Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 17 de maio de 2014

Os camiños esquencidos



Encantoume ver ao matemático Víctor Pollán nun pequeniño papel nunha das primeiras escenas interpretando a un republicano.
Todo un atrevemento o poñerse a facer unha película na se implicou toda a comunidade educativa do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz)
Para saber máis sobre a realización da película pódense consultar outros tres vídeos nos que se nos explica cómo se fixo a película: [1], [2] e [3]

Sinopse
Unha casa de aldea e un feixe de papeis desencadenan esta historia na que Iago, un rapaz de doce anos, descubrirá cousas sobre o seu avó que non coñecía e que sen dúbida, lle axudarán a entendelo mellor, a el e ó seu tempo. Unha viaxe ó longo de case un século de vivencias nas que a poesía e a imaxinación cobran un especial protagonismo para recrear as emocións dun tempo pasado que recibe a mellor homenaxe de todas: ser recordado.

Vía @alusdomundo

2 comentarios:

  1. Respostas
    1. E máis alá do resultado, que é moi bo, cantas horas de traballo hai detrás? e todo cun único obxectivo, o de dignificar e revitalizar unha parte da cultura de noso. Uns fenómenos estes de Guitiriz.

      Eliminar