Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 3 de maio de 2012

Valentín Paz Andrade. Recursos desde a CGENDL

Merecendo cando menos o que a ninguén lle debemos, o que naceu con nós, o que só nós trouxemos ao mundo; dispostos a non deixarnos despoxar, despersonalizar, desgaleguizar endexamais.
Galiza pode progresar, sobre todo na economía, se acredita no seu idioma e tende pontes co sistema internacional que orixinou.

Así é como a  Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) presenta a súa escolma de recursos para traballar e coñecer mellor a figura de Valentín Paz Andrade: Materiais didácticos, Para saber máis, Bibliografía, Videoteca, Fonoteca, Actividades nos centros, Arredor de Valentín Paz, Ligazóns.
Xunto a toda esta recollida de traballos e información, a CGENDL propón unha serie de accións arredor da figura do homenaxeado no Día das Letras deste ano co obxectivo da normalización no ámbito empresarial.
Tamén é iniciativa da CGENDL a convocatoria do premio Leixaprén á defensa e promoción da lingua galega. Na edición deste ano, que por primeira vez é responsabilidade da Coordinadora, premiarase a unha entidade empresarial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario