Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Ignacio Prados Ansede. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ignacio Prados Ansede. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de xaneiro de 2013

A galegofobia existe, pero é máis simpática

por Ignacio Prados Ansede, en Praza Pública:


A catalanofobia existe. Só hai que botar un ollo a algúns xornais editados en Madrid, a algunhas cadeas de televisión ou aos comentarios que xorden en redes sociais e blogs cando se trata o tema catalán. Hai unha especie de odio acirrado cara ao catalán que dá un pouquiño de medo. Pero ninguén fala sobre a galegofobia, non sei se porque non se percibe ou ben porque non interesa falar, pero aínda que máis sutil e moitos menos agresiva, a galegofobia existe. Non en forma dese odio acirrado, senón máis ben en forma de desprezo sutil, infravaloración e conmiseración.