O titular da Xunta substituíu onte ao portugués Carlos Lage na presidencia da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e marcouse retos. No acto, celebrado no Porto, Alberto Núñez Feijóo apelou, por exemplo, á necesidade de que os cidadáns sintan “orgullo de pertenza” á Eurorrexión.
Se cadra con ese obxectivo, o titular da Xunta botou man en dous treitos do seu discurso das frases nas que o Nobel portugués José Saramago falaba da Península Ibérica coma dunha “balsa de pedra”. Malia a atoparse ante un auditorio lusófono, Feijóo pronunciou o nome “José” con fonética castelá.
Se ben só un dos oradores do acto –representante empresarial e non político– decidiu falar unicamente castelán ante os representantes galegos e portugueses, algunhas das intervencións, a comezar pola do propio Feijóo, si contrastaron coas chamadas á unidade das dúas beiras do Miño do propio acto .
Así, por exemplo, o titular da Xunta gabou a capacidade da Eurorrexión por dar “un grande exemplo” de cooperación, se ben pasou por riba das ligazóns culturais e lingüísticas de Galicia e Portugal para sinalar que, para se coordinar, non foi preciso que ambos territorios “falen, pensen e sintan o mesmo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario