por Xavier Campos, n´A Nosa Terra:
Non falan galego, senón asturiano, nas Asturias de Oviedo. Nas de acó si. A súa lingua propia é a mesma que foi de Cotarelo Valledor, de Conrado Villar Loza ou de Fermín Labandera –que así lle chamaban nesta beira a don Fermín Penzol. Éo tamén hoxe de Eva Moreda, de Viqui Veiguela, dos Folkgazais. Entre o sentimento e a conciencia, claramente desigual, existimos nas letras e imos esvaecendo no ruxe-ruxe dos días. Fico caviloso e pesimista. Aos traballadores asturianos do estaleiro de Gondán, que amolan decote nos seus compañeiros galegos, quédalles lonxe ou venlles só e sempre a referencia como parte de agravios, así focado desde o vitimismo amarelo da vella Nueva España.
No tempo do espectáculo a calquera custo esboróase o matiz e relan os argumentos coma o pan de trigo. A cousa é ver quen bourea máis, sexa certo ou non o que vaia soltar pola boca. Levamos as de perder nós, non o dubiden. No tránsito á razón partiron de Dámaso Alonso e medraron estudos valiosos de diversa xinea: os de Fernández Rei, os de Babarro, a colección Ólgaimpulsada polo Quique Costas. E sobre todo, desde o propio Eo-Navia, quedou o traballo fondo e sacrificado da Mesa pola Defensa do Galego de Asturias, primeiro, e da asociación Abertal, de hai anos até hoxe. Nin aínda así. No tocante ás virtudes, talento e talante vólvense decote insuficientes diante de desafío de tal natureza. Existen e existimos, con todo, no devalar, presos do medo ao propio eu.
Dese galego estramurado, que dixera o Ferrín, era Penzol, da liña de auga dos corazois. Das tempadas estivais que don Fermín botaba en Castropol fálame xente de ollos azuis e cóntame conversas. Do seu activismo, da súa cultura, da súa xenerosa contribución á causa nacional. Os das Figueiras, por certo, moitos e moitas, teñen ollos azuis. É cantar para outro día. Cun vaso de leite quente e galletas de azucre e canela abro a tarde á chuvia que non cansa, déitome no medio da ría e poño os ollos do lado dos albiois, xogando cos fíos invisíbeis das fronteiras. Frexulfe, Santiso de Abres, Taramundi, Piantón, Eilao, Boal. É tamén, esa terra, beira de nós.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Xavier Campos López b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xavier Campos López b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 9 de marzo de 2011
xoves, 11 de novembro de 2010
Galician Tunes e o valor da identidade
A alguén despistado pode parecerlle que un artigo como este non ten nada que ver coa lingua, que é a esencia do existir deste blogue. Porén neste artigo fálase na identidade a respecto da cultura, e pensemos que sen identidade non hai lingua, e sen lingua non hai cultura (nin música nin gaitas), así que, aquí deixo as reflexións de Xavier Campos, xestor cultural, tiradas do Xornal:
“Hai unha forza que nos empurra cara ao mundo e outra que nos xungue á terra nativa”. A coñecida cita de Castelao serve para ilustrar a tensión creativa na que toda cultura se debate; a galega, vizosa e milenaria, de xeito especial polas anormais condicións de desenvolvemento que sofre a identidade de noso. Esa anormalidade, no actual contexto da mundialización capitalista, resulta un condicionante de especial relevancia para a nosa creación e produción cultural.
A mudanza nos soportes e nas canles de produción e acceso á cultura, a visibilidade da produción propia nos medios e mercados locais e globais, a presenza da lingua galega neste campo e as medidas que son precisas para garantila, as fórmulas de apoio ás empresas culturais para que poidamos manter capacidade de produción desde nós, xerando no propio país emprego e riqueza... estas e outras son cuestións centrais que deberían ocupar e preocupar ás políticas culturais galegas.
No ámbito da música esa reflexión estívose a facer nos últimos anos, impulsada desde a Agadic e desenvolvida a través do diálogo e do traballo conxunto co sector. Dela naceu, xunto con outras iniciativas, a plataforma Galician Tunes: da necesidade de nos dar a coñecer sen intermediarios ao resto do mundo, de xerar un discurso coherente e atractivo co que nos presentar cara ás outras culturas, mercados, artistas, empresas. Fíxose, por certo, en base á solicitude do propio sector, que comprobou de primeira man en diferentes eventos internacionais a necesidade de contarmos cunha marca propia, pensada desde nós, que nos contextualizase desde o comezo e nos situase, sen equívocos, no mapa das músicas do mundo. Unha marca que foi, por certo, sinónimo de país e de calidade musical a un tempo.
Porén, Galician Tunes vén de estar facendo parte no WOMEX 2010 –a principal feira de world music do mundo- da plataforma española Sounds from Spain, coa que fundamentalmente se vende –e normal e lexítimo que isto nos parece– un campo musical de tantísima calidade e potencia internacional como é o flamenco. Oxalá as músicas feitas no noso país acaden algún día tal grao de recoñecemento, mais polo momento non é así e non semella a mellor estratexia de posicionamento internacional a que pasa por se confundir coa poderosa marca flamenco.
Máis sorprendente aínda, se cabe, é a presenza de grupos españois e portugueses nos discos promocionais de Galician Tunes. A medida, adoptada baixo o pobre argumento de que Galician Tunes é plataforma da industria e que esta traballa tamén con grupos de fóra, non resiste un mínimo contraste co que fan outros países. Non sabemos de tal proceder no caso dos materiais das plataformas española, francesa, británica, xaponesa, catalá... Ningunha delas o fai, porque todas asumen que a identidade é un valor tamén comercial e que están neses espazos –con diñeiro público– para facer valer os seus artistas, para alén de que cada empresa desenvolva despois o seu traballo particular.
Do propio sector musical, da súa autonomía e capacidade para realizar análises e marcar prioridades de seu –que non necesariamente teñen que coincidir coas posicións ideolóxicas do poder gobernante– dependerá a corrección deste errático novo rumbo encetado nos últimos meses.

venres, 2 de xullo de 2010
Cultura rexional
por Xavier Campos López, en Terra e Tempo:
"O castelán medieval procede directamente do latín vulgar que as tropas romanas introduciron en España. Aínda que o latín seguiu utilizándose como linguaxe litúrxica e cultural, foron as distintas linguas romances as que se impuxeron na fala da Idade Media en España."
Con parágrafo tal dá comezo o capítulo A lingua e a literatura na idade media do volume A cultura e a literatura trobadoresca, primeiro dunha serie que anda a comercializar nas fins de semana un coñecido xornal conservador coruñés, baixo o título A Historia da Literatura Galega. As negriñas son nosas, para sinalarmos o abraio diante do disparate e dos anacronismos conceptuais. Un parágrafo que serve para condensar e exemplificar o desleixo, a ausencia de rigor científico e a mistificación groseira que a cultura de noso ten aínda hoxe que padecer de mans dos que -con patrocinio da Xunta de Galicia, do Xacobeo 2010 e do 2010 Ano da Lectura- seguen imbéciles e escuros a traballar no camiño da rexionalización para turistas da nosa identidade. Para ilo acadando semella xa valer calquera cousa, desde iniciar un texto sobre a historia da literatura galega falando das orixes da lingua castelá até o emprego e translación do concepto España a un momento histórico no que era inexistente como realidade sociopolítica. O formato ou a vontade divulgativa da publicación en ningún caso xustifican nin a ínfima calidade dos textos nin, moito menos, a extravagante redacción e a falsidade conceptual dos contidos.
Poucos días despois celebrouse en Santiago de Compostela unha Feira Medieval que tivo tres días ocupado o casco histórico. Digo celebrouse en porque Compostela non foi suxeito, non celebrou. Celebrar celebra Pontevedra a Feira Franca, desde a participación veciñal asociativa e desde a recuperación da historia local, dun xeito colectivo, festivo e socializador. Mais non Compostela esta Feira Medieval con cheiro a marca rexistrada de quita e pon, na que a cidade muda en simples decorado dun espectáculo exótico e kitsch que, en conxunto, podería terse estabelecido do mesmo xeito e cos mesmos obxectivos en calquera outro lugar da Península. Galiza, a súa lingua, a súa cultura, estiveron por suposto desaparecidos, reducidos a polbo e a churrasco, a consumo de todo a cen para reforzamento dos tópicos. Estuve en Santiago y me acordé de ti. Será esta a alteridade que quere amosar o Xacobeo aos que ao noso país se achegan? É este o modelo de celebración festiva pola que aposta o Concello? Semella que somos, efectivamente, unha ración.
Os exemplos foron estes, mais infelizmente poderían ser outros, porque non faltan ao longo do país e no paso dos días. Rexionalización, subordinación cotiá, ocultamento da propia identidade e socialización dos discursos alienantes. Non resulta fácil non caer no desánimo, e máis en días nos que, aínda por riba, se pon en evidencia tamén o uso ideolóxico -eficaz e mobilizador coma poucas cousas- do deporte para a construción da España una. Con todo, o noso pesimismo debe ser reactivo e levarnos, coma sempre, da indignación individual á organización e á loita colectiva, desde a pedagoxía, a firmeza e a humildade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)