Estase poñendo complicado isto da defensa do galego. Os de GalegoLab lanzaron a idea de facer unha película porno (en galego) que parece que vai materializarse baixo o título do Divino ferrete. Eu non me vexo á altura.
Menos mal que desde a Mesa nos poñen as cousas máis fáciles pois na súa inciativa da bicada polo galego, convocando unha solta de bicos indiscriminada na praza do Toural de Santiago o vindeiro 14 de febreiro ás 17:00, non solicitan máis que dez minutos de efusións amorosas. Un non está para estes foguetes, porén a iniciativa de seguro será outra pedra no muro contra os ataques á lingua.
E a cousa non acaba aquí. Para que ninguén poida poñer desculpas hai toda unha resta de actividades argalladas coa desculpa do San Valentín e que foron recompiladas pola CTNL. Entre elas hai cartas de amor, poesías, SMS, declaracións, lecturas...
Mil cousas para todos aqueles que aman a lingua, mil cousas daqueles que a aman.
Ningún comentario:
Publicar un comentario