O 2012 debería pasar á historia por ser o ano no que houbo dous Días das Letras Galegas. O primeiro celebrouse, como todo o mundo sabe, o 17 de maio e estivo centrado arredor da figura de Valentín Paz Andrade. Así durante estes doce meses houbo congresos, conferencias, declarcións institucionais, editáronse libros,....; en fin, toda clase de actos que fixeron de Paz Andrade un dos grandes protagonistas do universo cultural galego. Pero o que quero destacar aquí hoxe é que houbo unha segunda figura que acaparou boa parte deste universo: Celso Emilio Ferreiro. A súa traxectoria e a súa obra foron tamén obxecto de traballos, edicións, conferencias,... E, posiblemente sen pretendelo, tivo o seu día, eis o segundo Día das Letras. Tal foi o éxito da iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), #recitandocelsoemilio do pasado 12/12/12 ás 12 do mediodía.
30.000 recitacións simultáneas do poema Deitado frente ao mar, desa reivindicación da lingua galega e, sobre todo, do seu uso non é máis que unha pequena parte do que representou esa xornada. O recitado foi a desculpa perfecta para que nos centros escolares se realizaran centos de actividades nunha data ben complicada pola carga de traballo e exames nas proximidades da primeira avaliciación do curso.
Nos vindeiros días veremos a publicación dalgunhas desas actividades e que servirán de retroalimentación nese proxecto de construción dun coñecemento e dunha identidade baixo a éxira dunha novísima CGENDL da que un se pregunta como é posible que hai pouco máis de tres anos poidésemos vivir sen ela.
A parte negativa da cuestión vén, coma sempre, da mesma beira. A Xunta non fixo ningunha aportación para celebrar o acto colectivo de recitado público do poema de Celso Emilio. Nin un chío na conta de twiter, nin unha anotación no perfil de facebook, nin unha referencia no listado de noticias da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pois debe servir únicamente para eventos sociais como a asistencia do secretario xeral á Festa do Pan de Neda ou ao San Marcos de Lamela. Tampouco atopamos a máis mínima mención do #recitandocelsoemilio no apartado de Equipos de Normalización. Para que están os catro coordinadores provinciais dos ENDL?
E no colmo dos colmos á Consellería de Educación non se lle pasou pola cabeza a idea de usar o Boletín Informativo que lle envia cada poucas semanas a todo o profesorado de Galicia para anunciar a iniciativa da CGENDL. O certo é que, repasando o histórico dese boletín prácticamente non hai ningúnha referencia á normalización o cal é moi indicativo do lugar que ocupa este labor dentro do seu proxecto educativo.
Visto isto último, podemos entender por qué no 2012 só houbo dous Días das Letras.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Valentín Paz Andrade b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valentín Paz Andrade b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 16 de decembro de 2012
venres, 18 de maio de 2012
Recompilación Día das Letras 2012
É moi fácil perderse no Día das Letras. Para ter as cousas un pouco ordenadas, vai aquí unha recompilación ordenada do que se xerou arredor deste 17 de maio do 2012
Iniciativas temáticas
Valentín Paz Andrade. Web oficial
Valentín Paz Andrade. Letras 2012 Extraordinaria recompilación de recursos da CGENDL
Todas as letras do Día das Letras . Edición do 50 aniversario do Día das Letras RAG
Como se creou o 17 de maio. artigo RAG
A primeira actividade do Día das Letras no 1963. RAG
50 carteis para 50 anos. RAG
Día das letras galegas 2012 (16/05/2012) especial Cultura.org
#Vitaminas para o galego. Web da campaña de Vitaminas para o galego co gallo do Día das Letras 2012
Agasallo para o mundo Iniciativa de Galegolab, ver vídeos
WebQuest e medrando co xornal Galicia. Dúas iniciativas da Fundación EducaBarrié
Valentín Paz Andrade na CRTVG
Valentín Paz Andrade. Canle temática da TVG
Valentín Paz Andrade: verbas e feitos I (15/05/2012) documental emitido pola TVG
Valentín Paz Andrade: verbas e feitos II (16/05/2012) documental emitido pola TVG
Especial Día das letras (17/05/2012) do Diario Cultural da Radio Galega
O escritor Tucho Calvo recorda a Paz Andrade no Día das Letras (17/05/2012) entrevista no programa Bos Días da TVG
Especial Paz Andrade (17/05/2012) programa Zigzag diario da TVG
Artigos de opinión
Pola lingua que nos une, vaiamos a Compostela (15/05/2012) por Mariló Candedo, en Praza
Fai teu o galego! (16/05/2012) por Carlos Callón, artigo gañador do VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012 en Tempos Dixital
El veloz murciélago... (16/05/2012) por Alba Cid Fernández, Accésit no VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012, en Tempos Dixital
Doodle e Making Off (16/05/2012) por Begoña Outeiro en Praza
O dereito do pobo galego (16/05/2012) artigo de opinión de Marta Dacosta en Sermos Galiza
Por unha festa das Letras laborable (16/05/2012) artigo de opinión de Eduard del Castillo Velasco en Sermos Galiza
A catro columnas (16/05/2012) artigo de opinión de Mariña Pérez no Galicia Confidencial
Reivindicar, festexar, vivir o galego (17/05/2012) Editorial do Praza
Réquiem polo "xornal" de Galicia (e epílogo esperanzado) (17/05/2012) por Jorge Melero de la Calle en Praza
De Navia ata o Brasil: o mapa do idioma segundo Paz-Andrade (17/05/2012) artigo de Montse Dopico no Dioivo
Noticias
Representantes do tecido sociocultural de Compostela apoian o pleno uso do galego en todos os ámbitos (15/05/2012) artigo en Sermos Galiza
A esquizofrenia do galego (15/05/2012) no Dioivo
Parabéns ao pobo galego no 50 aniversario do Día das Letras, desde o Parlamento Europeo (16/05/2012) nova na RAG
O fiscal superior da Galiza reclama ''que a RAG se proxecte por riba da literatura'' e defenda o galego no eido xurídico (16/05/2012) artigo en Sermos Galiza
Quen nos recortou as letras? (16/05/2012) O Carrabouxo
A xustiza desautoriza o concello e dá os permisos necesarios para a manifestación do Día das Letras (16/05/2012) artigo en Sermos Galiza
O BNG exixe ao PP que rectifique a súa política lingüística (16/05/2012) artigo no Sermos Galiza
A lingua galega fai dous anos exiliada das ciencias na escola (16/05/2012) artigo en Praza
Manifestación 'Paremos os ataques contra o galego' (17/05/2012) fotos en Praza
Sermos Galiza. Número especial de saída (17/05/2012) en pdf
A porcentaxe de nen@s monolingües en galego caeu nun 10% en cinco anos (17/05/2012) artigo en Sermos Galiza
Milleiros de persoas secundan a convocatoria de Queremos Galego contra os ataques ao idioma do País (17/05/2012) artigo en Sermos Galiza
A lingua galega vence os mitos das cidades (17/05/2012) artigo en Praza
O amor pola lingua asolaga Compostela (17/05/2012) artigo en Praza
17 Vitaminas para os medios e para a lingua (17/05/2012) artigo en Praza
O día das Letras celébrase nas rúas... e na rede (17/05/2012) artigo en Praza
Feijóo pide un galego "que non separe", a oposición ínstao a cumprir a lei (17/05/2012) en Praza
O Vigo de Paz-Andrade centrou os actos oficiais do 17M (17/05/2012) en Praza
Paz-Andrade, político: a loita por unha "Galicia autónoma, señora de si" (17/05/2012) en Praza
Agustín Fernández Paz: "Queren facer do galego unha lingua invisíble" (17/05/2012) artigo en Galicia Confidencial
Ferrín, Vence, Villares, Alonso Montero, Rivas e Barreiro honran a Paz Andrade en Vigo (17/05/2012) artigo no Galicia Confidencial
Vitaminas globais para os medios en galego (17/05/2012) artigo en Galicia Confidencial
O pensamento de Valentín Paz-Andrade revive en Vigo nas Letras da crise (17/05/2012) artigo no Dioivo
"A lingua deste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel" (18/05/2012) inclúe vídeo de Praza

xoves, 17 de maio de 2012
De Navia ata o Brasil: o mapa do idioma segundo Paz-Andrade
por Montse Dopico, no Dioivo:
O mapa do idioma de Camões e Rosalía exténdese a catro continentes. É a terceira en importancia entre as linguas neo-latinas. Despois do inglés e do castelán, é a falada por maior número de persoas no hemisferio austral. Pero os datos reveladores da expansión que alcanzou palidecen ante os que permiten deducir o desenvolvemento futuro do mesmo fenómeno. Abonda ter presente o índice de acelerado crecemento demográfico e económico de Brasil, e valorar o seu porvir como potencia mundial, para comprender que un auxe paralelo experimentará o censo dos que falan o idioma galego-portugués en América. E non só o censo directo. Imperativos de orde económica e cultural abriranlle cada día maiores cauces para o intercambio, nos países anglosaxóns. Ten, por tanto, brillantemente asegurado o seu destino entre os grandes idiomas atlánticos". Son palabras de Valentín Paz-Andrade, recollidas no seu libro 'Galicia como tarea' (1959). O homenaxeado neste 17 de maio concibía o galego e o portugués como dúas variantes dunha mesma lingua.
mércores, 16 de maio de 2012
A catro columnas
por Mariña Pérez, no Galicia Confidencial:
Porque non todos os mortos son iguais nin todas as necrolóxicas teñen o mesmo valor. Algo así debeu pensar Paz Andrade cando desobedeceu as normas ditadas polos franquistas co gallo da morte de Castelao: as novas sobre o pasamento do “separatista” debían darse a unha soa columna en páxinas interiores, sen destacar a personalidade política do falecido agás para dicir que fora errada e que esperaba a misericordia de Deus (sic). Por suposto, só se podía falar da súa faceta como debuxante e caricaturista. (Que pobreza de intelecto censor, pensar que o Castelao debuxante non tiña perigo ningún, total, unhas raias pintadas e catro caricaturas choqueiras…)
A apócema máxica
Simpática curta en vídeo realizada por alumnas de 6º C do CEIP Rosalía de Castro para o concurso "Receitas para a lingua" convocado co gallo das Letras Galegas 2012, adicadas a Valentín Paz Andrade
luns, 14 de maio de 2012
A biografía de Paz Andrade por Xan Carballa
Xa dera conta da noticia aquí mesmo, pero moito mellor escoitar directamente a Xan Carballa quen con completa claridade e orde nos ofrece a biografía de Valentín Paz Andrade. Ésta pode ser a mellor forma de introducirse na figura do escritor homenaxeado no Día das Letras neste 2012.
domingo, 13 de maio de 2012
Valentín Paz Andrade, na luz e na sombra
Sábado 12 de Maio. Sala de Exposicións Novagalicia Banco da Estrada. Nun acto organizado pola Asociación Cultural Vagalumes, Xoán Carlos Garrido comenzou falando de Castelao, quen desde o exilio sinalou a Valentín Paz Andrade como o ideal secretario do Partido Galeguista no interior. Foi todo un acerto esta escolla, pois a partir deste punto de partida Xan Carballa debullounos un exhaustivo repaso pola biografía de Paz Andrade, insistindo sobre todo na continuidade do seu labor politico desde os anos 20 ata os 80. Neste sentido, Xan Carballa indicou que ao falar de Valentín insístese moito no seu aspecto empresarial, en detrimento doutras facetas vitais: o seu traballo profesional como avogado, a traxectoria política e periodística ou mesmo a literaria.
Relatar todo o que contou Xan Carballa sobre Valentín Paz Andrade sería facer unha escolma exhaustiva da biografía que escribiu para Galaxia, polo que só vou destacar un par de ideas.
En primeiro lugar, volvendo a Castelao, cando éste morre o silencio que se impuxo sobre esta noticia foi sepulcral (nota aparte: agora a ese tipo de silencio chámaselle pax lingüística); apenas houbo algunha nota marxinal, un mes despois da súa morte, dando noticia dun funeral. Neste contexo Paz Andrade foi o encargado de escribir un artigo sobre pasamento que se publicaría na portada de La Noche. A pesar de que se tivera o coidado de acompañalo doutro titulado "Ancha es España", a revista foi expedientada por incumprir a normas da Dirección Xeral de Prensa.
Outro punto, no que Xan Carballa insistiu moito, é a incorruptible defensa da autonomía de Galicia que Valentín Paz Andrade mantivo durante toda a súa vida. Desde os primeiros momentos, no 1931 cando apoia coa súa sinatura xunto con Vicente Risco o Anteproyeito de Estatuto da Galiza redactado por Carvalho Calero, Lois Tobío e Alexandre Bóveda ata finalmente nos anos 80 cando fai unha dura crítica de como se estaba a construir o proceso autonómico galego, aferrollado polo centralismo.
Por rematar tal e como empezamos, non está de sobras lembrar a biografía que Paz Andrade fixo sobre o seu irmán maior, "Castelao na luz e na sobra". Obra fundamental para recuperarmos a nosa historia e a nosa identidade.

domingo, 6 de maio de 2012
Valentín Paz Andrade. Presentación na Estrada
O vindiro sábado 12, ás 20:00, presentación dos libros de Xan Carballa sobre Valentín Paz Andrade. Proxección do vídeo 'Valentín Paz Andrade, biografía contenciosa'
venres, 4 de maio de 2012
Valentín Paz Andrade no Correlingua
Ano 1985, segunda edición do Correlingua. Valentín Paz Andrade participando.
xoves, 3 de maio de 2012
Valentín Paz Andrade. Recursos desde a CGENDL
Merecendo cando menos o que a ninguén lle debemos, o que naceu con nós, o que só nós trouxemos ao mundo; dispostos a non deixarnos despoxar, despersonalizar, desgaleguizar endexamais.
Galiza pode progresar, sobre todo na economía, se acredita no seu idioma e tende pontes co sistema internacional que orixinou.
Así é como a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) presenta a súa escolma de recursos para traballar e coñecer mellor a figura de Valentín Paz Andrade: Materiais didácticos, Para saber máis, Bibliografía, Videoteca, Fonoteca, Actividades nos centros, Arredor de Valentín Paz, Ligazóns.
Xunto a toda esta recollida de traballos e información, a CGENDL propón unha serie de accións arredor da figura do homenaxeado no Día das Letras deste ano co obxectivo da normalización no ámbito empresarial.
Tamén é iniciativa da CGENDL a convocatoria do premio Leixaprén á defensa e promoción da lingua galega. Na edición deste ano, que por primeira vez é responsabilidade da Coordinadora, premiarase a unha entidade empresarial.

venres, 20 de abril de 2012
Pousavasos pola lingua
5000 pousavasos como o da imaxe serán repartidos por toda a comarca do Barbanza. O deseño utilizado foi escollido nun concurso no que se presentaron moitos traballos [1] e [2]
É unha das iniciativas do ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo. Moi orixinal e que ademais pode entenderse perfectamente desde a aposta feita desde a Coordinadora Galega de ENDL de aproveitar a vinculación da figura de Valentín Paz Andrade co mundo empresarial.
Non é a única acción deste tipo promovida desde ENDL. Teñen feito pegatinas, cartaces para repartir entre as empresas da contorna do instituto, unha ficha de traballo para que o alumnado observe e reflexione sobre o uso das linguas na empresa, diplomas de recoñecemento a establecementos do seu compromiso co galego e mesmo un vocabulario gastronómico para que poida ser aproveitado para a confección das cartas dos restaurantes.
Toda unha restra de iniciativas a ter en conta para calquera equipo de normalización. Ou, dito en plurilingüe, todo un brainstorming de propostas.

mércores, 4 de abril de 2012
Telexornal Paz Andrade
Telexornal sobre Valentín Paz Andrade. Unha forma orixinal e moi ben realizada desde o CPI Os Dices de Rois
Vía Fala Londres
venres, 20 de xaneiro de 2012
Un web para Celso Emilio e un botón para Valentín Paz Andrade
Este ano celébrase o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. A fundación que leva o seu nome pretende, desde este atractivo espazo-web, 'contribuír a difundir o seu extraordinario legado así como dar a coñecer as actividades programadas para este acontecemento único e irrepetible'.
Esta páxina é unha fonte de recursos moi ben organizada, clara, e con achegas de todo tipo.
Este ano celébrase o Día das Letras na honra de Valentín Paz Andrade. Presentouse hai pouco o web oficial deste avogado e empresario multifacético, pero, tal e como comenta Carlos Callón, as gadoupas do lobo andiveron por alí e nese espazo fixeron a peor ferida que podían e deturparon o pensamento de Valentín encol da lingua destacando na portada do web unha cita tan perversa como a mente que alí a colocou. Descontextualizada, a cita escollida parece que está defendendo o funesto decreto de plurilingüismo, ou incluso o máis funesto borrador do mesmo. Por iso, eu propóñolles esta outra, que ten a ventaxa de que si parece de Valentín Paz Andrade de principio a fin:

Mentres, polo si ou polo non, como visita recomendada para coñecermos mellor a Paz Andrade, esta escolma de recursos na arañeira. Para mostra, un botón."¿O galego ha de seguir mantendo unha liña autónoma na súa evolución como idioma, ou ha de pender a máis estreita similaridade co-a lingua falada, e sobre todo escrita, de Portugal e-o Brasil. [...]. A ninguén se lle oculta que, da parte da Galiza, hai a gañar moito máis que a perder si a relación entre a unha e outra fala se avivece e sostén"
luns, 13 de xuño de 2011
Don Valentín Paz-Andrade
por J. V. Domínguez, no Xornal:
Alá polo ano 1982, tiven a sorte de manter unha relación persoal, sobre todo epistolar, con don Valentín Paz-Andrade. Xa tivera a honra de coñecelo dez anos antes, cando a botadura dun barco factoría da empresa Pescanova, no que eu estaba enrolado.
Naquela andaina do 1982, ocupaba eu a subdirección xeral de Pesca e portos pesqueiros daXunta de Galicia, cando fun convidado a unha charla que daba don Valentín preto de A Coruña. Presenteime a el e, a partir daquela, comecei a escribir con asiduidade na revista Industrias Pesqueras. Foi para min moi gratificante e sobre todo encheume de confianza cando recibín unhas notas asinadas por el na que me animaba a escribir e remataba cunha inmerecida loanza dos meus artigos sobre temas pesqueiros e marisqueiros: “...le felicito por la brillantez de la exposición de sus artículos y el acierto en todo su desarrollo. Su amigo V. Paz-Andrade”
Recibir tal gabanza do home que máis sabía de pesca e asuntos pesqueiros de Europa, ademais do bo escritor que el era, deume motivo para celebralo coma unha festa ademais de lle mostrar a carta, (coma quen non quere a cousa), a algún ca outro compañeiro. Tamén hei dicir que a puxen a modo de apéndice do meu primeiro libro Con el sol por la popa, no que recompilaba moitos dos artigos publicados na súa revista.
Escoitar a don Valentín, daquela que os da miña xuventude pouco ou nada coñecíamos da verdadeira historia dos homes que quixeron facer grande a Galicia, era como descubrir un novo sentimento de amor a nosa patria. Falaba da Xeración Nós, do xornal Galicia ou de Industrias Pesqueras, coma quen conta cousas da súa familia.
É que Galicia e todo o que con ela puidese estar relacionado, formaba parte desa patria íntima que sempre defendeu; unhas veces aportando a súa sapiencia contribuíndo á redacción de primeiro estatuto de autonomía de Galicia, cando outras desde a participación política a través do cariño e permanente saudade que sentía polo Partido Galeguista ou desde calquera das tribunas periodísticas como Xan Quinto e outros pseudónimos en tempos de pasadas tebras.
Por iso, agora que se actualiza o recoñecemento a don Valentín non podo deixar de darlle as grazas polo seu agarimo, mesmo cando aplicaba supostas verbas de Kipling os seus queridos capitáns, neste caso do meu pobo: “Capitáns de Palmeira, para Kipling forxados”, dicía don Valentín que así o tiña dito o inglés. Así é como recordo a don Valentín, sempre tan cordial, tan afectuoso, tan nobre persoa...
Lémbroo lixeiramente contrariado unha soa vez cando me contaba cousiñas referidas a certo persoeiro do seu tempo de loita, daquela inesquecible xeración que tanto ser lle deu a Galicia. “Xa ve meu amigo, sonlle cousas da debilidade humana”, rematou xustificando con elegancia o comportamento postremo, lixeiramente servil, daquel seu compañeiro.
Xa era tempo de lle dedicar a este home de ben o día das Letras Galegas pois, na pluralidade da súa obra, sempre aflorou o máis fondo sentimento da súa indiscutible galeguidade. Parabéns a quen tivera o acerto de propoñelo e aos que asentiron coa proposta.
domingo, 12 de xuño de 2011
Valentín Paz Andrade como tarea
por Ramón Villares, presidente do CCG, no Xornal:
Na biografía intelectual de V. Paz-Andrade sobrancea un libro publicado en Bos Aires, na editorial Citania, que leva por título Galicia como tarea (1959). No seu prefacio aseveraba que para el Galicia non era “algo que nos ha sido dado irremediablemente hecho y, en parte, contrahecho”, senón que Galicia se debería entender como “algo que hemos de hacer, o rehacer, todos los días”. Era todo un programa económico e material, pero tamén cultural e espiritual. Un programa propio dunha persoa de reflexión e de acción, que estaba atenta ás correntes intelectuais do seu tempo e que teimaba en aplicalas á realidade galega. Pasou máis de medio século e aquela idea forte segue en pé. Pero agora, como figura central do Día da Letras Galegas de 2012, ábrese unha nova tarefa, que é a de repensar e mesmo imaxinar Galicia da man deste autor e da súa fecunda biografía.
A figura de Paz-Andrade permite revisitar un capítulo esencial da cultura galega como foi o xornalismo, como práctica profesional e como concepción empresarial. É ben sabido que o xornal Galicia (1922-1926) foi un exemplo de publicación moderna, independente e galeguista, que se distanciou claramente da prensa de partido ou dos diarios de avisos e comerciais, tan frecuentes aínda naquela época. O moderno xornalismo galego ten neste diario un precedente, ademáis, pola calidade dos colaboradores que nel se reuniron, desde Castelao ou Vicente Risco ata Otero Pedrayo ou Blanco Torres. Esta vocación pioneira de Paz-Andrade tivo continuidade no xornalismo profesional, como é a revista especializada Industrias Pesqueras, cabeceira fundada en 1927 e que felizmente aínda segue viva, como un raro exemplo de lonxevidade nun campo de tan difícil supervivencia.
