Carta Xeométrica
Páginas
Páxina inicial
Mapa do Blogomillo
Cousas
Versus
no Sermos Galiza
na Praza Pública
en ProLingua
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
domingo, 20 de maio de 2012
Ramón María Aller Ulloa
Vídeo da USC sobre a inmensa e modesta figura de Don Ramón María Aller Ulloa, o astrónomo de Lalín. Con guión de Docobo, director do observatorio universitario.
De José ángel Docobo tamén é
esta
pequena reseña biográfica, así como o artigo
Ramón María Aller Ulloa, precursor da investigación astronómica en Galicia
, publicado no volume
XXX
da Real Academia Gallega de Ciencias.
Outro documento de fácil acceso
o traballo de Vidal Abascal sobre Aller
, pois fora editado con motivo das IX JAEM (Jornadas para el Aprendizaje y la Enseñanza Matemática) celebradas en Lugo no ano 1999.
Probablemente a obra máis coñecida de Aller sexa o libro de divulgación publicado pola USC,
'Astronomía a simple vista'
. A respecto deste libro eu nunca deixo de lembrar que o
20 de maio do 1936
, pouco antes do golpe de estado, dábase conta da noticia da intención de Ramón María Aller de publicar o que probablemente sería a idea orixinal deste libro, tratábase de 'Astronomía a ollo ceibe', o primeiro libro de divulgación científica en galego, un libro do que nunca máis se soubo nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Publicación máis recente
Publicación máis antiga
Inicio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario