Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Francisco X. Fernández Naval. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Francisco X. Fernández Naval. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de maio de 2014

Prolingua das linguas

por Franciso X. Fernández Naval, nas voces de Prolingua:


Regresamos de Islandia, terra insular e volcánica, coma nós atlántica e confín, onde conflúen ventos, correntes e soños. Dende sempre é o seu un litoral de crebas e cavacos, que xa nas Sagas se fala do costume vikingo de percorrer os areais de mar aberto e as ribeiras dos fiordes, procurando o que sobre eles cuspen as ondas, principalmente madeira. Na inauguración da exposición de Maribel Longueira, Xente no medio, na Universidade de Reikjavik, o pasado día 2, tivemos ocasión de coñecer a Vigdis Finnbogadóttir, quen fora xefa do goberno do país entre os anos 1980 e 1996, primeira presidenta ou primeira ministra elixida democraticamente no mundo. Hoxe, retirada da política activa por vontade propia, a súa actividade céntrase na problemática da muller nas sociedades contemporáneas, na defensa das linguas e do medio ambiente e na promoción da cultura, o que non deixa de ser un xeito comprometido de facer política.