Un dos contidos que se incorporou ao currículo da materia de matemáticas dos últimos anos foi o estudo crítico do gráficos. Preténdese que o alumnado adquira formas de analizar a infomación que lle permita crear unha coira contra a manipulación, facéndoo reflexionar sobre os datos que ofrecen os medios de comunicación. O obxectivo, loable, consiste en educar así conciencias máis libres (que gran valor ese da liberdade!)
Aquí presento dous gráficos sobre os mesmos datos, os presupostos do vindeiro ano en política lingüística. Un deles, o da esquerda, foi elaborado pola CTNL e o outro, o da dereita, é obra do blogue "escola de ferrado" , do portavoz socialista no parlamento en materia educativa, Guillermo Meijón. Chama a atención que no da esquerda dá a impresión de que os presupostos caeron prácticamente ata o cero, no entanto, no outro obsérvase unha clara redución , pero que non parece tan brutal como a que se reflicte no outro gráfico. A trampiña está en que no elaborado pola CTNL o eixo das ordenadas (o vertical) non comenza no cero, senón no millón, e isto dános a impresión de que os presupostos acaban por ser prácticamente nulos cando isto non é certo, polo menos de momento. Aínda que de seguir así, tal e como tamén comenta Meijón, en dous anos chegaríamos á desaparición da partida de fomento do galego, isto é, convertiríamos o gráfico da dereita noutro moi semellante ao da esquerda pero que parta do cero no eixo das ordenadas.
O que mire con algo de vagar e compare os dous gráficos observará outro detalle que renxe. No gráfico da CTNL os valores asignados aos orzamentos anuais son menores que os que aparecen no diagrama de barras. Neste caso, paradoxalmente non hai nada que obxectar a ningún deles. A razón é que a CTNL elaborou o seu traballo facendo uso de datos de máis anos e resulta que nos primeiros anos deste estudo non aparecía dentro do presuposto de política lingüística o capítulo referente a gastos de persoal, polo que para facer unha comparativa de presupostos realmente coherente, eliminou de todos os presupostos o capítulo de persoal. No entanto nas tres barras de Meijón aparecen valores anuais para o orzamento da orde dos 1900 millóns de euros máis en cada ano correspondentes precisamente aos gastos de persoal. A variación neste apartado non é moi significativa nos anos estudados, polo que ambos gráficos son igualmente válidos.
A pesar do contado, as gráficas presentadas non indican toda a verdade pois hai datos que non aparecen nela. E se o que se ve nestas representacións mete medo, o que non se amosa aquí, é estarrecerdor. Xa o comentaremos.
O que mire con algo de vagar e compare os dous gráficos observará outro detalle que renxe. No gráfico da CTNL os valores asignados aos orzamentos anuais son menores que os que aparecen no diagrama de barras. Neste caso, paradoxalmente non hai nada que obxectar a ningún deles. A razón é que a CTNL elaborou o seu traballo facendo uso de datos de máis anos e resulta que nos primeiros anos deste estudo non aparecía dentro do presuposto de política lingüística o capítulo referente a gastos de persoal, polo que para facer unha comparativa de presupostos realmente coherente, eliminou de todos os presupostos o capítulo de persoal. No entanto nas tres barras de Meijón aparecen valores anuais para o orzamento da orde dos 1900 millóns de euros máis en cada ano correspondentes precisamente aos gastos de persoal. A variación neste apartado non é moi significativa nos anos estudados, polo que ambos gráficos son igualmente válidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario