas, tamén queremos galego'
Guillerme Vázquez avisa o presidente de que "canto máis tarde en retirar" o decreto, "máis contestación" social recibirá
Guillerme Vázquez instará á Educación a "retirar" o decreto nunha xuntanza
Outras valoracións:
UXT e CCOO pídenlle ao presidente que "tome nota"
A Mesa ve na mobilización do ensino un "punto de partida" ata que o decreto sexa "retirado"
A Mesa Pola Normalización insta a dimitir ao conselleiro de Educación

mércores, 20 de xaneiro de 2010

Críticas ao decreto contra o galego

Non se estudará abondo galego, din as universidades
A Mesa constata que a Xunta está ‘fóra da realidade’
Equipos de normalización ven no borrador 'o punto de partida' da desaparición do galego
A RAG lamenta que a Xunta insista en manter o borrador
'Galego, patrimonio da humanidade' súmase á folga
Cara a cara

Coaccións aos docentes pola folga

O BNG denuncia coaccións aos docentes pola folga
DOCUMENTO: Correo electrónico da Consellería de Educación aos profesores
O BNG denuncia coaccións aos profesores para que non acudan á folga

Xuristas din que o decreto é ilegal

A Nosa Terra:
Catedráticos e xuíces alertan da ilegalidade do decreto
DOCUMENTO: Análise xurídica crítica das Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia
Xornal de Galicia:
Un cento de xuristas ven "indicios claros de ilegalidade" no decreto

Manipulación informativa

No telexornal de onte á noite informan sobre a disposición do goberno ao consenso no asunto do decreto contra o galego logo da reunión coas distintas forzas sindicais. Pero non hai ningunha valoración dos sindicatos.
Despois destas novas poñen unha reportaxe estraña: "Os pais ven nas academias alternativa para que os seus fillos aprendan inglés". Todo o mundo sabe que este tipo de reportaxes emítense ao final dos informativos, non como neste caso, no medio do bloque de noticias políticas.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

martes, 19 de xaneiro de 2010

Xunta e PP comenzan unha campaña conxunta de ameazas ao profesorado

Éche o conto do mundo ao revés. A Consellería de Educación manda a todos os profesores un panfleto defendendo o decreto contra o galego, e a un tempo o PP comenza a rolda de ameazas e impedimentos ao profesorado que informa da folga nos centros de ensino.

Da carta da Consellería ao profesorado:

as bases están asentadas en tres principios: a aposta por un plurilingüismo efectivo; a garantía de equilibrio entre as linguas oficiais; e a potenciación da participación das familias....

O PP pide que os directores non deixen aos membros de "Queremos galego" repartir información. O TSXG, temos que volver a recurrir a el, xa declarara que nunca se pode restrinxir o dereito fundamental á información.

Outra vez, como cando foi do tema das enquisas ás familias,(sónavos o conto?) temos instalado o lío nos centros de ensino, e grazas a quen?


Da web do PPdeG:

O PPdeG informa tamén de que persoal docente dalgúns centros de Galicia está a amedrentar a algúns dos seus compañeiros para obrigalos a que secunden o paro convocado por algunhas organizacións.

O PPdeG pide ademais aos directores dos centros que impidan o acceso dos activistas de "Queremos galego" aos centros se é para repartir folletos ou ofrecer charlas políticas, e que garantan que os alumnos non estarán expostos ás reivindicacións destas persoas.




Unha Academia Galega real

por Pilar García Negro, política e sociolingüista, no Xornal de Galicia
Van aló máis de doce anos des que publiquei un artigo con este mesmo título. Nel, pedía a conversión da Real Academia Galega nunha Academia Galega real e realista, coa cabeza e a voz no país, cun san intervencionismo nas cuestións atinentes á lingua e a cultura galegas e unha desexábel incorporación á modernidade, entendida esta en termos de melloría na saúde da lingua galega e de pronunciamentos claros arredor destes temas. É por todo isto moi de agradecer que unha institución centenaria como ela estexa á altura das circunstancias, isto é, responda con concreción e clareza o requerimento da Xunta de Galiza verbo das chamadas “Bases para o Decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, nun tema como a lingua galega que é base, por súa volta, da existencia da propria RAG.
Varios aspectos de interese contén este informe académico. En primeiro lugar, a recordación non só do marco xurídico actual e da súa lexislación relativa á promoción da lingua galega, senón da xurisprudencia derivada de sentenzas e autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional, toda ela na dirección de ratificar, como non podería ser doutro xeito, a legalidade vixente (a necesariedade de coñecer o galego para que a tan pregoada igualdade exista). O mesmo diriamos da paralexislación, como a “Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias” ou o “Plan Xeral de Normalización”, ratificada a primeira polo Estado español en 2001 e aprobado o segundo por unanimidade do Parlamento Galego en 2004. En segundo lugar, a aclaración pedagóxica de como todos os idiomas se adquiren por inmersión: desde a socialización inicial até o eficaz método de aprender linguas diferentes da primeira do individuo. En terceiro lugar, a consideración de como a vontade unilateral de nais-pais non pode impoñer (subliñado noso) a ignorancia do galego, ou sexa, non pode suplantar a responsabilidade dos poderes públicos no tocante a garantir que o ensino funcione como un mecanismo socializador e igualitarista para todos os nenos-as do país, sen a introdución de elementos re-discriminadores. Finalmente, a Análise da Academia insiste, con razón, na improcedencia de vincular o futuro normativo da lingua galega a promesas eleitorais, que nunca deberan basearse en contravir a legalidade e moito menos en agredir un dos peares en que asenta o poder autonómico.
Benvida, pois, a RAG a unha coral polifónica ben necesaria!: a de miles de galegas-os e de organizacións para quen o “galego” non é un complemento circunstancial senón un substantivo irrenunciábel e así o levan manifestado reiteradamente. É tamén un motivo de satisfacción ler argumentos e exemplos hai moito tempo aducidos por quen isto escrebe, desde os distantes anos en que tiven a oportunidade de defender e publicar a tese de doutoramento relativa ao galego e ás leis. Que as autoridades da Xunta (trinta anos escasos) fagan caso esta vez da RAG (máis de cen). En ben delas e, sobre todo, do país, isto é, de todos nós

A RAG di que o decreto é sorprendente, ilegal e incomprensible.

A Nosa Terra:
A RAG lamenta que a Xunta insista en manter o borrador
Varela ve 'erros' no informe da RAG
Rueda: 'A RAG camiña cara á inmersión lingüística en galego'
Manuel González (RAG): 'O decreto transpira pouco afecto polo galego'
'A Xunta vese incapaz de introducir o inglés no ensino', di CC OO
Os sindicatos rexeitan un decreto 'irrealizábel'
As organizacións xuvenís coa folga do ensino
O PSdeG confirma o apoio á folga do xoves no ensino
Xosé Cabido (STEG): 'Na escola aprenderase menos'
Galicia Hoxe:
"Incomprensible e estraño"
Caamaño: "O inglés non está ao nivel do galego"
Mobilización "masiva"
Pronunciamento da RAG
Reaccións contundentes
Saír do envurullo
Vieiros:
O PPdeG mobiliza as súas bases para contrarrestar a forte oposición ao decreto
A principal confederación de sindicatos do ensino a nivel estatal apoia a folga contra o decreto
Cregos galegos maniféstanse a prol da lingua e censuran o silencio dos bispos
Cuatrilingüismo gaiteiro
Xornal de Galicia:
A Academia denuncia que o decreto de Feijóo pode vulnerar a legalidade
Roberto Varela cre que a RAG non vai na mesma "dirección" que a sociedade galega
Caamaño: “Non se pode tratar o inglés á par das linguas oficiais”
O BNG censura que o PP inicie unha "campaña de propaganda e manipulación" sobre o decreto
O PP queda só na defensa do decreto e anuncia que fará campaña a prol del
O sindicato FETE-UGT únese á manifestación do galego
Os últimos estudos indicaban un baixo cumprimento do decreto

luns, 18 de xaneiro de 2010

A Coordinadora de Equipos de Normalización tamén se posiciona


Preme aquí para ver o que di a CGENDL sobre o decreto

O decreto contra o galego

Eis o polémico decreto contra o galego. Por se alguén aínda non o consultara.
NOTA: Abstéñanse amantes do galego.

Análise do decreto contra o galego feito pola Biblioteca do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes

A RAG critica o borrador do decreto do galego

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Comparación da CGENDL do novo decreto co anterior

Un decreto contra a intelixencia

por Miguel Anxo Fernán Vello en Galicia Hoxe:

Non ben presentou o presidente da Xunta o chamado "Borrador do Decreto do Galego no Ensino", practicamente todos os sectores pensantes e actuantes na sociedade galega manifestaron a súa absoluta disconformidade con tal proposta gobernamental. Dende os sindicatos do ensino e as entidades pedagóxicas até a Asociación de Directores de Secundaria de Galicia e as organizacións culturais e sociais, pasando polo mundo editorial, creativo e intelectual do noso país, a proposta de Núñez Feijóo foi centro de todas as críticas -incluídas, obviamente, as dos partidos políticos na oposición, PSdeG e BNG (que suman xuntos 5.773 votos máis que o PP), o que significa para o propio Feijóo e os seus -e non todos, porque hai sectores do PP de Galicia tamén críticos co borrador do Decreto- teren que chantarse diante do espello do fracaso político e da soidade existencial. Porque até a grotesca galegofobia organizada -minúsculos niños activos de autoodio- deixou só ao presidente con este borrador que, polo que semella -pura teatralización carpideira-, non é do gusto dos seus tristérrimos adeptos. Mais hai algo que si se pode afirmar sen medo a caermos en erro ningún: a intelixencia de Galicia -ou, se prefiren vostedes, a intelligentsia- está claramente en contra do posíbel decreto feijoniano. Está en contra a intelixencia ética, aquela que ten por obxectivo facer funcional a interacción entre o medio e a identidade profunda do individuo, e están en contra a intelixencia cultural -a que procura solucións sustentábeis e creativas- e a intelixencia académica, esta última no seu sentido máis amplo. ¿Pode e debe un presidente e o seu Goberno actuar contra a intelixencia do país que administra? Se así o fai, será un erro maiúsculo. Un erro que, tarde ou cedo, se acabará pagando. Por iso Feijóo -"a intelixencia é a capacidade que se ten de aceptar o que está ao redor" (William Faulkner)- debería escoitar o que di a maioría intelectual, académica, política e social, e retirar o borrador contra o galego.

A RAG pronúnciase sobre o decreto

Preme aquí para ver a Análise da RAG do decreto
A Nosa Terra:
Manuel González (RAG): 'O decreto transpira pouco afecto polo galego'
A RAG ve no borrador do decreto 'unha involución' do galego
Xosé Fuentes (CC OO): 'O decreto fai dos centros educativos lugares conflitivos'
CC OO tamén se suma á folga contra o decreto do galego
Caamaño: 'Non se pode tratar o inglés como as linguas oficiais'
A Xunta non consulta o decreto con Queremos Galego
A AELG apoia a folga no ensino
O BNG leva mocións aos concellos contra o decreto do galego do PP
Galicia Hoxe:
A RAG critica no seu informe sobre o decreto do idioma que provocaría un "retroceso no proceso de normalización da lingua galega"
Os días adversos
Vieiros:
A RAG péchalle a porta ao 'decretazo'
Xornal de Galicia:
A RAG ve "inaceptable" e "inconsistente" o borrador do novo decreto
O BNG insta os concellos a pedir a retirada do novo decreto do galego

sábado, 16 de xaneiro de 2010

A Xunta iniciará unha rolda de contactos sobre o Decreto do galego

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

A oposición pide a retirada do proxecto de Decreto do galego

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Tesoiras contra o galego

Antón Patiño, artista plástico, no Xornal de Galicia
Seica veñen coas tesoiras a recortar o ensino en galego. O que está a argallar a Xunta con relación ao galego incomoda moito: a piques de xerar un conflito social coa cuestión da lingua. Botando leña ao lume (nunha polémica artificial). A dereita cosmopailán actúa cunha manifesta irresponsabilidade nun tema fráxil e decisivo. Dá a sensación de que se meteron nun charco que eles mesmos crearon. Poden pasar a historia coa carga do desencontro institucional co idioma. Unha lingua minorizada coma o galego, nun contexto de diglosia que ameaza con fagocitala, precisa do apoio institucional e social. O que lle presta o Estatuto e o marco constitucional: calquera limitación neste eido é negativa cara a supervivencia do idioma.
A estratexia da ruin actitude galegófoba seica é interrompir a transmisión xeracional. De aí a teima primeiro contra as galescolas (un nome fermoso que cómpre recuperar en canto poidamos) e logo a todo o ensino. Que un dos proxectos políticos hexemónicos do actual Goberno xurda a partir dunha desfeita do tecido de protección da lingua autóctona representa un feito dunha gravidade insólita. Para lembrar unha actitude así teriamonos que nos remontar á ditadura: á xenreira contra a lingua.
Con patéticas chambonadas e propostas de segregación. Con labirínticos manuais de instrucións dunha educación á carta. Ás veces figura que o trato que se lle está a dar ao cidadán galego é propio dunha opaca campaña de contrapublicidade: como as que exercen as compañías de móbiles nalgúns intres. Trucos para agochar á intención real. Figura o triunfo da razón cínica. Cómpre defender posicións e amosar dunha vez aos que están contra o ensino do galego que afortunadamente son minoría entre nós. Por isa razón coidamos xustificada a convocatoria do 21 de xaneiro. Para que sexa unha nova expresión colectiva de amor ao galego (como as anteriores) con milleiros de persoas en defensa da fala e do marco de protección que precisa.
Cómpre a retirada do decreto-ameaza

16/1/2010

A Nosa Terra: A RAG remítelle á Xunta o informe sobre o decreto do galego
A Nosa Terra: CC OO tamén se suma á folga contra o decreto do galego
A Nosa Terra: 'A lingua non se vende'
A Nosa Terra: A CTNL denuncia 'numerosos problemas' nos cursos Celga
A Nosa Terra: As universidades rexeitarán o decreto do galego do PP o venres
Galicia Hoxe: En positivo
Galicia Hoxe: "Deixe de camiñar con radicais"
Vieiros: 'Goberne quen goberne, a lingua non se vende'
Vieiros: Todas as asociacións estudantís rexeitan o decreto do galego
Vieiros: UXT remite a Educación 18 emendas ao decreto
Vieiros: Solidariedade portuguesa coas protestas contra o borrador do decreto
Xornal de Galicia: O director do CGAC ten que falar galego, o do CDG non
Xornal de Galicia: Educación prioriza aos ‘galegófobos’ nos contactos