Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Guitiriz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guitiriz. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de xuño de 2017

Como se usa o microscopio?



Como me gustan estes traballos que visibilizan a ciencia en galego! Un pasiño más que pon e evidencia a política lingüística da Consellaría de Educación, especialmente o funesto decreto do pllurilingüismo que destrozou os poucos avances que se produciran na normalización lingüística no ensino.
Trátase dun vídeo titorial realizado polo alumnado de 1º de bacharelato do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) no que amosan varios aspectos relacionados co microscopio óptico: partes, enfoque dunha mostra, uso do obxectivo de inmersión e mantemento e precaucións no seu uso.

luns, 5 de xuño de 2017

Algo pasa en Guitiriz



Un equipo de reporteiros achégase ao instituto para investigar. Pronto descubren que todos, alumnado, profesorado e dirección están implicados no que parece un asunto un tanto turbio. Mellor será que non se entere a prensa.

O vídeo foi realizado nun obradoiro audiovisual con alumnado de 4º ESO do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) dirixido por Cristina de la Torre e Santiago Dans

luns, 6 de febreiro de 2017

"Canto ao idioma galego", desde Guitiriz



O alumnado de música do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), baixo a dirección de Sandra Tenreiro, interpretaron varios poemas de Díaz Castro xunto ao Canto ao idioma galego de Manuel María. Neste vídeo podemos escoitar a gravación deste último.

sábado, 17 de maio de 2014

Os camiños esquencidos



Encantoume ver ao matemático Víctor Pollán nun pequeniño papel nunha das primeiras escenas interpretando a un republicano.
Todo un atrevemento o poñerse a facer unha película na se implicou toda a comunidade educativa do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz)
Para saber máis sobre a realización da película pódense consultar outros tres vídeos nos que se nos explica cómo se fixo a película: [1], [2] e [3]

Sinopse
Unha casa de aldea e un feixe de papeis desencadenan esta historia na que Iago, un rapaz de doce anos, descubrirá cousas sobre o seu avó que non coñecía e que sen dúbida, lle axudarán a entendelo mellor, a el e ó seu tempo. Unha viaxe ó longo de case un século de vivencias nas que a poesía e a imaxinación cobran un especial protagonismo para recrear as emocións dun tempo pasado que recibe a mellor homenaxe de todas: ser recordado.

Vía @alusdomundo

venres, 16 de maio de 2014

Xermolos e Díaz Castro

por Raúl Río Díaz en Terra e Tempo:


Maña é un dos días grandes da nosa Patria porque maña reivindicamos a supervivencia do noso idioma, desa fala que herdamos dos nosos devanceiros e que temos a obriga de entregar viva e rexuvenecida aos nosos descendentes para que viva mil primaveras mais. Tamén é un día grande para todos os veciños e veciñas dos Vilares de Parga e para todos os amigos de Xosé María Díaz Castro que apreciamos a súa poesía, pero sobre todo, é un día grande para a Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz, que foi quen o redescubriu e deu a coñecer ao poeta que homenaxeamos este ano polo Día das nosas Letras.

luns, 16 de decembro de 2013

Karaoke Díaz Castro



Outra iniciativa máis do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz): o alumnado do centro interpreta os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora Sandra Tenreiro.
Vía Redescubrindo ao poeta Díaz Castro