Deste xeito recollía estes días o xornal dixital "Sermos Galiza" outro dos casos de galegofobia, que temos que sufrir case a diario, por parte dun destes francotiradores reaccionarios que, por desgraza, pululan ao longo deste noso País.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Eladino Cabanelas Fernández b>. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de abril de 2013
"Un cidadán recorreu unha multa porque non entendeu a lenda numérica dunha zona de carga e descarga ao estar só en galego"
por Eladino Cabanelas Fernández en Terra e Tempo:
luns, 19 de novembro de 2012
Galego nas aulas. Materia pendente?
por Eladino Cabanelas Fernández, en Terra e Tempo:
As escolas, os institutos deben ser tamén axentes normalizadores non só examinadores
Aínda que non vén ao conto, non sendo para situarmos a anécdota ou experiencia no tempo, debo dicir que estabamos nos finais dos setenta cando fixen o bacharelato, o BUP tal e como era nomeado oficialmente daquela.
domingo, 5 de decembro de 2010
Coa miña lingua quero feitos, non utopías
Xa non sei as que van, outro artigo máis para o debate sobre o informe do IGEA de Henrique Monteagudo, por Eladino Cabanelas, en Terra e Tempo:
Certos discursos dos inimigos do galego, por aquilo de repetilos aé o fastío, callan dunha maneira máis que efectiva en sectores que supostamente deberían estar máis ideoloxizados, ou o que é o mesmo, vacinados contra eses discursos. Os vellos tópicos en contra da lingua son absorbidos até por aqueles que pasaron media vida pregoando a ruptura con eles. Non sei se é froito dunha mudanza de pensamento, convicción firme ou mera asimilación dos discursos mentireiros e intencionados dos que antes facía mención.
Ven o anterior por mor, ou case neste caso prefiro dicir, por culpa do, xa a estas alturas, famoso informe do IGEA e da resposta que Anxo Quintana dá ao, atinado e sempre maxistral, artigo que Pilar García Negro escribiu tras analizar, debullar e logo valorar, como é lóxico, o devandito informe.
Eu non pretendo entrar na discusión de fondo de cal é o mellor xeito de normalizar a lingua galega, primeiro porque a miña ousadía non é tanta como para opinar no terreo do sociolingüismo, cando non son sociolingüista e, segundo, porque coido que o teño moi claro, normalizar unha lingua é, nin máis nin menos, que empregala da mañá á noite, con todas e todos e en todos os ámbitos posíbeis (aclaro isto porque, e aquí é onde nos atopamos coas eivas, ou tapo orellas e ollos ou estar ben informado neste país de "bilingües" aínda segue a ser unha actividade -agás escasas e meritorias excepcións- plenamente monolingüe) e así procuro facelo, tanto por satisfacción e orgullo persoal, tanto como forma de reafirmación diaria e, se cadrar, como exemplo para quen queira collelo. Tamén e porque non? e estou no meu dereito, como "idealización dunha sociedade monolingüe" por moi inviábel que esta sexa, que tamén o é a igualdade entre os pobos ou un mundo sen armas nin violencias e non por iso vou deixar de loitar por iso. O contrario chámase conformismo ou pasividade.
Dito isto, que non é máis que unha obviedade pola miña parte, como o debería ser que todo militante nacionalista debería facer o mesmo, paso a explicar o que quero dicir sobre o de absorber tópicos ou discursos espurios. Dun tempo a esta parte percibo que algunhas compañeiras e compañeiros mudan estratexias ou maneiras de actuar influenciados por opinións totalmente interesadas en conseguir xustamente o contrario do que estas compañeiras e compañeiros. Estas opinións soen ser dunha locuacidade e posta en escena que os fai ver como xente independente ou de esquerdas e por tanto, as veces, por riba de quen temos o tremendo defecto de definirnos ideoloxicamente con rotundidade e claridade. Non esquezamos que certos grupos, sectores ou como se lles queira definir, axudaron ao retorno da dereita españolista ao goberno galego, empregando unha hipercrítica ideolóxica que nunca chegaron a usar -nin no pasado nin no presente- cos gobernos do Partido Popular.
O obxectivo destes discursos rematan coa propia asunción de que as e os nacionalistas galegos debemos agochar, por estratexia e intelixencia, e cando for necesario "polo ben do país" a nosa, chamémoslle, identidade. Semella que agora non é bo que nos introduzamos nos movementos asociativos veciñais ou culturais porque a xente vai dicir que están controlados polos do bloque e iso vai ter un efecto de rexeite. Os movementos a prol da lingua deben dirixilos persoas sen carné político para que non digan que o bloque está detrás para manipular e non para defendermos a lingua, e así en moitas ocasións até o punto de facerme dubidar se será bo para o edificio onde moro que eu sexa o presidente da comunidade cando me toque, non vaia ser que galeguice o ascensor e rematemos chamándolle, eu que sei! Rubidoiro eléctrico, por poñer o primeiro nome que se me veu á cabeza.
O que si está sendo unha realidade ou "verdade coma un puño" -que dicía sempre un meu veciño, xa finado, cando falando do gran tamaño dos furados que facían os obuses na fronte de Aragón afirmaba que neles cabían tres carros de estrume-, é que o que debería ser unión firme e sen rachaduras encol do noso maior sinal identitario, por mor, repito, desas opinións ben premeditadas e intencionadas, estase convertendo en motivo de certa discordia e isto é, ao meu entender, perigosísimo. E é perigosísimo porque a quen interesa manter a teoría do enfrontamento idiomático lle estamos pondo nas mans a razón, por moi falsa que esta sexa.
E dentro destas reflexións outra que, por obvia e quizais excesivamente sinxela que sexa, non deixa de ser certa. Se os e as nacionalistas non nos convertemos en primeiros e, por que non? belixerantes, no bo senso do termo, defensores da lingua de noso, quen o vai facer? Acaso a defensa da lingua non foi sempre aparellada á defensa dos propios intereses? Acaso, os chamados provincialistas e logo os rexionalistas ou o Partido Galeguista disociou a lingua do resto das súas reivindicacións?
Sinceramente, considero que con respecto á nosa lingua non hai experimentos que sirvan. Todas e todos (coido) temos moi claro que o tal bilingüismo é unha falacia, unha maquillaxe trala que se agocha unha maneira moderna de chamármoslle ao que sempre se chamou colonialismo idiomático. Se hoxe en día, e iso tamén é certo, xa son moitas as familias que non teñen ningún contacto co galego e ás veces xa nin xeracional, non son esas as que deben reclamar os seus dereitos ou as súas liberdades lingüísticas porque, e deixémonos de andrómenas, esas persoas xa están gozando deses dereitos e liberdades sen o máis mínimo problema nin rexeite. Seguimos a ser as e os galegofalantes quen perdemos a nosa lingua a unha velocidade endiañada, quen perdemos a nosa cultura nun proceso de asimilación do alleo dun xeito sen parangón na nosa historia.
Non nos enganemos con fórmulas máxicas nin falsas utopías, se queremos de verdade salvar a lingua (hoxe aínda ten amaño, mañá xa non o sei) ha ser con políticas lingüísticas valentes, sen dependencias de votos e chamando ás cousas polo seu nome. Se as e os nosos gobernantes, sexa cal for a súa cor, non queren pasar á historia como as e os enterradores do galego mañá mesmo deberían aprobar unha lei, non de normalización ou dinamización, senón a Lei da inmersión lingüística en galego.

venres, 2 de xullo de 2010
O racismo lingüístico como exemplo
por Eladino Cabanelas Fernández, en Terra e Tempo:
involuntariamente e moi ao seu pesar, as políticas galegófobas do actual desgoberno da Xunta "están a promover" por todos os recunchos do país. Ao remataren as intervencións dos oradores, e após unha breve, porén fermosísima actuación musical, unha persoa de entre o público fixo unha reflexión en voz alta que, nun primeiro momento e ficando tan só coa mensaxe que se quería transmitir, semellou para todos nós unha bonita afirmación sobre a nosa lingua en canto á carencia nela de termos ou vocabulario despectivo para as persoas de fóra da Galiza.
A súa argumentación, por sinxela, non estivo exenta de lóxica ao recorrer á comparación para afirmar que palabras como "guiri", "maqueto", "charnego", "godo" e, ata "sudaca" non teñen paralelismos na nosa lingua.
Mais esta reflexión agocha, non unha virtude nin bondade inherente ao galego ou ás persoas que formamos parte desta vella comunidade senón máis ben, unha realidade ao constatar a nosa propia historia. Galiza foi un país de partidas e non de chegadas, agás aquelas que supuxeron o retorno dos e das que antes partiran. Deste xeito a teoría de termos unha lingua, supostamente, non agresora co visitante non ten nada que ver con educación, respecto ou tolerancia, senón co feito de non tivermos ao longo da historia a necesidade de nomear aos foráneos, pola simple razón de que tiñamos moi escasas visitas.
Máis ben e pola contra, os galegos e galegas tivemos que sufrir nas nosas carnes a aldraxe do insulto e da denominación pexorativa por sermos un pobo viaxeiro, mais non por goce ou por "espírito aventurero" como se podía ler nalgúns textos escolares de fins do século pasado, senón por necesidade, por pobreza, por desamparo, por esquecemento.
Lembremos a Rosalía cando en ton de rabia e protesta esixía:
Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos,
cando van, van como roas;
cando vén, vén como negros.
O galego chegou a esquecer -querer esquecer sería máis atinado- un nome tan fermoso e tan común na Idade Media como o de Paio ao ser este empregado polos casteláns como alcuño ou palabra repetitiva e despectiva cara aos traballadores que atravesaban as súas aldeas na procura dun xornal nas épocas da seitura. Que pai ou nai habería querer chamar ao seu fillo Paio cando esa palabra se convertera en motivo de sufrimento? Eu teño a teoría de que o payo -paio- que empregan os xitanos do Estado Español para denominaren aos/ás individuos/as que non son da súa raza ten a mesma orixe que o paio que os casteláns empregaban como insulto cos nosos paisanos.
Aínda hoxe galegas e galegos seguimos a reivindicar que dicionarios e vocabularios, dentro e fóra da península, eliminen as connotacións pexorativas que a palabra gallego/a segue a ter: rudo, tonto, tatexo, etc. Na Arxentina seguen a chamar gallego a calquera persoa orixinaria do Estado Español -proba palpábel de cal foi a orixe da maioría da emigración a ese país- ou fan culto á vulgaridade cos famosos -para eles- chistes de gallegos.
Mais non fomos só as galegas e galegos unha excepción en canto a receptores do desprezo ou chanza por parte dos habitantes dos lugares onde, o destino ao que nos foi abocando a historia, nos obrigou a marchar. É un fenómeno común e dáse na maioría das linguas ou países que, nalgún momento, acolleron migracións. Nos Estados Unidos -paradigma das liberdades e oportunidades para a inmigración- as denominacións insultantes son numerosísimas: white-nigger (negro branco) era o xeito de chamar aos primeiros irlandeses que chegaron en masa á nova nación, cunt-eyed (ollos de cona) ou zipper head (cabeza de cremalleira) para os de orixe oriental, dago para as persoas cuxa orixe era italiana ou española, hymie ou yid cara aos xudeus, limey para os británicos...
Os canadenses chaman frog (rá) aos franceses e os británicos e australianos insultan aos irlandeses chamándolles, entre outras lindezas, mack.
Na Galiza tampouco podemos tirar a primeira pedra posto que non son poucas as persoas que seguen empregando xitano ou portugués, non como virtude precisamente.
Mais a intención destas cavilacións non é comparar quen ten maior capacidade para descualificar (ou descualificarse, que sería o máis atinado) senón a de, empregando o tema do racismo lingüístico como exemplo, explicar como as palabras nacen cando hai necesidade de usalas, por tanto, o galego non cualificou de ningún xeito ao foráneo porque non había foráneos.
Agardemos que a reflexión positiva que deu motivo para este artigo sexa certa, ou mellor dito, fagamos certa esa reflexión, ese pensamento e, na época que nos está a tocar vivir, na que Galiza non fica fóra do fenómeno inmigratorio, sigamos sen ter termos insultantes ou despectivos para quen -coma nós onte e aínda hoxe- tivo que saír do seu fogar na procura do que alí se lle nega. O dereito a vivir no propio e do propio

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)