“Hai unha forza que nos empurra cara ao mundo e outra que nos xungue á terra nativa”. A coñecida cita de Castelao serve para ilustrar a tensión creativa na que toda cultura se debate; a galega, vizosa e milenaria, de xeito especial polas anormais condicións de desenvolvemento que sofre a identidade de noso. Esa anormalidade, no actual contexto da mundialización capitalista, resulta un condicionante de especial relevancia para a nosa creación e produción cultural.
A mudanza nos soportes e nas canles de produción e acceso á cultura, a visibilidade da produción propia nos medios e mercados locais e globais, a presenza da lingua galega neste campo e as medidas que son precisas para garantila, as fórmulas de apoio ás empresas culturais para que poidamos manter capacidade de produción desde nós, xerando no propio país emprego e riqueza... estas e outras son cuestións centrais que deberían ocupar e preocupar ás políticas culturais galegas.
No ámbito da música esa reflexión estívose a facer nos últimos anos, impulsada desde a Agadic e desenvolvida a través do diálogo e do traballo conxunto co sector. Dela naceu, xunto con outras iniciativas, a plataforma Galician Tunes: da necesidade de nos dar a coñecer sen intermediarios ao resto do mundo, de xerar un discurso coherente e atractivo co que nos presentar cara ás outras culturas, mercados, artistas, empresas. Fíxose, por certo, en base á solicitude do propio sector, que comprobou de primeira man en diferentes eventos internacionais a necesidade de contarmos cunha marca propia, pensada desde nós, que nos contextualizase desde o comezo e nos situase, sen equívocos, no mapa das músicas do mundo. Unha marca que foi, por certo, sinónimo de país e de calidade musical a un tempo.
Porén, Galician Tunes vén de estar facendo parte no WOMEX 2010 –a principal feira de world music do mundo- da plataforma española Sounds from Spain, coa que fundamentalmente se vende –e normal e lexítimo que isto nos parece– un campo musical de tantísima calidade e potencia internacional como é o flamenco. Oxalá as músicas feitas no noso país acaden algún día tal grao de recoñecemento, mais polo momento non é así e non semella a mellor estratexia de posicionamento internacional a que pasa por se confundir coa poderosa marca flamenco.
Máis sorprendente aínda, se cabe, é a presenza de grupos españois e portugueses nos discos promocionais de Galician Tunes. A medida, adoptada baixo o pobre argumento de que Galician Tunes é plataforma da industria e que esta traballa tamén con grupos de fóra, non resiste un mínimo contraste co que fan outros países. Non sabemos de tal proceder no caso dos materiais das plataformas española, francesa, británica, xaponesa, catalá... Ningunha delas o fai, porque todas asumen que a identidade é un valor tamén comercial e que están neses espazos –con diñeiro público– para facer valer os seus artistas, para alén de que cada empresa desenvolva despois o seu traballo particular.
Do propio sector musical, da súa autonomía e capacidade para realizar análises e marcar prioridades de seu –que non necesariamente teñen que coincidir coas posicións ideolóxicas do poder gobernante– dependerá a corrección deste errático novo rumbo encetado nos últimos meses.

Ningún comentario:
Publicar un comentario