Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 4 de novembro de 2010

Ciencia, ciencia e ciencia.... en galego.

Hoxe acompañei a dous grupos de alumnos nunha visita ao Observatorio de Forcarei, como unha máis das actividades que se realizaron na xornada da ciencia en galego. Alí ensináronos as instacións, sobre todo o telescopio e faláronnos da aparataxe que hai ao seu servizo: cámara CCD, roda de filtros, a montura do telescopio, os ordenadores de control, a lista de solicitudes de traballo... Explicaron que o observatorio está xestionado pola fundación fc3 e desvelaron os proxectos que teñen en marcha, como o de construir unha aula anexa ao observatorio para que as visitas se desenvolvan con máis comodidade.
Con indudable espíritu didáctico ensináronnos mediante un programa de simulación do ceo nocturno, o stellarium (programa gratuito de código aberto), as características fundamentais do ceo nocturno na nosas latitudes: constelacións  e estrelas máis importantes, o movemento diurno da esfera celeste, a eclíptica, o zodíaco, como identificar a Xúpiter no ceo da noite. Curiosamente no instituto un profesor a esas mesmas horas facía o mesmo por medio dese mesmo programa. A xornada completouse no noso centro coa proxección dun vídeo sobre a importancia da obra de Ramón María Aller e a participación na videoconferencia organizada pola CGENDL e o Departamento de Física de Partículas da USC na que físicos do CERRN explicaron os proxectos científicos que están a desenvolver.
Unha xornada para repetir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario