A CGENDL non para de traballar. Se hai pouco falabamos da semana das curtas, agora temos que facelo de dúas novas propostas.
Unha delas é todo un repositorio de actividades e recursos coas que fornecen aos centros educativos para celebraren activdades para o entroido. A SXPL aínda non contestou con algo semellante como fixera cando a CGENDL lanzara unha idea semellante con vistas ás festas de nadal.
A outra consiste na organización dunha xornada de equipos e docentes pola normalización na que invitan a todos aqueles profesores que teñan interese a participar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario