Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria, con máis de corenta libros individuais e múltiples colaboracións.
Non é tamén, para ti, un disparate a política  lingüística do PP –sempre español e galego de feiras festas e romarías-,  non é asinar cinica e ignorantemente unha perversa lenteza a morte do  noso principal sinal identitario?
Certamente, pero  só morre o idioma que se deixa matar. Con ser grave o que dis, e hai  que denuncialo en Europa, onde sexa, o que temos que ter claro é que un  idioma só morre de verdade cando deixa de falarse. Se nós non asumimos a  nosa derrota anticipada, aínda haberá que velo. A guerra aínda non a  temos perdida de todo. Quen nos vai impedir falar ou escribir o que nos  pete? O noso peor inimigo somos nós mesmos se nos damos por vencidos.  Cando o escritor brasileiro Rubem Fonseca estivo hai uns anos, en  Santiago, dixo no seu discurso: "Vostedes os galegos están sempre a  chorar, cando debían estar orgullosos: mantiveron varios séculos un  idioma sen escola, sen leis que o defendesen, sen escrita, fronte á  imposición asoballante do castelán", cito de memoria. Nós mesmos nunca o  vemos así, pero tamén é así. Tampouco esta vez van poder co galego,  non. O pesimismo é un luxo que non nos podemos permitir.

 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario