Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 18 de novembro de 2010

Dous novos dicionarios

Acaban de presentarse dous libros desde cadansúa universidade.
O Instituto da Lingua Galega da USC, conxuntamente coa Real Academia Galega, acaban de publicar o Dicionario de pronuncia da lingua galega, da autoría do catedrático de Filoloxía Galega Xosé Luís Regueira, investigador do dito instituto, coa colaboración dun equipo de investigadores e investigadoras do mesmo centro. Contén un total de transcricións fonéticas para  47.000 palabras, e devén unha proposta de pronuncia para o nivel estándar da lingua.

Con máis de 5000 termos, a Universidade de Vigo acaba de editar o primerio dicionario galego-eúscaro, eúscaro-galego. O autor, Isaac Fernández, é o único tradutor e intérprete directo entre esas dúas linguas. A publicación do volume foi financiada tamén pola SXPL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario