Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 31 de maio de 2012

Bilingüismo cordial (curtametraxe)



Un mozo cun currículum excelso acode a unha entrevista laboral para ocupar un importante cargo. Todo indica que o posto será para el, ata que abre a boca... e fala galego.
No seu día xa puxera por aquí o trailer

mércores, 30 de maio de 2012

“Fuerza Depor”

por Luis Couto, en Sermos Galiza:

Despois dunha tempada traballada pero resolta finalmente con brillantez, o Deportivo da Coruña acaba de confirmar a súa volta á primeira división. Aínda están recentes unhas celebracións nas que a galeguidade do Depor pasou case tan desapercibida coma se fose o Deportivo de Guadalajara.

Ramón Carballal Pernas

por Xosé González, en Galicia Confidencial:

Os plans de estudo das facultades de Dereito e das escolas de prácticas xurídicas non instrúen aos seus alumnos no coñecemento da nosa tradición xurídica. Tampouco os colexios e asociacións profesionais teñen posto moito empeño para cubrir estas lagoas informativas. Todo iso fai que moitas das figura egrexias do foro sexan descoñecidas polos profesionais do Dereito.. Tal é o caso de Ramón Carballal Pernas, maxistrado que fora da Audiencia Territorial da Coruña deica 1982, ano do seu pasamento.

Recompilación sobre puntoGAL

puntoGAL remite a súa candidatura co apoio de máis de 100 socios, 12.000 sinaturas e da AMTEGA, (29/05/2012) en PuntoGAL
Anuncian a presentación da candidatura ante ICANN para termos un dominio de Internet para a lingua e a cultura galegas, (30/05/2012) en Código Cero
Consenso e éxito en torno a lingua son posíbeis, (29/05/2012), en Galicia Confidencial
Desta vai: Galicia inicia a carreira polo .gal, (29/05/2012) en Praza Pública
'Puntcat', un exemplo de éxito, (29/05/2012) en Praza Pública,
Un dominio para que Galicia gañe prestixio en todo o mundo, (29/05/2012) en Praza Pública
PuntoGAL presenta o seu balance na Biblioteca da Galiza, (29/05/2009) en Sermos Galiza

Onte 264: puntoGAL (30/05/2012) no blogue Brétemas
P.S.:
"O puntogal vai existir e vai funcionar ben" (31/0/2012) en Praza Pública

Neira Vilas transmitindo a lingua

Isto que se ve na foto foi o que fixo Neira Vilas o pasado mercores, na visita que fixo ao meu centro.
El trouxo consigo a súa lingua, e co rotulador da palabra deixónola ben impresa.
Xosé Neira Vilas falounos da súa obra, e sobre todo das súas vivencias. Un apartado importante do seu relatorio adicouno ao uso e impotancia do galego. Díxonos cousas como a seguinte: "eu vivín 42 en América, escribín libros, artigos,... moitas cousas e sempre o fixen en galego"
Desafortunadamente a día de hoxe na propia Galicia, ninguén pode asegurar un uso normal do galego.
O escritor de Gres mostrouse decote orgulloso da nosa lingua: "temos lingua propia. Mirade vós, os norteamericanos, sendo tan importantes, non teñen unha lingua propia. Falan unha lingua traída doutro lugar, de Inglaterra"
En varias ocasións quixo destacar a importancia da nosa lingua tanto no contexto europeo como no internacional. "O galego é o idioma, fillo do latín, máis importante do mundo, xunto co castelán. Fálano millóns de persoas, En Mozambique, Angola, Portugal, Brasil...".
Neira Vilas había de facer moitas máis referencias a este último país: "no Brasil, que ten unha extensión que é 3 veces a de Europa falan galego"
Ou tamén, cando falando do seu best-seller 'Memorias dun neno labrego' lembrou a peza teatral que o ano pasado representou Cándido Pazó. "Cándido Pazó levou por todas partes unha obra de teatro sobre o meu libro, as 'Memorias das memorias dun neno labrego' e foi a Brasil. El intentou facer a obra en brasileiro e alí dixéronlle que non, que o fixera en galego. que se lle entendía perfectamente"
Neira Vilas tamén fixo mención a varios aspectos da súa vida persoal para destacar o valor do galego. "Eu escríbome con xente de Cuba, da Arxentina, de Bulgaria, mesmo do Xapón ou da China. Con todos o fago en galego. E despois hai algunha xentiña por aquí que non quer usalo e que di que lle é difícil [...]. Tamén manteño correspondencia con filólogos de Suecia, Noruega, de centroeuropa, interesados no galego. Se hai xente de tan lonxe que estuda o galego por algo será."
Contounos unha anécdota familiar. El emigrara de novo a Arxentina e naturalmente comenzou a manter correspondencia coa familia. Non tardou en deixarlle claro ao seu pai que quería que lle escribira en galego.
- Pero, se eu non sei escribir en galego -contestoulle o pai- teño moitas faltas.
- Tamén as tes en castelán -foi a resposta de Neira Vilas.
Encol disto, o escritor insistiu en que daquela por asistir a unha mala escola uns poucos meses xa se lles quedaba a idea de que a escritura tiñan que facela forzosamente en castelán. O castelán era a lingua do colexio e isto xenerou moitos prexuízos.
Comentou que 'Memorias dun neno labrego' xa foi traducida a 16 idiomas. Cando se poñían en contacto con el para tratar sobre as condicións da edición, Neira Vilas só lles pedía unha cousa, que incluíran un texto presentando a obra no que se indicara que foi escrita en galego, unha lingua do suroeste atlántico europeo. Xosé Neira Vilas mostrouse orgulloso de que grazas a isto, e á enorme divulgación das 'Memorias', a nosa lingua comenzou a ser coñecida nen moitos lugares do mundo.
Isto foi o que fixo Neira Vilas no meu centro, o que decote deberían facer as familias, as escolas, os medios e os nosos representantes políticos. Neira Vilas transmitiunos a súa lingua, e agora tamén é nosa.
Vía As Ferreiras

martes, 29 de maio de 2012

A Rede de Dinamización Lingüística deturpando a toponimia


A polémica Rede de Dinamización Lingüística (RDL) parte por ser o proxecto estrela da nova etapa da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Se estamos atentos ás actividades desenvolvidas pola RDL vemos que todo ficou reducido ao programa de dinamización cultural 'Falaredes', unha de cuxas actividades se pretende divulgar mediante este cartel  que vén asinado pola RDL, organismo dependente da SXPL.
No colmo do disparate, e con letra ben grande, aparece deturpado o topónimo do concello que anuncia a actividade. Non se trata dun erro, é a práctica habitual deste concello coruñés, que xa hai ben de tempo que incumpre a Lei de Normalización Lingüística, neste caso avalado pola mesmiña SXPL.

luns, 28 de maio de 2012

Proxecto Celso Emilio Ferreiro do CEP da Barqueira



A marea Celso Emilio non para. Velaí que chega unha onda máis, o Proxecto Celso Emilio Ferreiro, posto en marcha desde o CEIP da Barqueira (Cerdido). O alumnado do 3º ciclo inventou unha entrevista ao escritor de Celanova e elaboraron esta nova versión de Deitado frente ao mar.
Vía Xavedes!

História da Galiza


Historia de Galiza en banda deseñada, publicada no 1995

domingo, 27 de maio de 2012

A fractura social xenerada pola lingua. O caso ucraíno.



Un  feo espectáculo, cos deputados batendo uns noutros,  produciuse no parlamento ucraíno o pasado xoves. O xérmolo deste suceso é a tramitación dun proxecto de lei que establecería a oficialidade do ruso en varias rexións de Ucrania. Os opositores, que iniciaron a pelexa parlamentar, acusan ao presidente Yanukovic de querer fracturar a sociedade ucraína. Argumentan que queren preservar a independencia cultural e política da Ucrania a respecto dos veciños rusos. Os deputados do partido opositor levaban unha bandeira na que se podía ler o lema "Destruir a lingua é destruir a patria"
 Ao día seguinte producíase unha manifestación ás portas do parlamento contra a proposta presidencial de oficialización do ruso en Ucraína. O argumento dos manifestantes, segundo  euronews, é que no caso de prosperar deixarase de considerar ao ucraíno como lingua útil, non terán que estudalo, non o precisarán en ningún momento e desaparecerá de todas as esferas.
A lingua ucraína estivo sometida ao ruso durante os dous últimos séculos, ata a independencia de Ucraína no 1991. Durante a era soviética os falantes de ucraíno diminuíron significativamente.
Segundo o censo do 2001 o 67,5% declarou que a súa lingua era o ucraíno frente a un 29,6% que o fixeron co ruso.
Podemos ver nestes mapas, tirados da wikipedia, que a poboación que usa o ucraíno é maioría no norte, leste e centro do país. O ruso é lingua marioritaria franxa surleste do país. O conflito está servido e de certo que non terá unha solución simple.
Velaí un caso dunha nación de seu desde hai 20 anos, que parece que tomou medidas de dignificación da lingua propia neste tempo, pero que acubilla un enfrentamento moi enquistado e ao que aparentemente non se enxerga unha solución para o futuro.
Non podo deixar de pensar no caso galego. Aquí ensínasenos a desprezar a lingua propia, invítasenos de mil formas a abandonala, aprendemos social e insititucionalmente toda unha restra de prexuízos lingüísticos. O galego foi obxecto de continuadas persecucións e prohibicións  durante o último século. Actualmente fica pechado por mil cancelas e obstáculos.
Cómpre reverter a situación actual, de ataque e restricción sistemática o antes posible. E aínda así, aínda que de súpeto o ambiente se volvera favorable á normalización do galego, eu pregúntome: canto nos queda aínda por avanzar para chegar a unha situación comparable á de Ucraína?

sábado, 26 de maio de 2012

A pegada do concello da Estrada

Ata o momento ao concello da Estrada sucedíalle como a moitos outros en materia de uso do galego. Facíao de xeito natural. Foi así independentemente de quen ostentara a alcaldía, das distintas distribucións nas cadeiras municipais que se viñeron sucedendo elección tras elección. Pero agora a cousa parece que comenza a cambiar.
Hai algunhas semanas, na enrada de diversas dependencias municipais colocaron un artefacto para o control da entrada dos funcionarios. Foi pouco despois de que desde o mesmo concello se anunciara a retirada do apoio á organización do Correlingua. Non creo que sexa casual, mais ben poderíamos asegurar que a relación entre estes dous feitos é causal. Isto significa que dentro do goberno municipal tamén se instalou a zunia.

O músculo máis forte do corpo humano é a lingua

Unha bonita e orixinal declaración, por Francisco Castro, no Sermos Galiza:


Hai unhas semanas chegoume un curioso libro no que atopei ese dato, arrebatador, co que titulo este artigo. Que dos moitos músculos que hai no corpo humano, o máis forte é a lingua. O dato é sorprendente pois un tende a pensar nos bíceps, ou algo así, se pensamos no máis poderoso músculo da nosa anatomía. E se dicimos músculo pois iso, pensamos en chicha da dura, desa que medra a base de esforzo e traballo ximnástico ou mesmo anabolizantes, chegado o caso. Sen embargo é a lingua quen detenta o título máximo da afouteza corporal. A lingua, a saber, esa parte de nós coa que falamos, coa que saboreamos, coa que beixamos, coa que facemos bulra, coa que amamos, coa que damos pracer... a lingua dura puntiaguda frecha estilete branda mol húmida seca longa curta penetrante tímida ou como sexa que sexa a lingual forma e uso...

xoves, 24 de maio de 2012

Rara

por Andrea Araújo Alonso, no Sermos Galiza:


Teño 15 anos e son RARA; esta característica non a levo comigo dende que nacín, apareceume alá polos 6 anos, precisamente cando comecei a falar en galego.

''Non hai razóns para que a gheada non se use na TVG''

entrevista a Xosé Luis Regueira, no Dioivo:

Xosé Luís Regueira ingresará oficialmente o próximo 2 de xuño na Real Academia Galega cun discurso titulado Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. O filólogo e catedrático da Facultade de Filoloxía de Santiago, que entrará na Rúa Tabernas para ocupar a vacante de Olga Gallego, é un destacado investigador no ámbito dos estudos fonéticos, gramaticais e onomásticos da lingua galega. Autor de varias obras sobre lingüística galega e secretario do Instituto da Lingua Galega (ILG), Regueira foi responsable de Os sons da lingua e do Dicionario de pronuncia da lingua galega. Dioivo aproveita a ocasión para realizarlle unha ampla entrevista.
O seu discurso tratará sobre a oralidade do galego. Que conclusións poderemos achar nel?
Os discursos de ingreso son protocolarios, van ligados a un acto formal. Realmente non se pode condensar nel grandes conclusións, pero pódense aproveitar para dicir unha serie de cousas. Neste caso concreto, podemos atopar unha serie de reflexións que van dende a oralidade primaria até a oralidade dos medios como a radio ou a televisión. E por outra banda, están todas as novas vías de comunicación na rede.

O número π e o decreto de plurilingüismo


O número \pi vale 3.2
Pouco lle faltou ao estado estadounidense de Indiana para ser mofa dos historiadores e matemáticos cando a finais do XIX estivo a punto de aprobar unha lei que determinaba que o número \pi era 3.2. O texto fora redactado por Edward Johnson Goodwin, un físico que convenceu a un membro do Parlamento estatal para que levara á Cámara de Representantes de Indiana unha lei establecendo ese curioso valor para o número \pi. O texto foi aprobado en dous comités e proposto para a súa aprobación como lei no ano 1887. Porén un profesor de matemáticas e latín, Clarence Abiathar Waldo, ficou horrorizado ao enterarse de proposta polo que lle explicou aos senadores o disparate que estaban a punto de cometer. Finalmente os representantes fixéronlle caso a Waldo e a lei non cheou a aprobarse. En efecto, o número \pi é un número irracional: ten infinitas cifras decimais que non se repiten periódicamente. Incluso máis, \pi  é un número trascendente. Isto significa que non é solución de ningunha ecuación alxébrica con coeficientes enteiros.

Decrétase unha aberración estatística.
Indiana librouse. Pola contra Galicia pode ser posta en ridículo por incluir nas letras dun DOG unha aberración estatística. No funesto decreto 79/2010, o do plurilingüismo sentenciase un kafkiano procedemento de recollida de datos como a disculpa fundamental para cambiar o marco legal do uso das linguas no ensino non universitario. Trátase da polémica 'Consulta ás familias' realizada en xuño do 2009, que no seu día foi moi cuestionada polo seu alto custo, 296.000 €. Calquera que teña un  mímimo de idea dos fundamentos da estatística sabe que unha mostra de gran tamaño non ten por que ofrecer mellores resultados que outras con menos elementos. O que sí é fundamental é a boa escolla da mostra. Isto asegúrase con técnicas de mostraxe científicas. O proceso seguido neste caso, e sentenciado polo decreto 79/2010, é un exemplo perfecto do que non se debe facer.
Se realmeante se quixera saber cal era o estado de opinión sobre a linguas a empregar no ensino, bastaría con facer unha enquisa a unha mostra verdadeiramente representativa. Pola contra, Anxo Lorenzo quixo xogar a facer estatísticas e argallou unha monstruosidade científica. Vexamos.
A cuestión era obter información sobre as familias dos estudantes no ensino non universitario. Pouco hai que reflexionar sobre a poboación a estudar para concluir que é imposible unha recollida de datos con garantías. No canto de enviar un cuestionario a cada elemento da poboación, ou de escoller unha mostra representativa, tal e como se fai habitualmente nos estudos estatísticos:
1. Douselle aos alumnos (de entre 3 e 18 anos) o cuestionario o que imposibilitou de facto a verificación da chegada do cuestionario a quen realmente ía dirixido. A devolución do cuestionario cuberto pecou do mesmo defecto. Isto invalidaría os resultados en calquera consulta seria.
2. Ao haber pais con varios fillos, de certo que moitos deles cubriron varios cuestionarios, tantos como fillos tiñan. Isto invalidaría os resultados en calquera consulta seria.
3. Tampouco houbo control sobre o destinatario do cuestionario. Non se habilitou forma de detectar se quen cubría o cuestionario era o pai, a nai, un familiar, o propio alumno, ... ou calquera outro que tivera acceso ao mesmo. Isto invalidaría os resultados en calquera consulta seria.
4. O proceso de recollida de datos xenerou unha gran expectación social. Isto fixo que os grupos políticos e os medios de comunicación dirixiran as respostas. Isto invalidaría os resultados en calquera consulta seria.
5. Nos cuestionarios aparecían catro preguntas con resposta pechada, pero tamén había unha quinta na que se pedía: "Comentario ou suxestión que se queira facer". A resposta neste caso non é computable. A ninguén nun estudo serio cometería un erro como este. Isto constata a ignorancia dos creadores do cuestionario.
6. As preguntas deben ser redactadas de forma concreta e precisa. Porén no cuestionario fálase da preferencia da lingua para os libros de texto/ as probas orais e escritas, sen concretar en cales. Tamén se pregunta sobre se o pai gostaría de impartírense aulas en inglés, non se concreta de que materias, nin do peso sobre o total. Cal é a intención das preguntas? Que información obtemos dela? Só podemos extraer informacións xerais sobre a opinión dos pais, eventualmente sobre os seus prexuízos.
7. As preguntas deben ser redactadas de forma clara e inequívoca. Nunha das preguntas fálase de materias 'troncais' cando tal denominación non existe en toda a lexilación vixente e polo tanto é completamente descoñecida para os que deben contestar.
8. Ao ser un documento emitido pola Xunta, de vir redactado en galego, sería neutro, tal e como correspondería a un cuestionario destas características. O cuestionario está escrito todo el en galego e castelán ata extremos paroxísticos. Tendo en conta que o cuestionario trata precisamente do uso das linguas, e que o documento procede precisamente da Consellería de Educación, está mandándose a mensaxe de que a propia Consellería aposta por desprenderse da defensa do galego. Esta falta de coidado
invalidaría os resultados en calquera consulta seria.

En definitiva, estamos diante dun claro caso de escolla dunha mostra non representativa. Os resultados obtidos serán necesariamente nesgados, isto é, os datos non reflicten as verdadeiras características a estudar da poboación. Ademáis os factores para que isto sexa así son múltiples, o que nos dá idea de que o estudo non responde a motivos responsables de coñecemento social senón máis ben a unha estratexia propagandística.
Unha trapallada como a acometida co asunto da consulta pola Consellería de Educación debería ser motivo suficiente de dimisión para os seus responsables. Que ademais se faga desta aberración estatística o fundamento dun decreto legal, é razón para a vergoña de todo un pobo. E que agora se insista en reivindicar  con orgullo este atentado contra os fundamentos da ciencia estatística (alén do desprezo pola lingua de noso), vén sendo algo así como anunciar en pleno século XXI que por fin se achou a cuadratura do círculo.

mércores, 23 de maio de 2012

Os Equipos de Normalización premian a Imaxin Software

A empresa Imaxín Software foi, nunha apretadísima votación, a gañadora do premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, un premio, que a partir deste ano pasou a ser organizado pola CGENDL, despois de que fose creado e mantido polos equipos de normalización da comarca de Muros, Noia, Barbanza e arredores.
A propia CGENDL explica polo miudo as características deste premio neste web.

Así o contaron os medios galegos:
O Dioivo: A empresa Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012
Praza: Imaxin Software gaña o Premio Leixaprén, centrado este ano no uso do galego na empresa
Sermos Galiza: A empresa Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012 polo uso cotián do galego

Para quê?

por Valentim Fagim, en Sermos Galiza:

Umha das bondades do facebook é oferecer debates interessantíssimos sobre todos os temas por parte de nom especialistas. Até a mim chegou um deles polo facto de ser citado na conversa e a linha central da mesma era, em termos mais ou menos técnicos, se havia que aceitar o grau de castelhanizaçom das falas galegas ou, polo contrário, havia que criar um modelo de língua que oferecesse em seu lugar formas genuínas, ainda que estas nom estivessem generalizadas socialmente.

Vídeo do centenario de Celso Emilio Ferreiro


Excelente vídeo educativo sobre Ceso Emilio Ferreiro preparado polo Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Celso Emilio Ferreiro de Vigo con motivo do seu centenario. Vía Brétemas


extraordinariamente documentado este vídeo que chega desde o EDNL do IES Lagoa de Antela.
Vía Caderno da crítica

Celso Emilio en linguaxe de signos



Longa Noite de Pedra. Poema de Celso Emilio Ferreiro recitado tamén coa linguaxe de signos (Yogote). Este ano celébrase o seu centenario do seu nacemento.
Vía Caderno da crítica.

martes, 22 de maio de 2012

Explícoche matemáticas 2.0

Non podo facer outra cousa que darlle os parabéns á iniciativa Explícoche Matemáticas 2.0, un concurso dirixido a todo o alumnado da Facultade de Matemáticas da USC que ten por obxectivo promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de 2 minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático. O xurado do concurso decidou darlle o premio ao vídeo Factorización en números primos do moañés Juan José Conde Veiga, debido á súa orixinalidade, a súa calidade técnica e ao logro de explicar os conceptos de número primo e factor primo ao grande público.
O vídeo trata de dous amigos que manteñen unha conversa por Skype. Ela estuda matemáticas; el é xordo, e os dous falan nunha mistura de lingua de signos, lingua falada e mensaxes de texto. El viu hai pouco a película “The Cube" por recomendación dela, e non entende a parte que ten que ver cos números primos, e pídelle a ela que llo explique.



O xurado tamén destacou o vídeo A característica de Euler-Poincaré pola súa calidade técnica, un traballo de animación cunha execución impecable. A característica de Euler-Poincaré permite identificar aquelas superficies compactas sempre e cando permitamos unha deformación continua das mesmas (por exemplo, tal e como vemos no vídeo, podemos transformar un cubo nunha esfera; pero nunca poderemos transformar a esfera nunha rosquilla pois para facelo teriamos que furala, e isto atentaría contra a premisa de continuidade). Así, dúas superficies compactas coa mesma característica de Euler-Poincaré, poderán transformarse unha noutra con continuidade.

luns, 21 de maio de 2012

Um novo guiom para a língua



Intelixente campaña da AGAL contrapoñendo o que aprendemos versus o que nos convén como galegos.
"Ser galego, ser galega, na verdade, é espetacular. Na AGAL temo-lo claro e queremos que escrevas connosco o novo guiom para a língua. Ser da Galiza é Mundial."
Vía Portal Galego da Língua

365 días para o galego



Os dous institutos de Chantada elaboraron este spot. Concretamente foi feito polo IES Val do Asma e a biblioteca do IES Lama das Quendas de Chantada
Vía Trafegando ronseis

domingo, 20 de maio de 2012

Ramón María Aller Ulloa




Vídeo da USC sobre a inmensa e modesta figura de Don Ramón María Aller Ulloa, o astrónomo de Lalín. Con guión de Docobo, director do observatorio universitario.

De José ángel Docobo tamén é esta pequena reseña biográfica, así como o artigo Ramón María Aller Ulloa, precursor da investigación astronómica en Galicia, publicado no volume XXX da Real Academia Gallega de Ciencias.
Outro documento de fácil acceso o traballo de Vidal Abascal sobre Aller, pois fora editado con motivo das IX JAEM (Jornadas para el Aprendizaje y la Enseñanza Matemática) celebradas en Lugo no ano 1999.

Probablemente a obra máis coñecida de Aller sexa o libro de divulgación publicado pola USC, 'Astronomía a simple vista' . A respecto deste libro eu nunca deixo de lembrar que o 20 de maio do 1936, pouco antes do golpe de estado, dábase conta da noticia da intención de Ramón María Aller de publicar o que probablemente sería a idea orixinal deste libro, tratábase de 'Astronomía a ollo ceibe', o primeiro libro de divulgación científica en galego, un libro do que nunca máis se soubo nada.

sábado, 19 de maio de 2012

Día de la madre versus día da nai

Exemplo de como facer mal as cousas. O concello de Mondariz quixo celebrar o Día da nai e editou nun papel de alta calidade  e con profusión de cores, unha unha lista de ripios en castelán:
"Una madre es un beso,
una caricia, 
una sonrisa,
un abrazo, 
el mejor tesoro" 

Isto faise nun concello que, segundo datos do IGE, hai dez anos tiña un 97% de galego falantes.

Exemplo de como facer ben as cousas. O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, en colaboración coa asociación de empresarios e a radio locais elaborou unha campaña de fomento do uso do galego nun ámbito que está completamente esquecido pola Xunta: o comercio. Lembremos que na lei de comercio interior non hai tan siquera unha mínima referencia á normalización. Pola contra basta facer un paseo polas vilas e cidades galegas para comprobarmos o penoso estado do uso do galego nos comercios.
O lema  'Con todo o meu agarimo' non podía estar mellor escollido para editar neste caso unhas tarxetas de regalo que, neste caso aproveitaban unha cantiga popular para lle dar pulo á lingua de noso:

Miña nai, miña naiciña
como miña nai ningunha
que me quentou a cariña
no calorciño da súa

venres, 18 de maio de 2012

Recompilación Día das Letras 2012

É moi fácil perderse no Día das Letras. Para ter as cousas un pouco ordenadas, vai aquí unha recompilación  ordenada do que se xerou arredor deste 17 de maio do 2012


Iniciativas temáticas
Valentín Paz Andrade. Web oficial
Valentín Paz Andrade. Letras 2012   Extraordinaria recompilación de recursos da CGENDL
Todas as letras do Día das Letras . Edición do 50 aniversario do Día das Letras RAG
Como se creou o 17 de maio. artigo RAG
A primeira actividade do Día das Letras no 1963. RAG
50 carteis para 50 anos. RAG
Día das letras galegas 2012 (16/05/2012) especial Cultura.org
#Vitaminas para o galego. Web da campaña de Vitaminas para o galego co gallo do Día das Letras 2012
Agasallo para o mundo Iniciativa de Galegolab, ver vídeos
WebQuest e medrando co xornal Galicia. Dúas iniciativas da Fundación EducaBarrié

Valentín Paz Andrade na CRTVG
Valentín Paz Andrade. Canle temática da TVG
Valentín Paz Andrade: verbas e feitos I (15/05/2012) documental emitido pola TVG
Valentín Paz Andrade: verbas e feitos II (16/05/2012) documental emitido pola TVG
Especial Día das letras (17/05/2012) do Diario Cultural da Radio Galega

O escritor Tucho Calvo recorda a Paz Andrade no Día das Letras (17/05/2012) entrevista no programa Bos Días da TVG
Especial Paz Andrade (17/05/2012) programa Zigzag diario da TVG


Artigos de opinión
Pola lingua que nos une, vaiamos a Compostela (15/05/2012) por Mariló Candedo, en Praza
Fai teu o galego! (16/05/2012) por Carlos Callón,  artigo gañador do VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012 en Tempos Dixital
El veloz murciélago... (16/05/2012) por Alba Cid Fernández, Accésit no VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012, en Tempos Dixital
Doodle e Making Off (16/05/2012) por Begoña Outeiro en Praza
O dereito do pobo galego (16/05/2012) artigo de opinión de Marta Dacosta en Sermos Galiza
Por unha festa das Letras laborable (16/05/2012) artigo de opinión de Eduard del Castillo Velasco en Sermos Galiza
A catro columnas (16/05/2012) artigo de opinión de Mariña Pérez no Galicia Confidencial
Reivindicar, festexar, vivir o galego (17/05/2012) Editorial do Praza
Réquiem polo "xornal" de Galicia (e epílogo esperanzado) (17/05/2012) por Jorge Melero de la Calle en Praza
De Navia ata o Brasil: o mapa do idioma segundo Paz-Andrade (17/05/2012) artigo de Montse Dopico no Dioivo

Noticias
Representantes do tecido sociocultural de Compostela apoian o pleno uso do galego en todos os ámbitos (15/05/2012) artigo en Sermos Galiza
A esquizofrenia do galego (15/05/2012) no Dioivo


Parabéns ao pobo galego no 50 aniversario do Día das Letras, desde o Parlamento Europeo (16/05/2012) nova na RAG
O fiscal superior da Galiza reclama ''que a RAG se proxecte por riba da literatura'' e defenda o galego no eido xurídico (16/05/2012) artigo en Sermos Galiza
Quen nos recortou as letras? (16/05/2012) O Carrabouxo 
A xustiza desautoriza o concello e dá os permisos necesarios para a manifestación do Día das Letras (16/05/2012) artigo en Sermos Galiza
O BNG exixe ao PP que rectifique a súa política lingüística (16/05/2012) artigo no Sermos Galiza
A lingua galega fai dous anos exiliada das ciencias na escola (16/05/2012) artigo en Praza


Manifestación 'Paremos os ataques contra o galego' (17/05/2012) fotos en Praza
Sermos Galiza. Número especial de saída (17/05/2012) en pdf
A porcentaxe de nen@s monolingües en galego caeu nun 10% en cinco anos (17/05/2012) artigo en Sermos Galiza
Milleiros de persoas secundan a convocatoria de Queremos Galego contra os ataques ao idioma do País (17/05/2012) artigo en Sermos Galiza
A lingua galega vence os mitos das cidades (17/05/2012) artigo en Praza
O amor pola lingua asolaga Compostela (17/05/2012) artigo en Praza
17 Vitaminas para os medios e para a lingua (17/05/2012) artigo en Praza
O día das Letras celébrase nas rúas... e na rede (17/05/2012) artigo en Praza
Feijóo pide un galego "que non separe", a oposición ínstao a cumprir a lei (17/05/2012) en Praza
O Vigo de Paz-Andrade centrou os actos oficiais do 17M (17/05/2012) en Praza
Paz-Andrade, político: a loita por unha "Galicia autónoma, señora de si" (17/05/2012) en Praza
Agustín Fernández Paz: "Queren facer do galego unha lingua invisíble" (17/05/2012) artigo en Galicia Confidencial
Ferrín, Vence, Villares, Alonso Montero, Rivas e Barreiro honran a Paz Andrade en Vigo (17/05/2012) artigo no Galicia Confidencial
Vitaminas globais para os medios en galego (17/05/2012) artigo en Galicia Confidencial
O pensamento de Valentín Paz-Andrade revive en Vigo nas Letras da crise (17/05/2012) artigo no Dioivo

"A lingua deste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel" (18/05/2012) inclúe vídeo de Praza

Crónica da manifestación de Queremos Galego. 17 de maio 2012

Creo que estes tres vídeos que engado nesta anotación son unha moi boa crónica de como se desenvolveu a manifestación convocada por Queremos Galego para este 17 de maio do 2012 baixo o lema 'Paremos os ataques contra o galego'.
Primeiro vai unha reportaxe moi ben realizada que dá conta de como foi esta festa de reivindicación do galego.


E de seguido, dous vídeos de Alfredo Ferreiro, o levantador de minas.
Neste vídeo podemos escoitar ao máis aplaudido do día de hoxe, a Agustín Fernández Paz, quen nos regalou o seu 'Voares de esperanza', o manifesto desta manifestación, un texto tan ben escrito que eu aventuro que co tempo será un referente á altura do mítico 'Alba de gloria' de Castelao.


Carlos Callón actuou como un bo profesor, escollendo moi bos exemplos de cal é a situación sociopolítica da lingua nestes tempos, explicándoos con claridade e achegando unha mensaxe positiva para os que están, sen actitudes hipócritas, a favor da lingua, e que son precisamente aqueles que comparten os valores que deixaron ver na manifestación de hoxe.

xoves, 17 de maio de 2012

De Navia ata o Brasil: o mapa do idioma segundo Paz-Andrade

por Montse Dopico, no Dioivo:

O mapa do idioma de Camões e Rosalía exténdese a catro continentes. É a terceira en importancia entre as linguas neo-latinas. Despois do inglés e do castelán, é a falada por maior número de persoas no hemisferio austral. Pero os datos reveladores da expansión que alcanzou palidecen ante os que permiten deducir o desenvolvemento futuro do mesmo fenómeno. Abonda ter presente o índice de acelerado crecemento demográfico e económico de Brasil, e valorar o seu porvir como potencia mundial, para comprender que un auxe paralelo experimentará o censo dos que falan o idioma galego-portugués en América. E non só o censo directo. Imperativos de orde económica e cultural abriranlle cada día maiores cauces para o intercambio, nos países anglosaxóns. Ten, por tanto, brillantemente asegurado o seu destino entre os grandes idiomas atlánticos". Son palabras de Valentín Paz-Andrade, recollidas no seu libro 'Galicia como tarea' (1959). O homenaxeado neste 17 de maio concibía o galego e o portugués como dúas variantes dunha mesma lingua.

Réquiem polo "xornal" de Galicia (e epílogo esperanzado)

por Jorge M. de la Calle, no Praza:

A prensa en galego deixounos o último ano máis orfos coa desaparición de cabeceiras fundamentais e históricas, para sempre exterminadas do ecosistema mediático en papel e incluso das hemerotecas web, liñas sobre as que quereríamos voltar e xa non poderemos, pero que nunca deberán borrarse da nosa memoria. Porque toda publicación, todo vestixio escrito dunha lingua e dunha comunidade transmite a súa historia (información), o seu pensamento (opinión) e, con eles, a identidade, a esencia e a existencia dun pobo con personalidade de seu; é por todo iso polo que, con cada xornal morto, morre tamén algo de si.

Reivindicar, festexar, vivir o galego

Editorial do dixital Praza. Bótanse en falta editoriais sentidos coma éste. Parabéns.

Hoxe é día de reivindicar. Día de reivindicar o galego como un dos principais bens comúns do país e das súas xentes, de reivindicalo como lingua que nos une ao pasado e ao porvir, de reivindicar a súa lexitimidade e a súa vixencia fronte ás insólitas agresións sofridas ao largo desta lexislatura que chega á súa fin preñada de incertezas e temores.

50 anos das letras galegas

50 anos das letras galegas, 50 autores

mércores, 16 de maio de 2012

A catro columnas

por Mariña Pérez, no Galicia Confidencial:

Porque non todos os mortos son iguais nin todas as necrolóxicas teñen o mesmo valor. Algo así debeu pensar Paz Andrade cando desobedeceu as normas ditadas polos franquistas co gallo da morte de Castelao: as novas sobre o pasamento do “separatista” debían darse a unha soa columna en páxinas interiores, sen destacar a personalidade política do falecido agás para dicir que fora errada e que esperaba a misericordia de Deus (sic). Por suposto, só se podía falar da súa faceta como debuxante e caricaturista. (Que pobreza de intelecto censor, pensar que o Castelao debuxante non tiña perigo ningún, total, unhas raias pintadas e catro caricaturas choqueiras…)

Indígnate #17M

Moi boa campaña da Deputación de Lugo demostrando que non todas as deputacións son iguais.

Por unha festa das letras laborable

por Eduard del Castillo Velasco, en Sermos Galiza:

Suso de Toro foi, durante moitos anos, un habitual do Sant Jordi en Barcelona. Alén de asinar as súas obras, dedicaba a xornada a pasear entre os centos de postos de libros —paradas, en galego de Cataluña— e parolaba con todas aquelas persoas que o quixesen saudar. Adoitaba tamén falar para os programas de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGaC) e nunha desas entrevistas dixo que España enteira debía ser catalanizada para poder celebrar unha festa coma esa.

O dereito do pobo galego

por Marta Dacosta, en Sermos Galiza:
Sempre conto que, cando era pequena, pensaba que as ameixas e as "ciruelas" eran cousas distintas. Na miña casa había ameixas, desas pequeniñas e verdes que se as comes antes de tempo arrabean. Chamábanlles ameixas inglesas, non sei por que. Mais cando ía á tenda había a vender unhas "ciruelas" amarelas e grandes. Así me pasou a infancia e un día decateime de que unhas e outras eran ameixas, aínda que tardaría aínda uns anos máis en comprender por que me pasara iso.

Doodle e Making Off

por Begoña Outeiro, no Praza:

Que este artigo ou similar comezase cun making of sería o normal, o desexábel. O lóxico dada a xente implicada, a cantidade de ilusións e esforzos existentes por m2. Máis aínda tendo en conta unha das receitas máxicas que adoitan mencionarse como claves para saírmos da crise: o tan cacarexado emprendedorismo. Claro que como aquí imos tentar explicar sen entrar en moitos detalles dos que poidan desvelar miserias mundanas próximas ao ridículo na proxección das grandes compañías globais globalizadas e globalizadoras; neste caso e porque sempre estamos a anovar até cando non é imos falar dun making off. A estas alturas xa imos afeitos, non? Outra luz que se apaga á dereita do fondo da saída do túnel.

A apócema máxica



Simpática curta en vídeo realizada por alumnas de 6º C do CEIP Rosalía de Castro para o concurso "Receitas para a lingua" convocado co gallo das Letras Galegas 2012, adicadas a Valentín Paz Andrade

El veloz muciélago indú comía cardillo y kiwi...

por Alba Cid Fernández, accésit no VIII premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo , en Tempos Dixital:

El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi…Que dis? Como pode resultarnos familiar esta frase? O certo é que a feliz actividade do morcego entrou nas nosas vidas ao pasarmos polo trance de instalar unha tipografía en Linux ou Windows. E por que esta escolla? A resposta é sinxela: a fórmula, incompleta enriba, é un pangrama, intenta empregar todas as letras posíbeis do alfabeto dun idioma co menor número de palabras.

Fai teu o galego!

por Carlos Callón, co artigo gañador do VIII premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo, en Tempos Dixital:

Falar en galego en Galiza habería de ser tan doado como botarse a hablar en castellano en Segovia ou to speak english en Manchester. Porén, é sabido que as cousas non son tan sinxelas e que para falar o idioma de Galiza na propia terra hai unha serie de dificultades a maiores.

martes, 15 de maio de 2012

10 reflexións sobre a situación da lingua



Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés, Ánxeles Penas e Marcelino Fernández Mallo, 10 voces das actuais letras galegas, reflexionan en alto sobre a situación, pasado e presente do idioma galego na era Feijóo.
Unha excepcional achega para pensar a política lingüística que se está a desenvolver.

P.S.: máis información neste artigo de Praza

Umha língua nom é...

por Valentim Fagim, no Portal Galego da Língua:


Estamos num concurso televisivo do tipo uma pergunta com três respostas. A dada altura, a apresentadora olha para o ecrám e lê em voz alta: umha língua nom é... As respostas possíveis som três: Pepino, Comunicaçom, Identidade.

17 de mayo

 Vía Chuza!
A Deputación de Ourense, apoiando a nosa cultura

luns, 14 de maio de 2012

Mesa redonda dos ENDL

Había tempo que non se oía falar do grupo Queremos Galego da Estrada. Pois aquí volve, o vindeiro mércores ten previstos dous actos consecutivos a partir das 19:00.
O primeiro consiste nun Pasarúas da Lingua, aberto a todo o que se queira incorporar. Os asistentes, acompañados dun grupo de gaitas, percorrerán as rúas da vila facendo paradas en lugares emblemáticos para as letras onde se dará lectura a textos da literatura galega en defensa da nosa lingua.
Ao remate deste Pasarúas, na Sala de Exposicións de Novagalicia Banco, representantes dos ENDL da vila  participarán nunha mesa redonda que se presenta así:
Por primeira vez desde que se instaurou o réxime democrático atopamos unha involución lexislativa e ideolóxica contra a lingua galega. O ensino, que debe ter unha función compensadora e correctora das desigualdades e inxustizas sociais, preténde o goberno que reproduza os prexuízos e exclusións que sofre a lingua propia e minorizada. Prohibese expresamente dar aulas na nosa lingua nalgunhas materias, precisamente aquelas máis prestixiadas das áreas científicas, dando creto e respaldo as falacias que os grupos ultras estiveron sostendo en continuación co discurso racista implantado e inoculado durante décadas polo franquismo contra o galego.Por iso, consideramos necesario avaliar e debater o labor do ensino nestas circunstancias e analizar os efectos das agresións que está a recibir a lingua continuamente desde a Xunta de Galicia, explorando vías de resposta e resistencia que contribúan a superar a situación que padece o noso idioma nestes momentos de acoso.Desde “Queremos Galego!” da Estrada imos organizar unha mesa redonda cos membros dos Equipos de Dinamización da Lingua dos centros da comarca co fin de escoitar as achegas das persoas que directamente están a traballar pola lingua no ensino e contribuír ao debate sobre o que está acontecer nestes momentos.O acto celebrarías o vindeiro mércores 16 de maio ás 20:30 na Sala de Exposicións de Novagalicia Banco.

Pola lingua que nos une, vaiamos a Compostela

por Mariló Candedo, no Praza:

Convocados pola plataforma cidadá Queremos galego, o vindeiro día 17 de maio temos unha nova cita para reclamarmos o dereito do país a conservar e normalizar o idioma propio. De novo as rúas de Compostela converteranse nun espazo para o encontro entre aquelas persoas e colectivos que non queren renunciar a vivir en galego. Unha oportunidade para nos atopar cantas persoas respiremos unha sensibilidade a prol da nosa lingua. Unha ocasión para lle mostrar ao goberno e aos grupos que negan o galego que non estamos dispostos a cedermos en ningún avance dos que con tanto esforzo se foron conseguindo.

A biografía de Paz Andrade por Xan Carballa



Xa dera  conta da noticia aquí mesmo, pero moito mellor escoitar directamente a Xan Carballa quen con completa claridade e orde nos ofrece a biografía de Valentín Paz Andrade. Ésta pode ser a mellor forma de introducirse na figura do escritor homenaxeado no Día das Letras neste 2012.

Novas en galego

por Xosé Antón Bao Abelleira en Terra e Tempo:

Sen discusión ningunha hai que admitir que cando un pobo chegou á creación dun instrumento orixinal de expresión, dun idioma propio, tal pobo se acha en inmellorables condicións para ser por si mesmo, sen tolerar que encol del graviten decisións alleas que poidan coutar as manifestacións ceibas da súa vontade. Falando a súa lingua o pobo en cuestión fai afirmación rotunda de existencia.”
Ramón Vilar Ponte
Estas verbas do lucense Vilar Ponte son suficientemente claras e certas arredor da “cuestión da lingua”, que de novo axita un maio máis no país, aínda a forza de deixar ermos o resto dos meses.

domingo, 13 de maio de 2012

Valentín Paz Andrade, na luz e na sombra

Sábado 12 de Maio. Sala de Exposicións Novagalicia Banco da Estrada. Nun acto organizado pola Asociación Cultural Vagalumes, Xoán Carlos Garrido comenzou falando de Castelao, quen desde o exilio sinalou a Valentín Paz Andrade como o ideal secretario do Partido Galeguista no interior. Foi todo un acerto esta escolla, pois a partir deste punto de partida Xan Carballa debullounos un exhaustivo repaso pola biografía de Paz Andrade, insistindo sobre todo na continuidade do seu labor politico desde os anos 20 ata os 80. Neste sentido, Xan Carballa indicou que ao falar de Valentín insístese moito no seu aspecto empresarial, en detrimento doutras facetas vitais: o seu traballo profesional como avogado, a traxectoria política e periodística ou mesmo a literaria.
Relatar todo o que contou Xan Carballa sobre Valentín Paz Andrade sería facer unha escolma exhaustiva da biografía que escribiu para Galaxia, polo que só vou destacar un par de ideas.
En primeiro lugar, volvendo a Castelao, cando éste morre o silencio que se impuxo sobre esta noticia foi sepulcral (nota aparte: agora a ese tipo de silencio chámaselle pax lingüística); apenas houbo algunha nota marxinal, un mes despois da súa morte, dando noticia dun funeral. Neste contexo Paz Andrade foi o encargado de escribir un artigo sobre pasamento que se publicaría na portada de La Noche. A pesar de que se tivera o coidado de acompañalo doutro titulado "Ancha es España", a revista foi expedientada por incumprir a normas da Dirección Xeral de Prensa.
Outro punto, no que Xan Carballa insistiu moito, é a incorruptible defensa da autonomía de Galicia que Valentín Paz Andrade mantivo durante toda a súa vida. Desde os primeiros momentos, no 1931 cando apoia coa súa sinatura  xunto con  Vicente Risco o Anteproyeito de Estatuto da Galiza redactado por Carvalho Calero, Lois Tobío e Alexandre Bóveda ata finalmente nos anos 80 cando fai unha dura crítica de como se estaba a construir o proceso autonómico galego, aferrollado polo centralismo.
Por rematar tal e como empezamos, non está de sobras lembrar a biografía que Paz Andrade fixo sobre o seu irmán maior, "Castelao na luz e na sobra". Obra fundamental para recuperarmos a nosa historia e a nosa identidade.

venres, 11 de maio de 2012

Avaliación de diagnóstico do Conselleiro de Educación


Posiblemente pola proximidade do Día das Letras Galegas, Jesús Vázquez, conselleiro de Educación e Cultura, vén de emitir un comunicado expresando que  "a política lingüística que está a realizar a Xunta de Galicia parte do convencemento do que o galego é útil en calquera ámbito e para todas as funcións". Pola contra esa mesma Consellería remitiulle aos centros de ensino unhas probas de matemáticas na que a lingua galega destaca pola súa ausencia. Claro que se podería pensar que o que se está a facer é cumprir co funesto decreto 79/2010, o do plurilingüismo, que declara que na función docente e no ámbito das matemáticas, a lingua galega é inútil. Iso, por certo, non daría máis que outra mostra do lesivo que é ese decreto para a promoción social do galego, pero é que a Consellería vai máis alá dese decreto pois nel non se indica nada a respecto deste tipo de probas, as de avaliación diagnóstica,  e se envía o exame en castelán é para mandar unha mensaxe a todos os centros de ensino de cal é a súa decidida aposta en materia de normalización.
Tendo en conta que a poboación galega non está en contra da súa lingua, ao conselleiro non lle queda outra que mentir e apostar xusto polo contrario do que fai decote"a lingua require de todos -sociedade, institucións e Goberno- un esforzo especial, coherente, compartido e continuado no tempo". Como mostra podemos volver a recurrir á proba de matemáticas da avaliación diagnóstica. Non só as preguntas non veñen redactadas en galego, senón que isto tampouco acontece coas instrucións para contestalas. Está claro xa que non se trata xa de identificar as matemáticas co castelán, senón de identificar tamén a Consellería (que é quen emite a proba) con esa mesma lingua, pois esa, e non outra é a que realmente fomenta. Identificación que vemos reforzada con outras medidas como a da redución dun 70% da dotación aos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, retirada de axudas a edición de libros de texto en galego,...
Aínda así Jesús Vázquez insite cínicamente na importancia da "promoción social do idioma e na oferta da formación en galego, así como no impulso da dinamización do idioma desde o eido educativo". Máis por se a alguén lle queda algunha dúbida, un outro exemplo desa mesma proba diagnóstica de que a Consellería de Educación actúa sistemáticamente en contra do uso do galego. Hai unha folla que non é para a cubriren os estudantes, senón o profesorado. Trátase pois dun documento de caracter exclusivamente administrativo. A redacción vén nos seguintes termos: "Para cubrir por la persona que aplica la prueba", "El nombre del grupo coincidirá con el que figura en la lista de aplicación de la prueba",....
Claro que aqueles que sinten un odio e un desprezo pola nosa lingua, como o que realmente sinte o noso conselleiro de educación, tenlles que abrollar por algún sitio ese auto-odio. Así, na súa nota de prensa, Jesús Vázquez comete un erro que nos revela cal é a súa verdadeira face, e referíndose ao galego pídenos que "a sociedade cale o necesario sentimento de afecto e utilidade que ten o noso idioma". E acerta, pois só se calamos o noso amor polo galego pode callar o seu proxecto de ataque e exclusión da lingua de noso quen ben evidente se demostra neste documento emitido pola administración que el dirixe.
Eis que Jesús Vázquez Abad, conselleiro de educación, suspende a avaliación de diagnóstico.

xoves, 10 de maio de 2012

Plurilingüismo para pais

Velaí o documento que elaborou a CGENDL para informas aos pais sobre o trasunto do 'plurilingüismo'. Para os que andan despistados co tema, pódese consultar o web da propia Coordinadora encol do caso ou mesmo na etiqueta 'plurilingüismo' que aparece na columna da dereita.
2012.05.05.plurilingüismo folleto_familiaspdf

Hino de Galiza



Esta anotación quedáreseme no caixón dos rascuños. Aínda que atrasada, recupéroa hoxe.
Vía Caderno da Lingua

mércores, 9 de maio de 2012

Con lume no peito

O pasado sábado 5 de maio a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) entregou os Premios AELG 2012; o destinado a Institucións que se caracterizan pola súa contribución á divulgación da literatura galega en diferentes ámbitos sociais, foi, por decisión unánime da a Asemblea Xeral de Socios e Socias da AELG, para o labor colectivo desenvolvido por tantas persoas que dende hai décadas no ámbito da administración e da educación, traballaron firmemente para a incorporación, fixación e acrecentamento de usos normalizados da lingua e, polo tanto, da literatura galega. Este labor comunitario quere ser recoñecido e singularizado pola AELG, nomeadamente, nos equipos humanos e profesionais que constitúen os Equipos de normalización lingüística dos centros de ensino e mais os Servizos de normalización dos concellos.
O premio foi recollido por Agustín Fernández Paz coas seguintes palabras, palabras dalguén que traballou arreo pola normalización e que sempre ten no seu imaxinario un mellor futuro para a lingua de noso. O texto ten o título 'Con lume no peito':

