Nunha aula grande e ateigada de rapaces de 16 a 18 anos celebrábase unha conferencia para divulgar os recursos dos que dispoñen os xóvenes para o acceso ao traballo ou a unha vivenda. Hai tres poñentes e comenza a falar a primeira:
- A veeer... los de atrás, mirais bien la pantalla?...Sii?...Bien. Comenzamos?
- Bien,... si ahora estuviérais a mi lado sentiríais como me peta el corazón. Me hace bum-bum, bum-bum. Estoy nerviosa. Eso mismo os pasará cuando os encontreis en una entrevista de trabajo...
Fai unha pequena pausa e continúa.
- Hola me llamo Magdalena y,...
Un dos seus compañeiros chámaa e fala con ela en baixo.
- Ah, si.... Me dicen que aquí la mayoría hablais en gallego. Entón vouvos falar en galego.... aínda que xa vos aviso,... que o meu galego é o galego de Moaña. Como vos dicía, o meu nome é Magdalena...
Contestando desde unha das primeiras filas, un rapaz, coa voz ben clara:
- E logo,..., de onde cres que é o teu castelán?
Todos os días se produce este patético milagre en milleiros de mentes que sendo, por exemplo, de Moaña, Tabeirós ou da Mariña, pensan que falan un castelán de Valladolid. É patético porque aínda que deixan de ser galegos, nunca chegan a ser de Valladolid, e así perden a súa alma.
Cibrán, é uma história magnífica. Um dia seria ótimo haver um livro que recolha cem pequenas histórias como esta.
ResponderEliminarConcordo contigo na idea do libro. Compriría alguén que teña arte no oficio de escribir. Polo demais, estas historias, desafortunadamente, acompáñannos diariamente, só hai que saber velas.
ResponderEliminarE grazas.
abofé que o mercaria, estas cativas pérolas de inteligência som incríveis
ResponderEliminargustamos moito do teu relato e da conclusión final.
ResponderEliminaránimos con estas historias.
EU COÑEZO UNHA PROFESORA QUE SENDO DA TERRA CHÁ, CON ESE ACENTO DA GALIZA DO INTERIOR, SEMPRE DI AQUILO DE
ResponderEliminar-"NO HABLO EN GALLEGO PORQUE LO HABLO MAL. Y LUEGO QUE TE CRES"
POBRE XENTIÑA QUE NON NON TEN IDENTIDADE.
Si, pobres.
ResponderEliminarAs Magdalenas como a da historia non necesariamente odian o noso idioma, o que teñen, penso eu, é moi asumidos certos prexuízos. Cómpre pensar como removerllos e quen ten a culpa de que continúen a transmitirse.