Flocos.tv foi unha iniciativa que botou a andar no ano 2008 da man do AGADIC. Nesta páxina dispoñíamos das únicas producións en galego ás que temos acceso. Había unha gran cantidade de recursos, incluso eu mesmo lembro que un dos primeiro vídeos que din inserido aquí, nest blogue, viña precisamente da web Flocos. Tratábase do excelente documental "Linguas cruzadas", que nesa mesma páxina viña acompañado dunha unidade didáctica moi ben elaborada. Polo momento Anxo Lorenzo aínda non se decatou que a mantén entre os bits da Secretaría Xeral de Política Lingüística, agardamos que así suceda durante moito tempo.
Agora se imos a Flocos.tv, non atopamos nada, só unha pantalla en negro. Por que se eliminaron incluso os contidos que xa había? A quen lle molestaba que tivésemos ao noso dispor unha plataforma de referencia na que acceder ao audiovisual galego? Trátase doutro chanzo máis na anormalización da lingua galega? É unha resposta contra aqueles que non din amén a toda disposición que se vomita desde a Xunta?
P.S.: máis sobre a desfeita, e para ver o pouco que durou este recurso, aquí a nova da súa apertura
E sobre todo a excepcional análise feita pol´A Profa
Ningún comentario:
Publicar un comentario