A nosa Asociación decidiu premiar este ano, no apartado destinado ás institucións, os Servizos Municipais de Normalización e os Equipos de Normalización dos centros de ensino. Os que existen na actualidade e tamén os que foron facendo camiño ao longo destes últimos trinta anos.
A AELG quixo que, simbolicamente, recollese eu este premio, e aquí me tedes. Mais a quen debedes ver aquí non é a min, pois neste momento eu non son máis que un corpo aberto que quere servir de canle para que se manifesten tantas e tantas persoas que traballaron, e traballan, pola normalización social da lingua nos concellos e no ensino.
Porque é tempo de dicilo: os avances na normalización social da lingua conforman hoxe un edificio que, malia tantas agresións como sofre, ten paredes solidamente construídas e vai abrindo estancias para podermos vivir en galego con normalidade. Paredes que resisten as acometidas dos que desexarían botar o edificio abaixo e substituílo por unha cabaniña vistosa, para gozo de turistas e nativos desleigados.
Esas paredes e eses cuartos non se fixeron sós. Foron moitas mans quen os construíron, e cómpre lembralo con orgullo nestas horas difíciles. Ben sei que formamos parte dun río que vén de lonxe, que somos elos dunha cadea, que sempre se constrúe sobre as bases asentadas polos que estiveron antes. Mais a miña xeración, e as que seguiron, tamén fixeron o seu.
Podería falar agora das organizacións de docentes que pularon para botar a andar unha escola galega, que traballaron para que os Equipos de Normalización existisen (nun proxecto moito máis ambicioso do que foi logo o cativo deseño administrativo). Podería facelo tamén dos primeiros Equipos, os que foron abrindo os camiños más entupidos. Podería falar dos Servizos Municipais pioneiros, coma o dos Concellos de Fene ou Redondela, que tantos vieiros deseñaron. Podería falar de tantísimos nomes salientables, dunha historia que aínda está por escribir; persoas que, por diversas razóns, transcenderon o labor diario e chegamos a saber do seu traballo. Todo o noso recoñecemento para elas, xaora que si!
Mais a quen quero loar especialmente é a outras persoas. E, para iso, deixádeme viaxar a Bos Aires, ao 25 de xullo de 1948 e recoller un anaco da extraordinaria Alba de Groria que ese día pronunciou Castelao. Como ben sabedes, no texto fala primeiro da Santa Compaña dos inmortais galegos, das figuras senlleiras ao longo da historia, ás que vai citando unha por unha. E logo, un pouco máis adiante, di:
En canto a Santa Compaña dos inmortaes se perde na revolta dun camiño, detrás dun pinal, vemos xurdir do humus da terra-nai, saturada de cinzas humáns, unha moitedume infinda de luciñas, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que, xuntos, compoñen o substractum insobornable da nosa Patria. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma, a cultura, as artes, os usos e costumes, o feito diferencial de Galiza. (…) Esas luciñas son o pobo, que nunca nos traicionou; son a enerxía colectiva, que nunca perece; son, en fin, a espranza celta, que nunca se cansa. Esa moitedume de luciñas representa o que fomos, o que somos e o que queremos ser.
 As persoas que eu quero loar aquí están moi vivas aínda, e que sigan así por moitos anos. Mais hai unha semellanza entre a multitude da que fala Castelao e a significativa cantidade de docentes que, desde os seus centros, traballaron arreo en condicións difíciles nos anos oitenta, nos noventa e nos do novo século. Descúbrome ante tanta xente admirable que traballou en centros de Galicia enteira: son a auténtica columna vertebral dos logros que se foron conseguindo nestes anos. Debemos agradecer profundamente os exercicios de dignidade persoal que están na raíz do seu traballo. Grazas a eles, un sector do alumnado puido educarse coa conciencia de que o galego é unha lingua de pleno dereito, válida para todos os usos e situacións; puido medrar sen prexuízos cara o galego, puido adquirir ou consolidar a competencia necesaria para utilizalo con naturalidade, puido coñecer e apreciar a literatura de noso…
E que dicir dos Servizos Municipais de Normalización? Na miña infancia vilalbesa, desde as fiestras máis altas da casa, víase toda a extensión da Chaira, que polas noites era un océano de negrura. Pois ben, na noite de San Xoán, cando en cada barrio da vila ardía o Lume Novo, desde a fiestra da casa víamos como a negrura da Chaira quedaba rota pola luz dos lumes que se acendían en distintos lugares. E nós podiamos dicir: mira, o de Mourence, o de San Xoán de Alba, o de Boizán, o de Sancovade, o de Gondaísque... Pois así, coma eses lumes na noite, foron e son os Servizos de Normalización. Cando un mira o mapa de Galicia é doado saber en que lugares hai un servizo iluminando o Concello.
Destas persoas que, desde os Concellos e desde os centros educativos, traballaron e traballan con entusiasmo e afouteza, podemos afirmar o que Castelao dicía dos trobeiros na Alba de Groria: camiñan todos con lume no peito.
Recollo, con emoción e agradecemento, a escultura que simboliza este premio. Mais entenderedes ben que non tería sentido quedar eu con ela, xa que se trata dun premio a un colectivo moi amplo. Así que, se non hai inconveniente, quero cederlle á AELG esta escultura para que a deposite nas súas vitrinas, en lembranza deste xusto recoñecemento ao colectivo do que é unha honra formar parte.
En Santiago de Compostela, a 5 de maio de 2012

martes, 8 de maio de 2012

A nosa barbería

por Francisco Rodríguez, encol do cerne da cuestión (identidade e lingua), no Sermos Galiza:

Así rezaba o rótulo en letras maiúsculas situado na parte superior da única ventá, xustamente dentro do espazo das fiestras de cristal para abrir e cerrar, da barbería que frecuentaba, cando era un pícaro de entre cinco e sete anos, perto da miña casa na Malata, Serantes, concello de Ferrol. É o letreiro que produciu maior pegada no meu cerebro, a máis obsesiva e constante, de neno alfabetizado. Para min resultaba algo indescifrábel e misterioso, que á forza debía estar relacionado co labor hixiénico que se prestaba naquel local. O letreiro estaba constituído por dous corpos, de acordo con cada unha das follas de cristal da fiestra: A NOSA, por unha banda; BARBERÍA, pola outra...

De patacas e linguas

por Pablo Dorado, no Sermos Galiza:

A propia lingua árabe é un factor que contribúe á alta taxa de analfabetismo, ao abandono escolar e que dificulta o acceso á cultura e á información nos países que a teñen coma lingua oficial. Isto é así porque é unha lingua fundamentalmente escrita que nunca foi falada, só lida e recitada quedando os “dialectos” coma vehículos de expresión oral. Eses “dialectos” constitúen auténticos idiomas cuxas estruturas gramaticais e léxicas están demasiado afastadas do árabe clásico, estándar ou fusha (coma prefirades chamarlle) como para que as persoas falantes a sintan como lingua materna ou sequera como unha segunda lingua natural. Pensemos na súa dificultade, unha gramática absolutamente enleada, raíces verbais con quince formas derivadas, doce persoas verbais, case corenta modelos de plural fracto, ademais dun léxico case inesgotábel. Dende logo parece razoable pensar que unha persoa con problemas na materia de lingua árabe terá problemas ao longo da súa vida para acceder a todo tipo de cultura e información nese idioma.

Órbita 2009


Revista do ENDL do IES Ribeira do Louro: Órbita 2009.
Contén unha entrevista a Afonso Castro, mestre expedientado no ano 1980 polo decreto do plurilingüismo do 1979

luns, 7 de maio de 2012

'Correlingua' versus 'Festa da lingua'

A 'Festa da lingua', unha iniciativa promovida pola Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca), vén sendo algo así como o 'Correlingua'. Xúntanse rapaces de varios centros para celebrar o orgullo da lingua de noso.
A Consellería de Cultura e Educación e especialmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística apoiaron estes días a edición deste ano desa 'Festa da lingua' e con iso cumpriron coa súa obriga. Por iso fixeron ben en fornecerlles recursos, emitir notas de prensa, gabar o labor e o traballo que de seguro realizaron moitos profesionais do ensino en compañía dun alumnado que percibiría unha mensaxe positiva da súa identidade galega. Por todo iso faise aínda máis incomprensible que esa mesma Consellería e esa mesma Secretaría se desentendan por completo da outra 'Festa da lingua' chamada 'Correlingua' que se está a celebrar, multiplicada por 20, por todo o territorio galego tamén nestes días. E non só se desentenden, senón que apoian e sosteñen os ataques ([1], [2], [3]) que os seus correlixionarios de partido están a argallar desde hai uns meses.
Pregúntome, por exemplo, que pode ter de malo o 'Correlingua' que tanto éxito tivo nas tres últimas edicións na Estrada como para que o concello desa vila se lle puxera de frente como un capón encolerizado. A única resposta que acho é que por ese día os rapaces da comarca daban unha lección de afirmación e respecto polo galego. Xa no seu día comentei que de pretendelo, o secretario xeral de política lingüística, coa man que ten no concello estradense, podía virar por completo a situación. Pero non é así.
Os exemplos do 'Correlingua' e a 'Festa da lingua' e o distinto trato que lles dispensa a administración demostran indubitablemente que os que nos gobernan non teñen o máis mínimo interese nun proceso normalizador. Están instalados na imposición dunha ideoloxía anti-galega á que lle abren por completo as cancelas, unha ideoloxía que mal intentan disimular acompañando a só unha pequena parte dos que traballan por mellores tempos para a nosa lingua. Con iso pretenden dividir, enganar, e disimular o seu máis que evidente sectarismo.