Sete son as conclusións do Galeusca 2010 celebrado na Coruña entre o 29 de outubro e o 1 de novembro. Tres delas están adicadas en exclusividade ao goberno galego.
1. Demanda do goberno central dunha política de fomento das literaturas nacionais en pé de igualdade coa literatura escrita en lingua castelá.
2. Denuncia das política sestatais que pretenden anular o espíritu de progresividade da lexislación vixente.
3. Reivindicación dunha maior presenza nos currículos escolares das literaturas nacionais.
4. Rexeitamento á aprobación unilateralmente imposta do goberno galego do decreto para o plurilingüismo.
5. Denuncia da regresión de investimentos en cultura da Xunta de Galicia.
6. Desacordo coa convocatoria dos agora chamados "Premios de creación" da Consellería de Cultura.
7. Necesidade de defensa dos sinais de identidade dos pobos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario