Non é a primeira vez que destaco ao Fala Londres, un blogue de traballo das aulas de lingua e literatura galega do IE Cañada Blanch, en Londres. Ata alí chegou a noticia de que o espíritu do decreto chamado de plurilingüismo, (que por vez primeira desde a dictadura franquista, prohibe o uso de materiais didácticos en galego) materializouse no disparate de que os nenos de 5º de primaria están aprendendo nas aulas a cantar "La falda de Carolina".
Os pequenos londoners, tamén de 5º e 6º de primaria, fixeron un traballiño que deixo aquí para que o apreciedes, (e, tamén, por que non?, para que os felicitedes). Antes de ver o vídeo un pequeno AVISO:
Á xente normal: en Choose Language, escoller Galician.
Aos responsables da Xunta da política lingüística e da política educativa: en Choose Language, escoller English (e a ver se así entenden).
Ningún comentario:
Publicar un comentario