Pero a longa vida desta revista non é realmente unha casualidade. Expresa a verdadeira paixón de V.Paz-Andrade polos asuntos pesqueiros e, máis amplamente, polo mundo do mar. Ten mérito que nunha terra de esmagadora hexemonía da terra como lugar de traballo e mesmo de identidade, houbera persoas que reclamasen protagonismo para o mar. O mar foi a gran novidade da historia galega do século vinte, como motor dunha revolución industrial moderna baseada na pesca e na conserva, e como camiño de ida e volta dos fluxos migratorios entre Galicia e América. A esta chamada do mar responderon empresarios conserveiros e navais, pero tamén técnicos que foron quen de pensar e de analizar as potencialidades da pesca. Neste campo, Paz-Andrade foi o perito máis sólido, como o acreditan non só os seus textos sobre cuestións pesqueiras, senón a súa condición de experto da FAO e a súa participación na fundación da gran multinacional galega Pescanova, a máis perenne aposta do empresario Xosé Fernández López e a máis acaída plasmación das ideas de Valentín Paz-Andrade.
Home da comunicación e da empresa, tamén merece ser revisitado como activo político nas campas do galeguismo autonomista da preguerra, como un teimudo resistente na longa ditadura franquista e como unha voz da lexitimidade republicana nos tempos da transición democrática. Mantivo intensas relacións co exilio e frecuentou a amizade de moitas das súas figuras, desde Seoane e Dieste ata Blanco-Amor ou Lorenzo Varela. Alén diso, foi un atinado ensaísta e un notable escritor. Ensaísta en materia económica e pesqueira, foi tamén biógrafo de dúas figuras descomúns como Valle-Inclán e Castelao, expresión da súa concepción de Galicia como “nodriza” de dúas grandes literaturas. Moi innovadoras son as contínuas reflexións de Paz-Andrade sobre as necesarias relacións entre Galicia e a cultura de expresión luso-brasileira, á que se achegou de forma sistemática e á que dedicou algunha das súas obras maiores, como é o seu ensaio sobre A galecidade de Guimarâes Rosa, un dos grandes da literatura brasileira do século XX.
Para o ano 2012, pero xa desde agora, ábrese unha tarefa especial, que é a de retornar sobre obras e accións deste home singular da Galicia do século XX que foi Paz-Andrade. Revisitar os seus ensaios e biografías axudará a entender como de actuais son algunhas das súas reflexións. Achegarse ás súas iniciativas empresariais permitirá ollar un tempo en que economía e cultura andaban de parcería. E reparar no seu estilo vital, de home tenaz e talentoso, aberto ao mundo pero sen abdicar do compromiso coa súa terra e coas súas xentes, será un espello en que se poidan mirar as novas xeracións que viven nun tempo en que tampouco nada lles é dado, no que todo ha de ser conquistado. Como lle aconteceu a devanceiros como Valentín Paz-Andrade, que quería “rehacer Galicia todos los días”.
venres, 10 de xuño de 2011
Co "Galicia" de Paz Andrade
por Pedro Rielo, no Galicia Hoxe:
Nun dos primeiros números do xornal Galicia, dirixido por Paz Andrade, atópase, entre a novela de Rosalía de Castro, El caballero de las botas azules, o anuncio dunha confitería na que se pode tomar un bocadillo de xamón e unha copa de Rioja por 75 céntimos. Non é algo casual a relevancia da publicidade e na que se fai uso de simpáticos pareados: "Se queres beber bon viño, pide sempre Río Miño". Anúnciase tamén a chegada de varias motos Harley-Davidson ou dos ómnibus Dogde Brothers con capacidade para 13 persoas e con arranque electrónico.Xunto a eses anuncios moi visuais e directos, aspectos moi prácticos; así, por exemplo nos catro anos de andaina do xornal, aparecen os horarios dos autobuses, dos vapores Vigo-Cangas, as horas de misa...
Hai seccións que abranguen a situación internacional recollida en Avances Telegráficos, tamén a Crónica Municipal onde se trata a necesidade de contar cun parque en Castrelos, a falla de auga, os problemas dos pescadores e o, xa daquela, atraso histórico das comunicacións.
Ese compromiso, a defensa dos trens de ferro, custoulle ao polígrafo de Lérez a cadea en Vigo que deu pé a un amplo movemento de solidariedade no que, entre outros, os traballadores dos tranvías abriron unha subscrición de 10 céntimos por doador para liberalo. A cabeceira continuou ofrecendo información pero tamén opinión con autoridade como a de Vilar Ponte que escribe sobre a situación da muller ou a dun novísimo Filgueira Valverde, un dos candidatos a ser homenaxeado co Día das Letras, que saúda a importancia dunha universidade galega cun sonoro: "¡Ave alma mater!".
Remexo con curiosidade os exemplares deste xornal moderno e comprometido que saíu á rúa un 25 de xullo de 1922 para definirse como "liberal, independente e galeguista" e nótase que segue a dobre pegada de El Sol no eido literario e no aspecto máis combativo sitúase como herdeiro deLa Zarpa, dun Basilio Álvarez entusiasmado por este proxecto de curta vida.
A nómina de colaboradores inclúe a Otero Pedrayo, Cuevillas e no apartado gráfico a Cebreiro, Maside e, por enriba de todos, a Castelao que fai unha radiografía da actualidade con esa fonda capacidade para abrir os ollos sen deixar á beira a retranca cun punto de idealismo. Nunha caricatura aparecen varios raparigos xogando ao fútbol e baixo o debuxo, a explicación: "Así chegaremos a ter máis futbolistas... e máis zapateiros". O autor das Letras 2012 atravesou moitas dificultades, pero tamén de azos como os que representou Galicia, un xornal na marxe de localismos bocamangas.
Eran os anos nos que se vestía con sombreiro, nos que en Caldas vendían máquinas de escribir que eran campioas do mundo de resistencia e onde as pingas de tinta dunha Remington eran o mellor bautismo literario..
mércores, 8 de xuño de 2011
Valentín Paz Andrade
por David Balsa, no Xornal:
A Real Academia Galega acaba de facer pública a decisión de adicar o Día das Letras Galegas 2012 a Valentín Paz Andrade. Este acordo permite facer, aínda que tardiamente, un pouco de xustiza a unha das figuras claves da Galicia do século XX. Dende logo o noso país non sería o mesmo sen a contribución de persoeiros de primeiro nivel coma Castelao, Otero Pedrayo ou Paz Andrade en circunstancias ademais extremadamente difíciles.
A súa traxectoria política ven marcada por ser un dos principais impulsores do Partido Galeguista e redactor do Estatuto de Autonomía do 1936, e despois como un dos referentes senlleiros do galeguismo no interior do país e punto de enlace co galeguismo do exilio liderado polo seu amigo Alfonso Daniel R. Castelao durante a ditadura franquista.
Na longa noite de pedra da ditadura, Paz Andrade foi detido e desterrado en varias ocasións pola súa permanente defensa dos intereses da súa amada Galicia. Neste eido o seu pensamento refléxase en textos coma Galicia coma Tarea publicado no 1959 ou na súa obra poética, era membro da xeración do 1925, na que destacan Pranto Matricial no 1954 ou Sementeira do Vento no 1968. Ao mesmo tempo esta intensa actividade política e literaria compaxinouna cunha vocación empresarial que foi decisiva para o crecemento e a expansión internacional de Pescanova, a multinacional pesqueira galega, da que chegou a ser vicepresidente. Este compromiso co mar e o sector pesqueiro veuse tamén reflectido na revista Industrias Pesqueras, da cal foi director.
A nivel internacional débese salientar que foi o primeiro galego que ocupou responsabilidades nas Nacións Unidas, concretamente na FAO, a Axencia Mundial para a Alimentación e a Agricultura. Neste sentido e como alto representante e experto da FAO visitou moitos países de América Latina, o que lle permitiu manter o contacto coas colectividades galegas espalladas no estranxeiro.
Valentín Paz Andrade (1898-1987) é sen dubida un dos exemplos máis nidios de compromiso con Galicia e lamentablemente aínda non suficientemente coñecido polas novas xeracións de galegos e galegas. O Día das Letras Galegas 2012 será unha excelente oportunidade para difundir o seu legado e recoñecer o seu papel na defensa da cultura e lingua de Galicia. Este papel amosouse dende a súa mocidade, onde Paz Andrade promoveu a creación do xornal Galicia, editado entre o 1922 e o 1926 ata o seu peche pola ditadura de Primo de Rivera, que foi dende as súas páxinas un exemplo de promoción da cultura e lingua galegas.
É moi importante agora non esquecer o traballo desinteresado e abnegado dunha xeración de galegos e galegas –da que Valentín Paz Andrade é un dos máis sinalados representantes– que contribuíron decisivamente a que hoxe podamos vivir nunha Galicia en liberdade, orgullosa da súa lingua e cultura milenarias e aberta o mundo. Felicidades e parabéns a Real Academia Galega por unha decisión que Galicia levaba moito tempo agardando.
VPA: Galicia como tarefa
por Manuel Bragado, no Faro de Vigo do pasado luns 06/06/2010:
A Real Academia Galega elixiu a Valentín Paz Andrade (VPA) como o persoeiro do Día das Letras Galegas de 2012. O empresario e escritor vigués, nacido na pontevedresa parroquia de Lérez, representa a concepción de Galicia como tarefa, como angueira permanente e inacabada, como encrucillada dos eidos da cultura, da economía e da política, imprescindibles para sacala do atraso e da marxinación na que viviu durante séculos. Nestes tempos tan difíciles para Galicia, onde para vergonza da cidadanía as súas institucións propias viran as costas ao patrimonio esencial do país, é oportunísimo que a institución presidida por Ferrín promova a figura deste emprendedor galeguista, un cosmopolita que viaxou polo planeta case enteiro e nunca perdeu os seus alicerces chantados nos portos de Bouzas e do Berbés e nas rúas de Vigo, a cidade do mundo para el máis querida.
En 1922, tras licenciarse en Dereito e participar na guerra de Marrocos, aquel xornalista noviño chegou a Vigo coa intención de fundar un xornal de inspiración liberal, independente e galeguista. Contando co apoio económico de Ernesto Cádiz Vargas, e coa axuda, entre outras persoas, do seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade, VPA conseguiu que o 25 de xullo aparecese o primeiro número de “Galicia”, un novo xornal da mañá que levaba por subtítulo “Diario de Vigo”. Aquel proxecto do que VPA foi o seu primeiro redactor xefe e logo director –no que participaron mártires do xornalismo galego como Roberto Blanco Torres ou Manuel Lustres Rivas, ou no que mestres do humor gráfico de noso, como Castelao, Álvaro Cebreiro, Carlos Maside ou Fernández Mazas, publicaban os seus debuxos e caricaturas– uniuno para sempre co mundo do xornalismo e cunha cidade que consideraba como o motor principal da Galicia moderna. Así o expresou nun extraordinario artigo, “El porvenir de Vigo en el porvenir de Galicia”: “Mientras Vigo no sea lo que merece (…), Galicia vivirá incapacitada para la vida intercontinental”. Unha idea que reiterou en traballos posteriores nos que presentou a Vigo como o músculo empresarial, obreiro e mariñeiro necesario dunha Galicia consciente de que “a súa frontalidade marítima debía converterse en lei de vida e clave do seu destino”. Unha idea que traduciu no seu periplo vital na tarefa de facer Galicia dende o mar de Vigo.
O xornalismo foi a súa gran vocación profesional. Tras o “Galicia”, un proxecto que durou catro anos, mais cuxo fulgor librepensador mantivo acceso de por vida na súa alma mareira, en 1927 comezou a asesorar xuridicamente á sociedade “La Marítima” de armadores de Bouzas e a escribir en “Industrias pesqueras”, a revista técnica fundada por José Barreras da que logo sería director dende 1942. Aí naceu a súa vinculación co sector da pesca, do que foi un dos máis destacados coñecedores e dinámicos emprendedores, fose como experto internacional en economía pesqueira ou como participante en proxectos empresariais tan destacados como os de Pescanova e a súa primeira flota conxeladora ou a organización en Bouzas, en 1973 e dende a iniciativa privada, da primeira Exposición Mundial da Pesca.
A política tampouco lle foi allea. Pertencente á xeración dos xigantes do galeguismo, como Otero Pedrayo, Bóveda e Castelao, contando con apenas vinte e un anos participou na segunda Asemblea Nacionalista Galega de Santiago, sendo o primeiro presidente do Grupo Autonomista Galego fundado en Vigo en 1930. Membro do Partido Galeguista, foi candidato ao parlamento republicano e tras o alzamento militar sufriu desterro en varias ocasións. En 1974 foi designado como representante galego na Xunta Democrática creada en París, despois formou parte, representando a Galicia como independente, na Comisión Negociadora da Oposición Democrática, sendo elixindo senador pola Candidatura Democrática Galega nas primeiras eleccións democráticas.
Poeta de espírito reflexivo e sentimental, biógrafo de Castelao, modelo de integración de inquedanzas e saberes, VPA foi unha figura poliédrica e renacentista, onde as súas preocupacións arredor da economía e da empresa enxartábanse na mesma tarefa de desenvolver un proxecto político e cultural que sacase a Galicia da marxinación e o abandono, como sinalou nese libro fundamental da súa longa bibliografía “La marginación de Galicia” (1970). Toda a súa vida, pois, resúmese no compromiso expresado polo sintagma “Galicia como tarefa”, o título, tamén, dun dos seus ensaios máis emblemáticos, publicado en 1959 pola editorial Galicia do Centro Galego de Buenos Aires.
Esta acertada elección da Academia Galega permitirá recuperar a obra literaria e facilitar o coñecemento popular desta figura moderna que soubo poñer en diálogo permanente a tradición e os retos do seu tempo. Unha aposta de futuro.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)