artigo de Fernando Franjo, no Galicia Hoxe:
Cultura concédelle 35.000 € a Rosalía e 350.000 € a Cela
"Non podemos quedar calados. Hai que dicilo. É unha inxustiza". Abertas, moi abertas están as feridas na Fundación Rosalía de Castro de Padrón, e isto ocorre por mor da recente concesión dunha subvención de 350.000 por parte da Consellería de Cultura á veciña Fundación Camilo José Cela.
Horas despois da homenaxe recibida polo escritora galega no Instituto da Muller de Madrid, desde o centro cultural da Matanza confirmaban onte a súa sorpresa. "Nós recibimos 35.000 euros da Consellería de Cultura en dúas fraccións, unha vía convenio e outra por adquisición de bibliografía rosaliana", aínda que especificaron que reciben unha axuda a maiores procedente de Política Lingüística.
A directiva do centro rosaliano quixo deixar claro desde un principio que tras esta reivindicación non hai nada contra a súa veciña, a Fundación de Iria Flavia, pero que aínda supondo que se tratase de dous escritores iguais ¿por que esta diferenza? Falan, neste sentido, dun agravio comparativo da Consellería de Cultura no aspecto máis vulnerable: no mantemento da institución e na difusión da mesma, aínda que, afortunadamente, a institución non arrastra débedas e mantense ó día en persoal e proovedores.
"Hai que pensar que estamos falando de dez veces máis. Creo que Galicia ten unha débeda con Rosalía, que xa a a tivo en vida. Logo da súa morte si foi canonizada e moi querida polo pobo pero as institucións creo que realmente teñen que facer algo máis", sinalaron desde A Matanza.
Neste sentido, as miñas fontes non ocultaron a súa sorpresa "Rosalía é todo un símbolo da Galicia plural, pense como pense e crea o que crea, que merece axuda e protección, se non non pode sosterse". Ademais das distintas achegas dos patróns, as inxeccións económicas proceden do produto da venda de entradas, de xeito evidente insuficiente, xa que son moitas as persoas que acceden ó centro de forma gratuíta. Rosalía de Castro, por engádega, non cobra dereitos de autor nin de imaxe porque están cadudados hai moitos anos. O que se fai na Matanza é labor de conservación da casa e conservar a súa memoria e a súa biografía e difundir a súa obra.
A proba diso é que a fundación rexistrou a petición dunha escritora de repercusión internacional que está escribindo un libro sobre a casa-museo dos escritores españois. Entre elas vai tratar dúas mulleres: Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
No DOG do pasado día 8, saía a concesión dde 355.000 euros á Fundación de Cela para os gastos de persoal. Esa partida outórgase nunha adenda ó convenio de colaboración entre Consellería de Cultura e fundación.
Apoio da Deputación da Coruña
A Fundación Rosalía de Castro conta cunha xerente que se encarga de levar adiante a parte administrativa; dúas empregadas, e unha encargada de limpeza. Hai unha praza vacante (despediuse voluntariamente) que sería precisa para atender correctamente as instalacións.
Os escolares de menos de 6 non pagan, os de máis de 6 anos, pagan 1 euro; os grupos 1,2 €; e as entradas individuais. 1,5 €. Abre os domingos. Luns, pechado. A fundación está aberta todo o ano e ten unha media de tres actividades por mes.
A Deputación da Coruña achegou 30.000 euros, que actualmente se empregan sobre todo para gastos de mantemento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario